|
|
Curso de Especialización en Xestión de Recursos e Avaliación de Impacto Ambiental
Código: E9B1
| Núm. de créditos: |
20 |
|
Data Inicio: |
11/06/10 |
|
Inicio Preinscrición: |
17/05/10 |
| Edición: |
1 |
|
Data Finalización: |
07/10/10 |
|
Fin Preinscrición: |
28/05/10 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
17/02/10 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
50 |
|
Prezo Euros: |
0,00 |
|
Inicio Matrícula: |
31/05/10 |
| Máximo alumnos: |
150 |
|
Núm. prazos de pago fraccionado: |
1 |
|
Fin Matrícula: |
10/06/10 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Economía Financeira e Contabilidade |
| Directores: |
|
Juan R. Piñeiro Chousa M. Ángeles López Cabarcos Julián González Gómez-Platero |
|
| Sé e enderezo do curso: |
|
Información: |
| Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
|
Juan R. Piñeiro Chousa Avda do Burgo s/n Santiago de Compostela 15782 600940041 981563637 j.pineiro@usc.es
efcpca@usc.es
|
| Obxectivos do curso: |
O Curso de Especialización en Xestión de Recursos e Avaliación do Impacto Ambiental nace coa vocación de capacitar aos participantes para a xestión de proxectos de medio ambiente no sector da construción. Preténdese proporcionar unha sólida base de coñecementos sobre: - A incidencia ambiental do sector da construción. - A incorporación da variable ambiental na construción. - A aplicación da normativa ambiental vixente. - A xestión do medio ambiente. - A avaliación ambiental dos proxectos do sector Así como formar e instruír en: - Técnicas e ferramentas de avaliación en xestión ambiental.
A formación a distancia esixe unha metodoloxía de traballo, tanto por parte do formador como do alumno, especialmente activa e participativa, principalmente porque o traballo a distancia que debe efectuar o alumno require dun gran esforzo e de moito traballo de xeito autónomo. A formación a distancia estrutúrase en dous tipos diferentes de sesións: - Sesións titoriais a distancia: destinadas á presentación de contidos, resolución de dúbidas, posta en práctica de actividades (fomentando as actividades grupais) e establecemento de relacións entre os temas estudados e a realidade máis cercana do individuo. As titorías serán moi prácticas e centraranse nas dificultades presentadas polos alumnos. - Sesións de traballo a distancia: o alumno reparará de maneira individual os contidos relativos ao curso, realizará os exercicios, contactará con outros compañeiros e preparará as avaliacións. O formador-titor indicará ao alumno os contidos teóricos que deben estudiarse e suxerirá actividades apropiadas que poñan a proba a asimilación dos mesmos, así como a consulta de textos complementarios que poidan enriquecer os coñecementos adquiridos. Para a comunicación entre formador e alumno, estos disporán de correo electrónico, de maneira que o formador avisará por esta vía das novidades, o inicio e o fin das actividades, recordará os prazos de entrega, estimulará ao alumno e informarao sobre a súa evolución. As prácticas emularán situacións frecuentes que se presentan no posto de traballo así como a reprodución de modelos ou situacións. Co obxecto de cumprir con todos estos obxectivos utilizaranse en maior ou menor medida aquelas ferramentas interactivas necesarias en función das necesidades dos alumnos, tales como o chat ou o correo electrónico. |
| Requisitos de acceso: |
| Titulados universitarios de nivel superior ou medio vinculados á construción (directivos, técnicos e mandos intermedios |
| Sistema de selección: |
| Currrículo. Expediente académico. Perfil profesional. |
| Procedemento de Avaliación: |
As ferramentas empregadas para o seguimento do progreso do alumno deben realizar un completo seguimento das actividades e progresos do mesmo, permitindo aos titores levar a cabo un control de cada alumno. Esta información pódese obter dos resultados de actividades e test de autoavaliación, estadísticas dos itinerarios seguidos nos materiais curriculares, participación dos alumnos a través de ferramentas de comunicación, número de veces que o alumno accede ao sistema, tempo invertido, etc. Todo isto permite establecer un itinerario personalizado para cada alumno e, así, establecer tarefas de reforzo educativo para aqueles conceptos que non quedaran suficientemente claros. A avaliación final tratará de determinar o logro dos obxectivos de forma cuantitativa e cualitativa. Polo tanto, cualificaranse os resultados proporcionando información aos alumnos acerca da adquisición dos novos coñecementos sobre os contidos establecidos no deseño da acción formativa. |
| Titorías: |
| Titorías on-line e a través do contacto telefónico e videoconferencia |
| Calendario: |
| Luns-venres (non presencial), venres ou sábados (presencial) |
| Programa: |
1. Xestión Sostible dos Recursos I: A Augua como recurso natural non renovablei. Créditos: 1 2. Xestión Sostible dos Recursos II: o Ruido e a contaminación acústica no proceso constructivo: medidas activas e pasivas de minimización. Lexislación. Créditos: 1,6 3. Política Integrada de Produtos, Ecoetiquetados, Pactos Ambientais. Créditos: 1,8 4. Produción e Ciclo de Vida na Construción: Relación e Catálogos (Acv Aplicada a Construción Civil, Acv do Cemento, Acv da Madeira,Etc), Análise de Produtos( Fibrocementos, Cfc´s, Pvc´s) . Créditos: 1,5 5. Produtos Tóxicos e Contaminantes Empregados na Construción (por Fases: Cimentación, Estrutura,Cuberta, Cerramentos, Instalacions, Illamentos-Impermeabilizantes, Revestidos). Créditos: 2 6. Aspectos Fundamentais da Avaliación Ambiental.. Créditos: 1,6 7. Inventario do Medio. Descrición do Proxecto, Identificación e Cualificación. Cuantificación no Sector da Construción. Créditos: 1,5 8. Medidas Correctoras. Plan de restauración. Programa de Vixilancia.. Créditos: 2 9. Obra Civil e Infraestruturas de Servizos. Estudos de Caso.. Créditos: 1,3 10. Desenvolvemento Sostible e Planificación Urbá (Carta de Aalborg, Carta de Lisboa, Declaración de Hannover) Criterios, Políticas e Tendencias.. Créditos: 1,5 11. Criterios de Sustentabilidade na Arquitectura e Edificación. Créditos: 0,2 12. Traballo Final. Créditos: 4 |
|