|
|
Máster en Xestión de Proxectos de Medio Ambiente e Responsabilidade Social Corporativa
Código: MB30
| Núm. de créditos: |
50 |
|
Data Inicio: |
19/09/12 |
|
Inicio Preinscrición: |
01/07/12 |
| Edición: |
8 |
|
Data Finalización: |
31/12/13 |
|
Fin Preinscrición: |
07/09/12 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
19/07/11 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
12 |
|
Prezo Euros: |
2.000,00 |
|
Inicio Matrícula: |
08/09/12 |
| Máximo alumnos: |
20 |
|
Núm. prazos de pago fraccionado: |
2 |
|
Fin Matrícula: |
17/09/12 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Economía Financeira e Contabilidade |
| Directores: |
|
Calendario pagamento fraccionado |
NOELIA MARIA ROMERO CASTRO Manuel Castro Cotón |
|
1º: 2º:
| 1.000,00 € 1.000,00 €
| 08/09/12-17/09/12 07/01/13-16/01/13
|
| Sé e enderezo do curso: |
|
Información: |
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Avda. do Burgo das Nacións, s/n 15782 Santiago de Compostela |
|
Noelia Romero Castro Tfno: 982824478 Tfno: 881811672 Fax: 902905192 noe.romero@usc.es
http://www.usc.es/cpca
|
| Obxectivos do curso: |
Obxectivos: O Máster de Xestión de Proxectos de Medio Ambiente e RSC nace coa vocación de capacitar profesionais nas áreas emerxentes da Sustentabilidade e a Responsabilidade Social Corporativa (RSC), sen esquecer áreas xa consolidadas do medio ambiente como a xestión de proxectos, a avaliación ambiental e os sistemas de xestión medio ambiental. A nosa oferta formativa ten un enfoque multidisciplinar e integral adaptada non só ás necesidades e requisitos do mercado laboral, senón tamén á orientación curricular e dispoñibilidade de tempo do alumnado. Neste aspecto poñemos especial atención ofrecendo distintas opcións de formación, con matrículas moi asequibles e coa garantía de calidade dunha institución de prestixio mundial como é a Universidade de Santiago de Compostela. O noso alumnado é formado e adestrado para que se desenvolva con confianza nas seguintes áreas: - Medio Ambiente - Consultaría e Asesoría - Dirección e Xestión de Proxectos - Sustentabilidade - Responsabilidade Social Corporativa - Relación cos Clientes - Presentacións de Negocios. A estrutura deste máster está formada por módulos e materias, que poden ser cursados de forma independente.
Metodoloxía: O noso enfoque metodolóxico baséase en: - Clases presenciais con rigor teórico e práctica continua - Estudos de casos e realización de exercicios-proxectos - Conferencias maxistrais - Apoio mediante aula virtual - Visitas a instalacións. Con isto non só formamos senón que adestramos para un desempeño profesional solvente e con confianza. Como soporte metodolóxico, o noso profesorado está integrado por profesionais de recoñecido prestixio da enxeñaría, consultaría e asesoría ambiental, técnicos e directivos de empresas e administracións públicas, catedráticos, profesores e investigadores da universidade. Ademais, na área de Responsabilidade Social Corporativa contarase con poñentes e representantes das principais empresas que estean incorporando esta variable na súa xestión. |
| Requisitos de acceso: |
| Licenciados. Arquitectos e Enxeñeiros Superiores. ou alumnos de segundo ciclo que teñan superado o primeiro ciclo e estean a falta de 30 créditos para obter a titulación. debendo neste caso. para poder obter o título de máster. posuír a condición de titulado antes de acabar o ano académico correspondente aos estudos. De xeito excepcional poderán acceder titulados de primeiro ciclo sempre que a Comisión Académica considere xustificada a conexión coa formación que se ofrece. |
| Lugar de preinscrición: |
| Persoalmente na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, despacho 319, ou a través do correo electrónico noe.romero@usc.es |
| Sistema de selección: |
| Currículo. Expediente académico. Perfil profesional. Entrevista persoal |
| Procedemento de Avaliación: |
Asistencia a clase. Test de control e seguimento. Avaliación de estudos de caso en cada módulo. Realización dun exercicio-proxecto fin de curso. |
| Titorías: |
| Titorías presenciais: martes pola tarde; e titoría on-line. |
| Calendario: |
Días da semana: Mércores, xoves e venres. Ocasionalmente tamén os martes. Horario: De 16:00 a 20:30 horas. Aulas: Aula normal (30 prazas) e aula informática. |
| Programa: |
1. Fundamentos da Xestión de Proxectos. Créditos: 3 2. Aplicacións Informáticas para a Xestión de Proxectos. Créditos: 3 3. Estudos de Caso en Xestión de Proxectos. Créditos: 4 4. Aspectos Xerais e Normativa Ambiental. Créditos: 4 5. Xestión Sostible de Recursos e Residuos. Créditos: 4 6. A Avaliación de Impacto Ambiental. Créditos: 4 7. Sistemas de Xestión Ambiental e Sustentabilidade Empresarial. Créditos: 6,5 8. Xestión municipal sostible. Créditos: 4,5 9. Fundamentos da RSC. Créditos: 3,5 10. Xestión e Comunicación da RSC. Créditos: 3,5 11. Elaboración de Memorias de Sustentabilidade. Créditos: 4 12. Proxecto Final. Créditos: 6 13. Prácticas tuteladas en empresas. Créditos: 20 |
|