|
|
Curso de Especialización en Marketing Territorial e Novas Tecnoloxias
Código: E9B3
| Núm. de créditos: |
20 |
|
Data Inicio: |
15/11/09 |
|
Inicio Preinscrición: |
01/09/09 |
| Edición: |
1 |
|
Data Finalización: |
30/06/10 |
|
Fin Preinscrición: |
31/10/09 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
14/07/09 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
4 |
|
Prezo Euros: |
250,00 |
|
Inicio Matrícula: |
01/11/09 |
| Máximo alumnos: |
10 |
|
Prazos Pago: |
1 |
|
Fin Matrícula: |
12/11/09 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia |
| Directores: |
| Carlos Ferrás Sexto |
| Sé e enderezo do curso: |
|
Información: |
IDEGA Avenida das Ciencias, s/n Santiago de Compostela, 15782 Teléfono: 981 563 100 Extensión 14339 Fax: 981 599 935
|
|
Carlos Ferrás Sexto José Carlos Macía Arce Departamento de Xeografia Facultade de Xeografía e Historia IDEGA Santiago de Compostela Teléfono: 981 563 100 Extensión 12704, 44023, 44260 E-Mail: carlos.ferras@usc.es, carlos.macia@usc.es
carlos.macia@usc.es
http://www.gist.es
|
| Obxectivos do curso: |
O alumnado debe ser consciente da importancia que adquiren as TIC na sociedade actual, na que se converten en ferramentas estratéxicas capaces de desenvolver social, cultural e económicamente unha cidade, municipio, rexión, país ou territorio en xeral. Os obxectivos do curso teñen unha dobre orientación profesional e investigadora. No ámbito profesional, a intención do curso é formar a técnicos especializados en TIC, Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional, cubrindo novos postos de traballo na administración pública e nas comunidades locais como axentes de desenvolvemento social especializados en novas tecnoloxías. En termos de investigación, o obxectivo é formar a investigadores de excelencia especializados en técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa. O curso aposta polos métodos comprensivos e de aprendizaxe continuo, fronte ó enfoque clásico baseado na memorización. |
| Requisitos de acceso: |
| Será necesario estar en posesión dun título de primeiro ou segundo ciclo. Tamén poderán acceder profesionais relacionados cos estudos sen titulación universitaria sempre que teñan os requisitos legais para curssar estudios na universidade. Así mesmo poderán acceder alumnos non titulados tendo en conta que para obter o título deberán selo antes de acabar o ano académico correspondentes aos estudos. |
| Sistema de selección: |
Os criterios de valoración de méritos dos candidatos preseleccionados establécense en base ós seguintes baremos de calificación: 1. Expediente académico (50%) 2. Manexo de ferramentas informáticas (30%) 3. Outros méritos (10%) A Comisión Académica se reserva a posibilidade de realizar entrevistas persoais ós candidatos preseleccionados, constituindo as mesmas un 10% do valor da calificación final. Unha vez iniciado o curso, será competencia exclusiva da Comisión Académica a posible admisión de novos alumnos e alumnas no programa. |
| Procedemento de Avaliación: |
Os alumnos e alumnas do curso adquirirán e demostrarán nun proceso de avaliación continua unha serie de competencias xerais e específicas moi valiosas para introducirse no mercado laboral, ou ben para comprometerse definitivamente coa investigación universitaria: 1. Formación para dirixir propostas relacionadas coa Informática Social e para dinamizar social, cultural e económicamente comunidades locais, empregando como ferramentas estratéxicas as TIC. 2. Capacidade para adaptar as estructuras administrativas públicas ás novas necesidades que xorden coas TIC na Sociedade da Información: plan de infraestructuras, xerarquía de traballo e dirección e organización de equipos de traballo multidisciplinares, formación de recursos humanos, solvencia para interpretar e avaliar con espírito critico a viabilidade dunha proposta de traballo, condicións técnicas e profesionais para poñer en funcionamento un proxecto TIC ou unha Comunidade Virtual de intervención directa nunha comunidade local (administración rigorosa das axudas e subvencións públicas e privadas, conformación de equipos de traballo competentes, asignación de tarefas e establecemento dun cronograma de traballo, seguimento eficaz das tarefas programadas, manexo das técnicas de comunicación e difusión de resultados). 3. Motivación para seguir formándose en novas técnicas de traballo e metodoloxías de investigación dun xeito autodidacta, apostando especialmente pola formación E-learning en contacto con outros técnicos ou investigadores especializados en TIC e Informática Social. |
| Titorías: |
| Está prevista unha estructura de apoio e orientación constante para o alumnado que decida realizar o curso. |
| Calendario: |
O curso impártese de luns a xoves en horario de tarde, das 16:00 ás 20:00 horas. As aulas previstas para impartir o master atópanse no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela. |
| Programa: |
1. FUNDAMENTOS TECNOLÓXICOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN. Créditos: 5 2. OBRADOIRO DIXITAL DE RECURSOS MULTIMEDIA. Créditos: 5 3. ANÁLISE E DESEÑO DE COMUNIDADES VIRTUAIS. Créditos: 5 4. TEORÍA E PRÁCTICA DO MARKETING TERRITORIAL. Créditos: 5 |
|