versión en castellano

accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao » Posgrao propio » Másteres 2012-2013 » Curso MC22
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio e Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Máster en Banca, Finanzas y Seguros

Código: MC22

Núm. de créditos: 53,05 Data Inicio: 01/10/12 Inicio Preinscrición: 01/06/12
Edición: 17 Data Finalización: 15/12/13 Fin Preinscrición: 14/09/12
Duración cursos: 1 Aprobación: 25/06/12  
Mínimo alumnos: 26 Prezo Euros: 4.500,00 Inicio Matrícula: 18/09/12
Máximo alumnos: 30 Núm. prazos de pago fraccionado: 2 Fin Matrícula: 28/09/12

Departamento / Centro Organizador:
Departamento de Economía Financeira e Contabilidade

Directores: Calendario pagamento fraccionado
LUIS ALBERTO OTERO GONZALEZ
JAVIER ROJO SÁNCHEZ
:
:

2.700,00 €
1.800,00 €

18/09/12-28/09/12
01/02/13-15/02/13


Sé e enderezo do curso: Información:
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo das Nacións s/n
15782 Santiago de Compostela
Milagros Vivel Bua / Sara Fernández López
Tfno: 881-811606
mila.vivel@usc.es / sara.fernandez.lopez@usc.es

Luis Otero González
Tfno: 881-811656
luis.otero@usc.es

www.usc.es/masterbanca

Obxectivos do curso:
Obxectivos:
O máster pretende, fundamentalmente, formar especialistas no sector bancario, financeiro e asegurador, a través de:
a) O estudo e coñecemento do sector bancario, asegurador e financeiro e das súas posibilidades de expansión e desenvolvemento.
b) A análise do marco xurídico-institucional no que se desenvolve o sector bancario, asegurador e financeiro nos distintos ámbitos territoriais e supranacionais.
c) A profundización teórica e a instrución práctica nas técnicas de dirección e xestión aplicadas ás particularidades das empresas do sector bancario, asegurador e financeiro.
d) O desenvolvemento da capacidade dos participantes no ámbito do sector bancario, asegurador e financeiro.

Metodoloxía:
En liña cos obxectivos expostos polo curso, o máster estrutúrase en dúas partes complementarias: unha primeira de formación teórico-práctica e unha segunda que busca a aportación de experiencia profesional aos alumnos a través da realización de prácticas en entidades financeiras ou nos departamentos financeiros das empresas.
A formación teórica aborda todos os temas que, ao noso xuízo, debe coñecer un profesional do ámbito financeiro. Neste eido, faise fincapé tanto nos fundamentos financeiros coma nos comerciais e os relacionados cos recursos humanos, variables en torno ás que xira actualmente o papel dos directivos.
As clases teñen unha orientación práctica e participativa, sendo en moitos casos asistidas por ordenador. Nelas participan profesionais e profesores universitarios de ámbito nacional, así como diferentes institucións colaboradoras como ISTPB (Instituto Superior de Técnicas e Prácticas Bancarias), a Bolsa de Madrid, o Instituto MEFF (Mercado de Futuros), o Banco de España, o ICEA .
Deste xeito, o máster proporciona unha formación completa e continuamente actualizada, incorporando as novas técnicas de xestión, a banca virtual e os sistemas de información dos mercados financeiros, entre outros.
Para fomentar a interacción, os alumnos son avaliados a través de traballos en equipo, presentacións e dinámicas de grupo, ademais das probas individuais que teñen que superar ao longo do curso. Por outra banda, o contacto cos directores e coordinadores do programa é practicamente diario, permitindo un seguimento individualizado e unha comunicación personalizada entre o equipo xestor e os estudantes, que axuda a introducir melloras continuas no programa.
A formación práctica conséguese a través da experiencia profesional dos alumnos ao longo do máster. Para iso, o programa conta cunha bolsa de prácticas para os estudantes que non accedan ao mercado laboral. A concesión de ditas prácticas está suxeita a unha serie de requisitos que o alumno debe cumprir para a obtención do título final.

Requisitos de acceso:
Licenciatura en Economía e Admón. e Dirección de Empresas. Licenciatura en Dereito. Matemáticas. Ciencias. Profesionais do sector financeiro con titulación de diplomados.

Lugar de preinscrición:
Despachos: 349/317/312
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo das Nacións s/n
15782 Santiago de Compostela
Por correo electrónico: sara.fernandez.lopez@usc.es, luis.otero@usc.es, mila.vivel@usc.es

Sistema de selección:
Currículo. entrevista persoal e dinámica de grupo.

Procedemento de Avaliación:
Presentación de traballos específicos de cada módulo.
Exames en cada módulo.

Titorías:
As titorías fixaranse persoalmente entre os directores e coordinadores do máster e os alumnos, xa que existe unha atención diaria e personalizada.

Calendario:
Luns e martes e sábados e mércores (ocasionalmente)
Horario: De 16:00 a 20:30 horas.
Sábado de 9:45 a 14:15 horas.
Aulas:
Aula 15 e Aula de Informática.

Programa:
1. Fundamentos da Análise e Calculo Financeiro. Créditos: 1,8
2. Produtos Financeiros. Créditos: 1,58
3. Análise e Valoración de Inversións. Créditos: 0,45
4. Planificación Financeira a Curto e Longo Prazo. Créditos: 2,7
5. Excel avanzado. Créditos: 1,35
6. Teoría Xeral do Seguro. Créditos: 0,9
7. O Seguro do Automóbil. Créditos: 0,9
8. Os Seguros de Empresa: Análise e Tratamento dos Riscos na Empresa. Créditos: 1,8
9. Os Seguros Persoais. Créditos: 2,7
10. Outros Seguros. Créditos: 0,45
11. Xestión de Empresas de Seguros. Créditos: 0,9
12. Mercadotecnia de Servizos Financeiros e Relacional. Créditos: 0,68
13. Orientación ao Mercado e Atención ao Cliente. Créditos: 0,68
14. Plan de Mercadotecnia de Entidades Financeiras. Créditos: 0,68
15. Técnicas e Desenvolvemento de Capacidades Comerciais. Créditos: 1,35
16. Mercados de Renda Fixa. Créditos: 1,8
17. Mercado de Renda Variabe. Créditos: 1,58
18. Técnicas de Análise Bolsista e Xestión de Carteiras. Créditos: 4,5
19. Productos Derivados e Estructurados. Créditos: 1,58
20. Mercados Internacionais. Créditos: 0,9
21. Análisis Económico - Financiero de los Estados Contables de las Entidades Financieras: la Contabilidad Bancaria. Créditos: 0,9
22. Análise Económico-Financeira Empresarial: Aplicacións Informáticas. Créditos: 2,02
23. Sistema Financeiro: Estructura e Xestión de Entidades Financeiras. Créditos: 0,45
24. Regulacións da Actividades Financeira: Institucións e Políticas Finaceiras. Créditos: 0,68
25. Análise de Riscos e Xestión de Activos e Pasivos: o Risco de Crédito. Créditos: 4,5
26. Medios de pago. Créditos: 2,25
27. Dereito Bancario. Créditos: 0,68
28. Problemática Fiscal das Operacións Financeiras. Créditos: 1,8
29. Proxectos e traballos dos alumnos. Créditos: 9,28
30. Conferencias. Créditos: 1,2
31. Prácticas tuteladas en empresas. Créditos: 12

Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:
Curso de Especialización en Banca e Institucións Financeiras (EC14)
Curso de Experto en Seguros (FC03)

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00