|
|
Máster en Rexeneración Urbana e Rehabilitación
Código: MC67
| Núm. de créditos: |
50 |
|
Data Inicio: |
08/11/12 |
|
Inicio Preinscrición: |
10/09/12 |
| Edición: |
1 |
|
Data Finalización: |
20/07/13 |
|
Fin Preinscrición: |
31/10/12 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
28/09/12 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
30 |
|
Prezo Euros: |
2.300,00 |
|
Inicio Matrícula: |
05/11/12 |
| Máximo alumnos: |
36 |
|
Núm. prazos de pago fraccionado: |
3 |
|
Fin Matrícula: |
08/11/12 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Economía Financeira e Contabilidade |
| Directores: |
|
Calendario pagamento fraccionado |
| José Antonio Redondo López |
|
1º: 2º: 3º:
| 1.150,00 € 575,00 € 575,00 €
| 15/10/12-17/10/12 07/01/13-18/01/13 15/03/13-04/03/13
|
| Obxectivos do curso: |
Nuns momentos nos que se fai imprescindible unha nova formulación das nosas relacións co planeta e das nosas formas de convivencia, o Máster en Rexeneración Urbana e Rehabilitación proponse situar o alumno ante as circunstancias nas que se debe intervir na cidade e o territorio hoxe en día, ofrecéndolle unha visión da rehabilitación acorde cunhas esixencias en materia de xestión de recursos, sostibilidade, participación cidadá e economía sempre crecentes, ao mesmo tempo que reivindica á cidade como patrimonio común dunha sociedade.
Para iso, o Máster pretende apoiar a recuperación da sabedoría contida nos sistemas construtivos tradicionais, irreflexivamente substituídos moitas veces por outros menos eficientes, reivindicar un cambio no deseño das nosas cidades e da nosa ocupación do territorio, claramente insostibles, e colaborar na busca de alternativas urbanas e territoriais que mitiguen os desequilibrios sociais producidos por un modelo de desenvolvemento manifestamente en crise.
Metodoloxicamente, o Máster presta especial atención á súa parte práctica, na que se desenvolverán diversos traballos baixo a dirección de profesores como Albert Cuchí, Xavier Monteys e Ignacio Paricio, con sesións de debate a cargo dos arquitectos Manuel Gallego Jorreto e Víctor López Cotelo. Para o desenvolvemento destes traballos prácticos contarase co apoio de 150 horas de clases teóricas, impartidas por un panel de prestixiosos profesores procedentes de toda España.
Desta forma, o Máster pretende axudar a que os seus alumnos encontren un camiño profesional propio que lles permita responder eficazmente ás novas demandas en materia de rexeneración urbana e rehabilitación ás que debemos facer fronte. Como complemento ás clases prácticas e teóricas, o curso inclúe a realización dun mes de prácticas nunha Oficina de Rehabilitación galega.
Está dirixido a calquera profesional interesado en integrarse activamente nos procesos de rexeneración urbana que deberán levarse a cabo no noso país nos próximos anos, e que deberán cumprir cos esixentes obxectivos ambientais europeos para o período 2020-2050: profesionais liberais, técnicos da administración pública, responsables políticos, responsables de empresas construtoras, etc. |
| Requisitos de acceso: |
Arquitectos. arquitectos técnicos. economistas. historiadores. historiadores da arte. xeógrafos e outros licenciados e diplomados en titulacións relacionadas coa rexeneración urbana e a rehabilitación. De acordo co apartado 2. do artículo 3 do Regulamento dos Estudos de Posgrao Propio e Formación Continua poderán ser admitidos nun Máster, cando así se dispoña na programación deste ou por acordo posterior da Comisión de Posgrao, os alumnos que teñan superados os créditos do primeiro ciclo das actuais titulacións de dous ciclos, sempre que non lle falten máis de 30 créditos para obter a titulación. En todo o caso, para poder obter o título de Máster, o alumno deberá posuír a condición de titulado antes de acabar o ano académico correspondente ós estudos. Os alumnos que cursaran estudos nun Master e non tiveran dereito ao título poderán solicitar unha certificación de ditos estudos. |
| Lugar de preinscrición: |
Facultade de CC. Económicas e Empresariais. Avda. do Burgo, s/n. Campus Norte 15782 Santiago de Compostela. |
| Sistema de selección: |
| Expediente académico. currículo. carta de motivacións e resumo dun traballo profesional recente ou do Proxecto Fin de Carrreira. |
| Procedemento de Avaliación: |
| Para obter a cualificación de apto é necesario asistir ao 80% das horas do curso, completar satisfactoriamente o período de prácticas e que todos os traballos prácticos que se formularán ao longo do Máster sexan avaliados positivamente. |
| Titorías: |
| As titorías do curso se desarollarán en tres niveis, a cargo dos directores dos traballos prácticos, dos directores das sesións de debate e dos profesores responsables do taller de prácticas. Están programadas ao longo de todo o Máster, e polo seu contido e duración serán paralelas á realización dos traballos prácticos. |
| Calendario: |
Xoves pola tarde, venres pola mañá e pola tarde e sábados pola mañá. Ademais, 6 xoves pola mañá (13 e 20 de decembro de 2012, 14 e 21 de marzo, 27 de xuño e 4 de xullo de 2013). Horario: mañás, de 10:00 a 14:30, e tardes, de 16:00 a 20:30.
Centro de Estudos Avanzados.Parque de Vistalegre (Xardins de Mosquera Pérez). Calle Salvadas s/n. 15705 Santiago de Compostela |
| Programa: |
1. Técnicas Construtivas. Créditos: 7,2 2. Xestión integral da rexeneración urbana. Créditos: 8,4 3. Taller de proxectos. Créditos: 27,73 4. Prácticas tuteladas en empresas. Créditos: 6,67 |
|