|
|
Curso de Especialización en Banca e Institucións Financeiras
Código: E914
| Núm. de créditos: |
43 |
|
Data Inicio: |
05/10/09 |
|
Inicio Preinscrición: |
01/06/09 |
| Edición: |
4 |
|
Data Finalización: |
08/06/10 |
|
Fin Preinscrición: |
15/09/09 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
26/06/09 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
1 |
|
Prezo Euros: |
3.200,00 |
|
Inicio Matrícula: |
21/09/09 |
| Máximo alumnos: |
5 |
|
Núm. prazos de pago fraccionado: |
2 |
|
Fin Matrícula: |
09/10/09 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Economía Financeira e Contabilidade |
| Directores: |
|
Calendario pagamento fraccionado |
Luis Otero González Javier Rojo Sánchez |
|
1º: 2º:
| 1.920,00 € 1.280,00 €
| 21/09/09-09/10/09 01/02/10-15/02/10
|
| Obxectivos do curso: |
Obxectivos: O curso pretende, fundamentalmente, formar especialistas no sector bancario e financeiro, a través de: a) O estudo e coñecemento do sector bancario e financeiro e das súas posibilidades de expansión e desenvolvemento. b) A análise do marco xurídico-institucional no que se desenvolve o sector bancario e financeiro nos distintos ámbitos territoriais e supranacionais. c) A profundización teórica e a instrución práctica nas técnicas de dirección e xestión aplicadas ás particularidades das empresas do sector bancario e financeiro. d) O desenvolvemento da capacidade dos participantes no ámbito do sector bancario e financeiro.
Metodoloxía: En liña cos obxectivos propostos, o curso oferta unha formación teórica e práctica: - A formación teórica aborda todos os temas que, ao noso xuízo, debe coñecer un profesional do ámbito financeiro. Neste eido, faise fincapé tanto nos fundamentos financeiros coma nos comerciais e os relacionados cos recursos humanos, variables ao redor das que vira actualmente o papel dos directivos. - As clases teñen unha orientación práctica e participativa, sendo en moitos casos asistidas por ordenador. Nelas participan profesionais e profesores universitarios de ámbito nacional, así como diferentes institucións colaboradoras como ISTPB (Instituto Superior de Técnicas e Prácticas Bancarias), a Bolsa de Madrid, o Instituto MEFF (Mercado de Futuros), o Banco de España. Deste xeito, o curso proporciona unha formación completa e continuamente actualizada, incorporando as novas técnicas de xestión, a banca virtual e os sistemas de información dos mercados financeiros, entre outros. Para fomentar a interacción, os alumnos son avaliados a través de traballos en equipo, presentacións e dinámicas de grupo, ademais das probas individuais que teñen que superar ao longo do curso. Por outra parte, o contacto cos directores e coordinadores do programa é practicamente diario, permitindo un seguimento individualizado e unha comunicación personalizada entre o equipo xestor e os estudantes, que axuda a introducir melloras continuas no programa. |
| Requisitos de acceso: |
Licenciatura en Economía e Admón. e Dirección de Empresas, Licenciatura en Dereito, Matemáticas, Ciencias. Diplomados en Estudos ou Ciencias Empresariais. Profesionais do sector financeiro con titulación de diplomados. |
| Sistema de selección: |
| Currículo, entrevista persoal e dinámica de grupo. Distribución das posibles subvencións entre a totalidade dos alumnos. |
| Procedemento de Avaliación: |
Presentación de traballos específicos de cada módulo. Exames en cada módulo. |
| Titorías: |
| As titorías fixaranse persoalmente entre os directores e coordinadores do curso e os alumnos, xa que existe unha atención diaria e pesonalizada. |
| Calendario: |
Días da semana: luns, martes e Sábado. Horario: de 16:00 a 20:30 horas. Sábado de 10:00 a 14:30 horas. Aulas: Aula 7 - Aula de Informática. |
| Programa: |
1. Fundamentos da Análise e Cálculo Financeiro. Créditos: 1,8 2. Produtos Financeiros . Créditos: 1,575 3. Análise e Valoración de Inversións. Créditos: 0,45 4. Planificación Financeira a Curto e Longo Prazo. Créditos: 2,7 5. Excel avanzado. Créditos: 1,35 6. Mercadotecnia de Servizos Financeiros e Relacional. Créditos: 0,675 7. Orientación ao Mercado e Atención ao Cliente. Créditos: 0,675 8. Plan de Mercadotecnia de Entidades Financeiras. Créditos: 0,675 9. Técnicas e Desenvolvemento de Capacidades Comerciais. Créditos: 1,35 10. Mercado de Renda Fixa. Créditos: 1,8 11. Mercado de Renda Variable. Créditos: 0,675 12. Técnicas de Análise Bolsista e Xestión de Carteiras. Créditos: 4,5 13. Productos Derivados e Estructurados. Créditos: 2,475 14. Mercados Internacionais. Créditos: 0,9 15. Análisis Económico - Financiero de los Estados Contables de las Entidades Financieras: la Contabilidad Bancaria. Créditos: 0,9 16. Análise Económico-Financeira Empresarial: Aplicacións Informáticas. Créditos: 2,025 17. Sistema Financeiro: Estructura e Xestión de Entidades Financeiras. Créditos: 0,45 18. Regulacións da Actividades Financeiras: Institucións e Políticas Finaceiras. Créditos: 0,675 19. Análise de Riscos e Xestión de Activos e Pasivos: o Risco de Crédito. Créditos: 4,5 20. Medios de pago. Créditos: 2,25 21. Dereito Bancario. Créditos: 0,675 22. Problemática Fiscal das Operacións Financeiras. Créditos: 1,8 23. Proxectos e traballos dos alumnos. Créditos: 6,925 24. Conferencias . Créditos: 1,2 |
|