accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao » Posgrao propio » Cursos de Especialización 2009-2010 » Curso E983
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Curso de Especialista en Ciencias da Familia: Familia e Novas Tecnoloxías

Código: E983

Núm. de créditos: 35 Data Inicio: 11/01/10 Inicio Preinscrición: 01/09/09
Edición: 7 Data Finalización: 31/12/10 Fin Preinscrición: 16/11/09
Duración cursos: 1 Aprobación: 17/02/10  
Mínimo alumnos: 1 Prezo Euros: 0,00 Inicio Matrícula: 17/11/09
Máximo alumnos: 25 Núm. prazos de pago fraccionado: 1 Fin Matrícula: 31/12/09

Departamento / Centro Organizador:
Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación

Directores:
AGUSTÍN DOSIL MACEIRA
OLGA DÍAZ FERNÁNDEZ

Sé e enderezo do curso: Información:
DPTO. PSICOLOXÍA EVOLUTIVA E DA EDUCACIÓN
FACULTADE DE PSICOLOXÍA
CAMPUS SUR S/N
15782 SANTIAGO DE COMPOSTELA
981563100 EXT 13736
PATRICIA IGLESIAS SOUTO
DPTO. PSICOLOXÍA EVOLUTIVA E DA EDUCACIÓN - FACULTADE DE PSICOLOXÍA
(Despacho Prof. Dosil) CAMPUS SUR - SANTIAGO
TFNO. 981563100 EXT 13736
E-MAIL: cema25@usc.es
mfamilia@usc.es

Obxectivos do curso:
Ben sabido é que a familia é a unidade natural e fundamental da sociedade, onde maduran as relacións humanas, núcleo da sociedade, ámbito natural de crecemento e benestar de tódolos seus membros, en particular os nenos (ONU: New York, 1999; México, 1995; New York 1979-88). O camiño cara a unha máis grande humanización da nosa sociedade pasa indefectiblemente por un desenvolvemento armónico dos dereitos do home e da familia, porque en último caso, tanto as persoas como a sociedade, articúlanse familiarmente.
A profunda transformación que está esperimentando nos últimos tempos a sociedade repercute de forma moi directa no ámbito familiar, emerxendo unha problemática complexa que demanda a formación de profesionais neste campo. Neste contexto, a Universidade, responsable da formación científica dos profesionais, síntese obrigada a dar resposta a esta esixencia social proporcionando ós mesmos unha capacitación específica para intervir no complexo mundo da familia.
O Curso de Posgrao que se presenta pretende dar resposta ós problemas educativos, psicolóxicos e sociais no contexto dunha sociedade tecnolóxica. Desta maneira intentamos crear un espacio de formación básica e permanente para cubrir as necesidades de perfeccinamento e actualización dos profesionais que se ocupan da educación e que traballan coas familias, coñecedores de que a dimensión tecnolóxica é a demanda estrela nestos últimos anos.
As competencias a conquerir polos alumnos e que deben ter tódolos profesionais que traballan no ámbito da familia e que se ocupan da intervención educativa, para aportar solucións reais nunha sociedade marcada pola información e a comunicación (TIC), son as seguintes:
- Diseñar e aplicar diferentes tipos de Software acomodados ós procesos de ensinanza-aprendizaxe.
- Fixar modelos para a solución de conflictos en contextos familiares e escolares.
- Analizar e avaliar as consecuencias e os resultados de aprender con tecnoloxía.

Os alumnos, que deberán realizar nos seus países de orixe boa parte do Programa, terán oportunidade de levar a cabo estas actividades e o logro das competencias sinaladas, en Centros de Orientación, Centros Escolares, Asociacións e Organizacións Familiares, entre outros.

OXECTIVOS XERAIS:

1. Crear un espacio de formación permanente para cubri-las necesidades de perfeccionamento no ámbito das novas tecnoloxías e da familia.
2. Proporcionar os coñecementos necesarios para que as familias poidan integrar as Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, nas súas responsabilidades educativas, favorecendo deste xeito unha máis grande participación e seguimento no proceso educativo (escolar) dos fillos.

METODOLOXÍA:

A metodoloxía terá presente tanto a dimensión científica como profesional do Curso.
O Programa Presencial combinará as sesións maxistrais con traballos en pequenos grupos. As sesións presenciais serán completadas con un Programa Práctico que permitirá ós alumnos recibir unha formación nos escenarios adecuados, e que será titorizada por un profesional do sector. O Programa das Actividades non Presenciais, tamén titorizadas por profesionais do Curso completará a formación, que se verá rubrigada coa presentación e defensa dunha Memoria/Proxecto Final.

Requisitos de acceso:
PSICÓLOGOS, PEDAGOGOS, PSICOPEDAGOGOS, MESTRES, TRABALLADORES SOCIAIS, EDUCADORES SOCIAIS, AVOGADOS, MÉDICOS, ENFERMEIROS, E AQUELES OUTROS QUE A XUIZO DA COMISIÓN ACADÉMICA POIDAN REALIZAR O CURSO CON APROVEITAMENTO

Sistema de selección:
ADECUACIÓN DA TITULACIÓN, ENTREVISTA, ORDEN DE PREINSCRICIÓN, EXPEDIENTE E MÉRITOS

Procedemento de Avaliación:
CONTINUA E PROXECTO FIN DE CURSO

Titorías:
TITORÍAS PERSOALIZADAS ASIGNADAS POR MÓDULO IMPARTIDO

Calendario:
FASE PRESENCIAL: 11 DE XANEIRO Ó 26 DE FEBREIRO DE 2010. DE LUNS A VERNES
LUGAR: FACULTADE DE PSICOLOXÍA
AULA CLÍNICA INSTITUTO DA FAMILIA

Programa:
1. MARCO ANTROPOLÓXICO, XURÍDICO E CONTEXTO SOCIOLÓXICO DA FAMILIA ACTUAL. Créditos: 2
2. A FAMILIA E OS SEUS CICLOS VITAIS. Créditos: 1
3. TIPOS E MODELOS DE FAMILIA . Créditos: 1
4. A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE NUN CONTEXTO TECNOLÓXICO. Créditos: 1
5. NOVAS TECNOLOXÍAS EN EDUCACIÓN FAMILIAR: APRENDER A ENSINAR CON TECNOLOXÍA. Créditos: 1
6. COMUNIDADES DE APRENDIZAXE. Créditos: 1
7. A FAMILIA E O USO RESPONSABLE, SEGURO E EFECTIVO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS. Créditos: 2
8. A EDUCACIÓN EN VALORES NUN CONTEXTO TECNOLÓXICO. Créditos: 1
9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE NA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN. Créditos: 1
10. CONSUMO DE DROGAS E PROGRAMAS DE PREVENCIÓN E SAÚDE. Créditos: 1
11. VIOLENCIA, MALTRATO, ABANDONO E ABUSO SEXUAL EN MENORES. Créditos: 1
12. PRÁCTICUM. Créditos: 17
13. MEMORIA / PROXECTO FINAL. Créditos: 5

Este curso forma parte de:
Máster en Ciencias da Familia: Familia e Novas Tecnoloxías - Edición Internacional (M926)

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00