accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao » Posgrao propio » Másteres 2009-2010 » Curso M974
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico

Código: M974

Núm. de créditos: 60 Data Inicio: 16/11/09 Inicio Preinscrición: 01/09/09
Edición: 2 Data Finalización: 30/09/10 Fin Preinscrición: 31/10/09
Duración cursos: 1 Aprobación: 22/07/09  
Mínimo alumnos: 12 Prezo Euros: 1.000,00 Inicio Matrícula: 01/11/09
Máximo alumnos: 15 Núm. prazos de pago fraccionado: 2 Fin Matrícula: 12/11/09

Departamento / Centro Organizador:
Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia

Directores: Calendario pagamento fraccionado
Carlos Ferrás Sexto :
:

600,00 €
400,00 €

01/11/09-12/11/09
15/12/09-31/12/09


Sé e enderezo do curso: Información:
IDEGA
Avenida das Ciencias, s/n
Santiago de Compostela, 15782
Teléfono: 981 563 100 Extensión 14339
Fax: 981 599 935
Carlos Ferrás Sexto
Mariña Pose García
Departamento de Xeografia
Facultade de Xeografía e Historia
IDEGA
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563 100 Extensión 12704, 44023, 14440
gist-formacion@usc.es;carlos.ferras@usc.es
http://www.gist.es

Obxectivos do curso:
A Informática Social pretende establecer as condicións de colaboración científica entre tecnólogos, científicos sociais e creadores das artes e das humanidades, cuxo fin último é buscar o desenvolvemento económico, social, cultural, etc. en territorios concretos, poñendo en valor e impulsando os fluxos de comunicación e coñecemento entre o urbano e o rural e entre as rexións periféricas e as centrais.
O alumnado do Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico debe ser consciente da importancia que adquiren as TIC na sociedade actual, na que se converten en ferramentas estratéxicas capaces de desenvolver social, cultural e económicamente unha cidade, municipio, rexión, país ou territorio en xeral.
Os obxectivos do Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico teñen unha dobre orientación profesional e investigadora. No ámbito profesional, a intención do Master é formar a técnicos especializados en TIC, Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional, cubrindo novos postos de traballo na administración pública e nas comunidades locais como axentes de desenvolvemento social especializados en novas tecnoloxías. En termos de investigación, o obxectivo é formar a investigadores de excelencia especializados en técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa. O Master aposta polos métodos comprensivos e de aprendizaxe continuo, fronte ó enfoque clásico baseado na memorización.

Requisitos de acceso:
Para acceder ao máster será necesario estar en posesión dun título de segundo ciclo. Excepcionalmente poderán acceder titulados de primeiro ciclo cando a conexión entre a súa formación e o máster estea xustificada. Poderán ser tamén admitidos alumnos que teñan superados o primeiro ciclo e non lles falte máis de 30 créditos para obter a titulación.

Sistema de selección:
Os criterios de valoración de méritos dos candidatos preseleccionados establécense en base ós seguintes baremos de calificación:
1. Expediente académico (40%)
2. Coñecemento de idiomas (20%)
3. Manexo de ferramentas informáticas (20%)
4. Formación complementaria e experiencia profesional (5%)
5. Outros méritos (5%)
A Comisión Académica se reserva a posibilidade de realizar entrevistas persoais ós candidatos preseleccionados, constituindo as mesmas un 10% do valor da calificación final.
Unha vez iniciado o Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico, será competencia exclusiva da Comisión Académica a posible admisión de novos alumnos e alumnas no programa.

