versión en castellano

accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao » Posgrao propio » Másteres 2011-2012 » Curso MB68
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio e Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas

Código: MB68

Núm. de créditos: 60 Data Inicio: 02/11/11 Inicio Preinscrición: 01/09/11
Edición: 5 Data Finalización: 31/03/13 Fin Preinscrición: 30/09/11
Duración cursos: 1 Aprobación: 15/06/11  
Mínimo alumnos: 21 Prezo Euros: 3.900,00 Inicio Matrícula: 03/10/11
Máximo alumnos: 25 Núm. prazos de pago fraccionado: 3 Fin Matrícula: 20/10/11

Departamento / Centro Organizador:
Departamento de Historia da Arte

Directores: Calendario pagamento fraccionado
Mª Luisa Sobrino Manzanares
Federico López Silvestre
:
:
:

1.950,00 €
975,00 €
975,00 €

03/10/11-20/10/11
31/01/12-28/02/12
01/05/12-30/05/12


Sé e enderezo do curso: Información:
Facultade de Xeografía e Historia. PRAZA DA UNIVERSIDADE, 1, 15782 Santiago de Compostela Ana Mª Ramos Caruncho
Tfno: 653665704
anamaria.ramos.caruncho@usc.es


Obxectivos do curso:
OBXECTIVOS:
a) Facilitar unha maior cualificación de aqueles que desexen optar a postos vencellados cos museos, galerías, centros, e institucións dedicados á arte contemporánea.
b) Dotar duns coñecementos superiores a todos aqueles que se atopen traballando no mundo dos museos.
c) Preparar a futuros críticos de arte que desexen traballar nos medios de comunicación.
d)Mellorar o nivel que a crítica presenta nos xornais e prensa especializada e non especializada.

METODOLOXÍA
As clases teñen unha orientación práctica e participativa. A docencia será impartida por profesores universitarios e profesionais de recoñecido prestixio como por exemplo, conservadores, especialistas en didáctica, xestores, montadores, etc., vencellados cos distintos museos, fundacións e galerías.
O curso ten un total de 56 créditos, dos cales 48 son obrigatorios. Aqueles que queiran obter o máster deben cursar un total de 50, para o que dispoñen de 8 créditos optativos.
O curso completarase cun prácticum no cal os alumnos terán ocasión de presentar proxectos expositivos, algúns dos cales poderán ser levados á práctica, ou un conxunto de artigos de crítica de arte que poderá ser publicado en periódicos e revistas, especializadas ou non.

Requisitos de acceso:
Licenciados en Historia da Arte. Historia. Xeografía. Filosofía. Filoloxía. Humanidades. Ciencias da Comunicación. Socioloxía. Belas Artes e Arquitectura. Excepcionalmente poderán acceder titulados de primeiro ciclo cando a conexión entre a súa formación e o máster estea xustificada e alumnos que teñan superados o primeiro ciclo e non lles falten máis de 30 créditos para obter a titulación. En todo caso. para poder obter o título de máster. o alumnado deberá posuír a condición de titulado antes de rematar o ano académico correspondente aos estudos. O alumnado que cursara estudios no máster e non tivera dereito ao título poderá solicitar unha certificación de ditos estudos.

Lugar de preinscrición:
Persoalmente na Secretaría do Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporánaeas. Facultade de Xeografía e Historia.
Por correo postal:Facultade de Xeografía e Historia, Praza da Universidade, 1,
Santiago de Compostela, 15782
981, 563100, ext. 12601

Sistema de selección:
Por currículum (expediente académico e/ou profesional). Adecuación do alumno aos requisitos do máster.
En caso de dúbida. entrevista persoal.

Procedemento de Avaliación:
1. REQUISITO OBRIGATORIO: Asistencia confirmada ás clases (pasarase unha folla para asinar en cada unha das clases). Será obrigatoria a asistencia a un mínimo do 66% das horas).

2. Avaliación do alumnado mediante tres tipos de traballos vencellados co prácticum final (a elixir):
(a) memoria sobre un proxecto de exposición;
(b) ensaio crítico;
(c) memoria sobre un proxecto pedagóxico.

Para avaliar as memorias contarase co seguimento dun titor e a memoria final será avaliada xunto co informe do titor, por unha comisión.

Titorías:
Titorías personalizadas e continuadas por parte de profesores da USC e seguimentos conxuntos do grupo de alumnos polos coordinadores de módulos e de asignaturas.a

Calendario:
Xoves de 16:00 h a 20:00 h. Aula 15 facultade xeografía e historia
Venres de 10:00 h a 14:00 h e 16:30 h a 20:30 h. CGAC

Programa:
1. AS ARTES PLÁSTICAS. CRISE DA MODERNIDADE E AS NEOVANGARDAS. Créditos: 1,6
2. AS ARTES PLÁSTICAS. ÚLTIMAS TENDENCIAS DENDE 1977 ATA A ACTUALIDADE. Créditos: 3,2
3. ARQUITECTURA E DESEÑO CONTEMPORANEOS. Créditos: 2,4
4. URBANISMO E ARTE NO ESPAZO PÚBLICO. Créditos: 2
5. POLÍTICAS DA VISIÓN E CIBERCULTURA. Créditos: 1,6
6. NOVAS CATEGORÍAS ESTÉTICAS. Créditos: 2,6
7. TEORÍA DA ARTE E ESTUDOS CULTURAIS. Créditos: 3,4
8. CRÍTICA E MEDIOS. Créditos: 3
9. INTRODUCCIÓN Á MUSEOLOXÍA. Créditos: 2,4
10. DIRECCIÓN E OUTRAS ACTIVIDADES. Créditos: 1,6
11. DOCUMENTACIÓN, CONSERVACIÓN E REXISTRO. Créditos: 2
12. COMISARIADO, PRODUCCIÓN, REALIZACIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS. Créditos: 2
13. PROGRAMAS PEDAGÓXICOS E GABINETE DE COMUNICACIÓN. Créditos: 3,2
14. TÉCNICAS DE MONTAXE. Créditos: 1,8
15. GALERÍAS, COLECCIONISMO E MERCADO DE ARTE. Créditos: 1,2
16. PRACTICUM. Créditos: 26
17. Prácticas tuteladas en empresas. Créditos: 16

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00