accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao » Posgrao propio » Cursos de Especialización 2009-2010 » Curso E9B4
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN XESTIÓN AMBIENTAL NA EMPRESA E XESTIÓN ECONÓMICO-FINANCIERA DE PROXECTOS

Código: E9B4

Núm. de créditos: 20 Data Inicio: 08/10/10 Inicio Preinscrición: 13/09/10
Edición: 1 Data Finalización: 17/12/10 Fin Preinscrición: 24/09/10
Duración cursos: 1 Aprobación: 17/02/10  
Mínimo alumnos: 50 Prezo Euros: 0,00 Inicio Matrícula: 27/09/10
Máximo alumnos: 150 Núm. prazos de pago fraccionado: 1 Fin Matrícula: 07/10/10

Departamento / Centro Organizador:
Departamento de Economía Financeira e Contabilidade

Directores:
Juan R. Piñeiro Chousa
M. Ángeles López Cabarcos
Julián González Gómez-Platero

Sé e enderezo do curso: Información:
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Juan R. Piñeiro Chousa
Avda do Burgo s/n
Santiago de Compostela 15782
600940041
981563637
j.pineiro@usc.es
efcpca@usc.es

Obxectivos do curso:
O Curso de Especialización en Criterios de Sostibilidade en Xestión de Residuos e Enerxías Renovables nace coa vocación de capacitar aos participantes para a xestión de proxectos de medio ambiente no sector da construción.
Preténdese proporcionar unha sólida base de coñecementos sobre:
- A incidencia ambiental do sector da construción.
- A incorporación da variable ambiental na construción.
- A aplicación da normativa ambiental vixente.
- A xestión do medio ambiente.

A formación a distancia esixe unha metodoloxía de traballo, tanto por parte do formador como do alumno, especialmente activa e participativa, principalmente porque o traballo a distancia que debe efectuar o alumno require dun gran esforzo e de moito traballo de xeito autónomo.
A formación a distancia estrutúrase en dous tipos diferentes de sesións:
- Sesións titoriais a distancia: destinadas á presentación de contidos, resolución de dúbidas, posta en práctica de actividades (fomentando as actividades grupais) e establecemento de relacións entre os temas estudados e a realidade máis cercana do individuo. As titorías serán moi prácticas e centraranse nas dificultades presentadas polos alumnos.
- Sesións de traballo a distancia: o alumno reparará de maneira individual os contidos relativos ao curso, realizará os exercicios, contactará con outros compañeiros e preparará as avaliacións. O formador-titor indicará ao alumno os contidos teóricos que deben estudiarse e suxerirá actividades apropiadas que poñan a proba a asimilación dos mesmos, así como a consulta de textos complementarios que poidan enriquecer os coñecementos adquiridos.
Para a comunicación entre formador e alumno, estos disporán de correo electrónico, de maneira que o formador avisará por esta vía das novidades, o inicio e o fin das actividades, recordará os prazos de entrega, estimulará ao alumno e informarao sobre a súa evolución.
As prácticas emularán situacións frecuentes que se presentan no posto de traballo así como a reprodución de modelos ou situacións.
Co obxecto de cumprir con todos estos obxectivos utilizaranse en maior ou menor medida aquelas ferramentas interactivas necesarias en función das necesidades dos alumnos, tales como o chat ou o correo electrónico.

Requisitos de acceso:
Titulados universitarios de nivel superior ou medio vinculados á construción (directivos, técnicos e mandos intermedios

Sistema de selección:
Currrículo. Expediente académico. Perfil profesional.

Procedemento de Avaliación:
As ferramentas empregadas para o seguimento do progreso do alumno deben realizar un completo seguimento das actividades e progresos do mesmo, permitindo aos titores levar a cabo un control de cada alumno. Esta información pódese obter dos resultados de actividades e test de autoavaliación, estadísticas dos itinerarios seguidos nos materiais curriculares, participación dos alumnos a través de ferramentas de comunicación, número de veces que o alumno accede ao sistema, tempo invertido, etc. Todo isto permite establecer un itinerario personalizado para cada alumno e, así, establecer tarefas de reforzo educativo para aqueles conceptos que non quedaran suficientemente claros.
A avaliación final tratará de determinar o logro dos obxectivos de forma cuantitativa e cualitativa. Polo tanto, cualificaranse os resultados proporcionando información aos alumnos acerca da adquisición dos novos coñecementos sobre os contidos establecidos no deseño da acción formativa.

Titorías:
Titorías on-line e a través do contacto telefónico e videoconferencia

Calendario:
Luns-venres (non presencial), venres ou sábados (presencial)

Programa:
1. Auditorías Ambientais. O Proceso de Certificación.. Créditos: 1,6
2. Implantación dun SXMA según NORMA UNE-ISO 14000 e Sistema Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoria (EMAS).. Créditos: 2,2
3. Plans de Minimización de Recursos, Residuos, Enerxía. Manual de Boas Prácticas. Créditos: 1,5
4. Implicacións Económicas dos SXMA. Desenvolvemento Sostible e Empresa. Responsabilidade Social Corporativa.. Créditos: 1,6
5. Eficiencia Económica nas Empresas Construtoras: Contas Anuais, Balance de Situación, Contas de PyG. Casos Prácticos. Créditos: 1,6
6. Eficiencia Económica na Construción Sostible: Introdución á Contabilidade Ambiental, Estrutura Financeira da Empresa Construtora Sostible, Tipos de Custes e de Gastos (de Equipos, Man de Obra,Compoñentes,Instalación e Probas, de Operacións).. Créditos: 1,5
7. Desgravacións Fiscais en materia medioambiental. Axudas e subvencións.Contratación Verde Públical. Créditos: 1,1
8. Fundamentos da Xestión de Proxectos Sostibles. A Xestión Económica de Proxectos Medioambientais. Créditos: 1,5
9. Avaliación de proxectos de inversión no sector da construcción.. Créditos: 2,2
10. Sustentabilidade e Problemática Ambiental Global. Ecoloxía Industrial.. Créditos: 1,9
11. Proxecto Final. Créditos: 3,3

Este curso forma parte de:
Máster en Xestión Medioambiental no Sector da Construción (M950)

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00