Procedemento de Avaliación:
Os alumnos e alumnas do Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico adquirirán e demostrarán nun proceso de avaliación continua unha serie de competencias xerais e específicas moi valiosas para introducirse no mercado laboral, ou ben para comprometerse definitivamente coa investigación universitaria:
1. Formación para dirixir propostas relacionadas coa Informática Social e para dinamizar social, cultural e económicamente comunidades locais, empregando como ferramentas estratéxicas as TIC.
2. Capacidade para adaptar as estructuras administrativas públicas ás novas necesidades que xorden coas TIC na Sociedade da Información: plan de infraestructuras, xerarquía de traballo e dirección e organización de equipos de traballo multidisciplinares, formación de recursos humanos, solvencia para interpretar e avaliar con espírito critico a viabilidade dunha proposta de traballo, condicións técnicas e profesionais para poñer en funcionamento un proxecto TIC ou unha Comunidade Virtual de intervención directa nunha comunidade local (administración rigorosa das axudas e subvencións públicas e privadas, conformación de equipos de traballo competentes, asignación de tarefas e establecemento dun cronograma de traballo, seguimento eficaz das tarefas programadas, manexo das técnicas de comunicación e difusión de resultados).
3. Motivación para seguir formándose en novas técnicas de traballo e metodoloxías de investigación dun xeito autodidacta, apostando especialmente pola formación E-learning en contacto con outros técnicos ou investigadores especializados en TIC e Informática Social.

Titorías:
Está prevista unha estructura de apoio e orientación constante para o alumnado que decida realizar o Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico. As principais accións, actividades e medios postos a disposición se poden resumir en dúas grandes iniciativas:
Programación das Titorías
Asignación dun titor/a a cada alumno/a, responsable de facer un seguimento puntual do grado de aproveitamento no Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico por parte do alumno/a. Titores e alumnado terán encontros presenciais e a través de Internet (correo electrónico, foros e chat).
Servicio de Información
O Master pon a disposición do alumnado un servicio constante de información sobre axudas e oportunidades (bolsas de investigación e emprego, traballos en prácticas, participación en proxectos de investigación, axudas para mobilidade, etc.), información enviada a través dun "sistema de alertas" vía correo electrónico.

Calendario:
O Master Internacional en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico se imparte de luns a xoves en horario de tarde, das 16:00 ás 20:00 horas.
As aulas previstas para impartir o master atópanse no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela.

Programa:
1. FUNDAMENTOS TECNOLÓXICOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN. Créditos: 5
2. TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN. Créditos: 5
3. PRODUCCIÓN E XESTIÓN DE RECURSOS MULTIMEDIA EN WEBS. Créditos: 5
4. SEMINARIO DE ESTUDOS DE CASOS INTERNACIONAIS. Créditos: 5
5. COMUNIDADES VIRTUAIS. Créditos: 5
6. MARKETING TERRITORIAL. Créditos: 5
7. INTERNET E INDUSTRIAS CULTURAIS. Créditos: 5
8. APLICACIÓN DE MÉTODOS CUANTITATIVOS E CUALITATIVOS EN INVESTIGACIÓN SOCIAL. Créditos: 5
9. INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO. Créditos: 5
10. DESENVOLVEMENTO EUROPEO. DISTINTAS APRECIACIÓNS EN EUROPA. Créditos: 6
11. RELACIÓNS CENTRO PERIFERIA EN EUROPA. Créditos: 6
12. XESTIÓN DE BASES DE DATOS. Créditos: 6
13. ESTRATEXIAS DE INVESTIGACIÓN. Créditos: 6
14. PLANEAMENTO ESTRATÉXICO DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN. Créditos: 6
15. REPRESENTACIÓN DO COÑECEMENTO. Créditos: 6
16. ANÁLISE DE DATOS. Créditos: 6
17. COMUNICACIÓN DA INFORMACIÓN. Créditos: 6
18. TELEMÁTICA E DESENVOLVEMENTO LOCAL. Créditos: 6
19. INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO LOCAL. Créditos: 6
20. TRABALLO FINAL EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO. Créditos: 15

Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:
Curso de Especialización en Marketing Territorial e Novas Tecnoloxias (E9B3)
Curso de Perfeccionamento en Marketing Territorial (F9VI)

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00