|
|
Curso de Especialización en Consultoría Ambiental
Código: E922
| Núm. de créditos: |
26 |
|
Data Inicio: |
11/11/09 |
|
Inicio Preinscrición: |
01/06/09 |
| Edición: |
8 |
|
Data Finalización: |
16/04/10 |
|
Fin Preinscrición: |
22/10/09 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
28/05/09 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
1 |
|
Prezo Euros: |
2.600,00 |
|
Inicio Matrícula: |
23/10/09 |
| Máximo alumnos: |
6 |
|
Prazos Pago: |
2 |
|
Fin Matrícula: |
11/11/09 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Economía Financeira e Contabilidade |
| Directores: |
Juan R. Piñeiro Chousa Manuel Castro Cotón |
| Sé e enderezo do curso: |
|
Información: |
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Avda. do Burgo das Nacións, s/n 15782 Santiago de Compostela |
|
Noelia Romero Castro Facultade de Administración e Dirección de Empresas Avda. de Alfonso X O Sabio, s/n 27002 Lugo Tfno.: 981563100 / Ext.: 24478, Fax: 982285961
noe.romero@usc.es
http://www.usc.es/cpca
|
| Obxectivos do curso: |
Obxectivos: Proporcionar unha sólida base de coñecementos sobre: - A avaliación ambiental. - A xestión do medio ambiente. - A xestión do desenvolvemento sostible. Formar e adestrar en: - Técnicas e ferramentas de consultoría. - Dirección e xestión de proxectos. - Elaboración de orzamentos e ofertas competitivas. - Relacións cos clientes. - Presentacións de negocios. - Concursos públicos.
Metodoloxía: O noso enfoque metodolóxico baséase en: -Clases presenciais con rigor teórico e práctica continua. -Estudos de casos e realización de exercicios-proxectos. -Conferencias maxistrais. -Apoio mediante aula virtual. -Visitas a instalacións.
Con isto non só formamos senón que adestramos para un desempeño profesional solvente e con confianza. Como soporte metodolóxico, o noso profesorado está integrado por profesionais de recoñecido prestixio da enxeñaría, consultoría e asesoría ambiental, técnicos e directivos de empresas e Administracións Públicas, catedráticos, profesores e investigadores da universidade. |
| Requisitos de acceso: |
| Titulados de primeiro ou segundo ciclo ou estudantes que vaian obter esta condición antes de acabar o ano académico correspondente aos estudos.Tamén poderán acceder profesionais en activo non titulados cun perfil adecuado ao ámbito do curso e que cumpran os requisitos legais para cursar estudos na universidade. |
| Sistema de selección: |
| Currículo; expediente académico; perfil profesional; entrevista persoal |
| Procedemento de Avaliación: |
Asistencia a clase. Test de control e seguimento. Avaliación de estudos de caso. |
| Titorías: |
| Titorías presenciais: martes pola tarde; e titoría on-line. |
| Calendario: |
Días da semana: Mércores, xoves e venres. Ocasionalmente tamén os martes. Horario: De 16:00 a 20:30 horas. Aulas: Aula normal (30 prazas) e aula informática. |
| Programa: |
1. Fundamentos da Xestión de Proxectos.. Créditos: 3 2. Aspectos Xerais e Normativa Ambiental. . Créditos: 4 3. Xestión Sostible de Recursos e Residuos. . Créditos: 4 4. A Avaliación Ambiental.. Créditos: 4 5. Sistemas de Xestión Ambiental e Sustentabilidade Empresarial.. Créditos: 6,5 6. Xestión municipal sostible. Créditos: 4,5 |
|