|
|
Curso de Especialista en Terapia Familiar (Edición Internacional)
Código: E984
| Núm. de créditos: |
35 |
|
Data Inicio: |
11/01/10 |
|
Inicio Preinscrición: |
01/09/09 |
| Edición: |
7 |
|
Data Finalización: |
26/02/10 |
|
Fin Preinscrición: |
16/11/09 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
17/02/10 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
1 |
|
Prezo Euros: |
0,00 |
|
Inicio Matrícula: |
17/11/09 |
| Máximo alumnos: |
25 |
|
Núm. prazos de pago fraccionado: |
1 |
|
Fin Matrícula: |
31/12/09 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
| Directores: |
|
AGUSTÍN DOSIL MACEIRA OLGA DÍAZ FERNÁNDEZ |
|
| Sé e enderezo do curso: |
|
Información: |
DPTO. PSICOLOXÍA EVOLUTIVA E DA EDUCACIÓN FACULTADE DE PSICOLOXÍA CAMPUS SUR S/N 15782 SANTIAGO DE COMPOSTELA 981563100 EXT 13736 |
|
ELENA VAN POVEDSCAYA DPTO. PSICOLOXÍA EVOLUTIVA E DA EDUCACIÓN - FACULTADE DE PSICOLOXÍA (Despacho Prof. Dosil) CAMPUS SUR - SANTIAGO TFNO. 981563100 EXT 13736 E-MAIL: agustin.dosil@usc.es
cema25@usc.es
|
| Obxectivos do curso: |
Ben sabido é que a familia é a unidade natural e fundamental da sociedade, onde maduran as relacións humanas, núcleo da sociedade, ámbito natural de crecemento e benestar de tódolos seus membros, en particular os nenos (ONU: New York, 1999; México, 1995; New York 1979-88). O camiño cara a unha máis grande humanización da nosa sociedade pasa indefectiblemente por un desenvolvemento armónico dos dereitos do home e da familia, porque en último caso, tanto as persoas como a sociedade, articúlanse familiarmente. A profunda transformación que está esperimentando nos últimos tempos a sociedade repercute de forma moi directa no ámbito familiar, emerxendo unha problemática complexa que demanda a formación de profesionais neste campo. Neste contexto, a Universidade, responsable da formación científica dos profesionais, síntese obrigada a dar resposta a esta esixencia social proporcionando ós mesmos unha capacitación específica para intervir no complexo mundo da familia. O Curso de Posgrao que se presenta pretende dar resposta ós problemas educativos, psicolóxicos e sociais no contexto dunha sociedade tecnolóxica. Desta maneira intentamos crear un espacio de formación básica e permanente para cubrir as necesidades de perfeccinamento e actualización dos profesionais que se ocupan da educación e que traballan coas familias, coñecedores de que a dimensión tecnolóxica é a demanda estrela nestos últimos anos. As competencias a conquerir polos alumnos e que deben ter tódolos profesionais que traballan no ámbito da familia e que se ocupan da intervención educativa, para aportar solucións reais nunha sociedade marcada pola información e a comunicación (TIC), son as seguintes: - Diseñar e aplicar diferentes tipos de Software acomodados ós procesos de ensinanza-aprendizaxe. - Fixar modelos para a solución de conflictos en contextos familiares e escolares. - Analizar e avaliar as consecuencias e os resultados de aprender con tecnoloxía.
Os alumnos, que deberán realizar nos seus países de orixe boa parte do Programa, terán oportunidade de levar a cabo estas actividades e o logro das competencias sinaladas, en Centros de Orientación, Centros Escolares, Asociacións e Organizacións Familiares, entre outros.
OXECTIVOS XERAIS:
- 1. Formar a profesionais que sepan comprender, asesorar e intervir no eido da familia en todo o relativo á innovación educativa e ás novas tecnoloxías. - 2. Proporcionar as técnicas máis actualizadas de terapia para a resolución de diferentes tipos de problemas que poidan presentarse a nivel personal e familiar.
METODOLOXÍA:
A metodoloxía terá presente tanto a dimensión científica como profesional do Curso. O Programa Presencial combinará as sesións maxistrais con traballos en pequenos grupos. As sesións presenciais serán completadas con un Programa Práctico que permitirá ós alumnos recibir unha formación nos escenarios adecuados, e que será titorizada por un profesional do sector. O Programa das Actividades non Presenciais, tamén titorizadas por profesionais do Curso completará a formación, que se verá rubrigada coa presentación e defensa dunha Memoria/Proxecto Final. |
| Requisitos de acceso: |
| PSICÓLOGOS, PEDAGOGOS, PSICOPEDAGOGOS, MESTRES, TRABALLADORES SOCIAIS, EDUCADORES SOCIAIS, AVOGADOS, MÉDICOS, ENFERMEIROS, E AQUELES OUTROS QUE A XUIZO DA COMISIÓN ACADÉMICA POIDAN REALIZAR O CURSO CON APROVEITAMENTO |
| Sistema de selección: |
| ADECUACIÓN DA TITULACIÓN, ENTREVISTA, ORDEN DE PREINSCRICIÓN, EXPEDIENTE E MÉRITOS |
| Procedemento de Avaliación: |
| CONTINUA E PROXECTO FIN DE CURSO |
| Titorías: |
| TITORÍAS PERSOALIZADAS ASIGNADAS POR MÓDULO IMPARTIDO |
| Calendario: |
FASE PRESENCIAL: 11 DE XANEIRO Ó 26 DE FEBREIRO DE 2010. DE LUNS A VERNES LUGAR: FACULTADE DE PSICOLOXÍA AULA CLÍNICA INSTITUTO DA FAMILIA |
| Programa: |
1. FUNDAMENTOS TEÓRICOS E HISTORIA DA TERAPIA FAMILIAR SISTÉMICA. Créditos: 2 2. ESCOLAS E MODELOS DE TERAPIA FAMILIAR. Créditos: 4 3. MODELOS DE ENTREVISTA E TÉCNICAS DE AVALIACIÓN. Créditos: 1 4. TÉCNICAS DE AVALIACIÓN PREVIA DA FAMILIA E DA PARELLA EN TERAPIA FAMILIAR. Créditos: 2 5. CRISE NORMATIVA E NON NORMATIVA DA FAMILIA E DA PARELLA. Créditos: 1 6. FORMACIÓN E FORXA DA PARELLA. Créditos: 1 7. PROBLEMAS ESPECÍFICOS E SEXUAIS DA PARELLA. Créditos: 2 8. PRÁCTICUM. Créditos: 17 9. MEMORIA/PROXECTO FINAL. Créditos: 5 |
|