accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Posgrao propio » Formularios
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Formularios e Impresos Posgrao Propio e Formación Continua

Estudantes

Solicitude de admisión en cursos de posgrao propio ou de formación continua (P10) Impreso para solicitar a admisión nun curso de posgrao (Máster / Especialización) ou de formación continua. Debe remitirse ao Departamento ou Centro que organiza o curso (consultar enderezos).

Solicitude de matrícula en cursos de posgrao propio ou de formación continua (P11) Impreso para solicitar a matrícula nun curso de posgrao (Máster / Especialización) ou de formación continua. Debe presentarse na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA (Pavillón estudiantil - Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela) nos prazos de matrícula publicados para cada curso.

Solicitude de bolsa de matrícula en cursos de posgrao propio  (P40) Impreso para solicitar bolsa de matrícula en cursos de posgrao. Máis información

Cursos

Relación de admitidos nun curso de posgrao propio e formación continua (P20) Documento opcional para remitir ó CPTF a relación de alumnos admitidos nun curso de posgrao.

Elaboración de propostas de Cursos de Posgrao propio e Formación Continua.

Memoria final cursos de posgrao propios. As memorias finais dos cursos de posgrao son obrigatorias e presentaranse, con carácter xeral, no prazo dun mes desde a finalización do curso.

Prácticas

Convenios de prácticas con empresas

Modelo de convenio para a realización de prácticas (P60) Modelo de convenio a asinar entre a USC e unha empresa para a realización de prácticas dos alumnos matriculados nun curso de posgrao. Estes convenios deben ser asinados polo Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, por delegación do reitor.

Modelo de convenio para a realización de prácticas (P60C) Versión en castelán. Modelo de convenio a asinar entre a USC e unha empresa para a realización de prácticas dos alumnos matriculados nun curso de posgrao. Estes convenios deben ser asinados polo Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, por delegación do reitor.

Ficha nomeamento de bolseiro (P60) Modelo de ficha de noemamento de bolseiro ao abeiro dun convenio asinado entre a USC e unha empresa para a realización de prácticas dos alumnos matriculados nun curso de posgrao. Estas fichas deben ser asinadas polo Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, por delegación do reitor.

Ficha nomeamento de bolseiro (P60C) Versión en castelán. Modelo de ficha de noemamento de bolseiro ao abeiro dun convenio asinado entre a USC e unha empresa para a realización de prácticas dos alumnos matriculados nun curso de posgrao. Estas fichas deben ser asinadas polo Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, por delegación do reitor.

Realización de prácticas dentro das propias instalacións ou servizos da USC

Modelo de resolución. Modelo de resolución da Universidade de Santiago de Compostela pola que se establecen as prácticas de estudantes que participan en cursos de posgrao dentro das propias instalacións ou servizos da universidade. Esta resolución debe ser asinada polo Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, por delegación do reitor.

Ficha de nomeamento de alumno/-a en prácticas. Modelo de ficha de nomeamento de alumno/-a en prácticas ao abeiro da resolución da Universidade de Santiago de Compostela pola que se establecen as prácticas de estudantes que participan en cursos de posgrao dentro das propias instalacións ou servizos da universidade. Esta ficha debe ser asinada polo Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, por delegación do reitor.

Conformidade do responsable do Servizo/instalación receptor da USC. Modelo de conformidade que debe ser asinado polo responsable do Servizo/instalación da USC que reciba aos alumnos en prácticas.

Xestión de persoal con cargo a Cursos de Posgrao

Calculadora de importes de contratos laborais.  A través da calculadora de contratos poderá realizar o cálculo da totalidade do custo do contrato,  a ter en conta nos orzamentos da proposta do curso de posgrao  e formación continua.

Proposta de contratación de persoal con cargo a cursos de posgrao propio (P65) Documento para tramitar propostas de contratación de persoas con cargo a partidas de cursos de posgrao e formción continua. A proposta debe ser asinada polo director e responsable de asuntos económicos. Enviarase ao CPTF, e desde esta oficina ao Servizo de Xestión de Persoal para confeccionar o contrato. É imprescindible que as persoas a contratar aparezan relacionadas na proposta do curso.

Proposta de prórroga de contratación de persoal con cargo a cursos posgrao propio (P65B) Documento para tramitar propostas da prórroga de contratación de persoas con cargo a partidas de cursos de posgrao. A proposta debe ser asinada polo director e responsable de asuntos económicos. Enviarase ao CPTF, e desde esta oficina ao Servizo de Xestión de Persoal para confecciona-lo contrato. É imprescindible que as persoas a contratar aparezan relacionadas na proposta do curso.

Proposta de nomeamento de bolseiros con cargo a cursos de posgrao propio ou formación continua (P70) Documento para tramitar propostas de nomeamento de bolseiros con cargo a partidas de cursos de posgrao propio. A proposta debe ser asinada polo director e responsable de asuntos económicos. Enviarase ao CPTF, e desde esta oficina ao Servizo de Xestión de Persoal para confeccionar o contrato.

Proposta de nomeamento de bolseiros de colaboración con cargo a cursos de posgrao propio ou formación continua (P70B) Documento para tramitar propostas de nomeamento de bolseiros de colaboración, elixido tras convocatoria pública entre os alumnos matriculados no curso. A proposta debe ser asinada polo director e responsable de asuntos económicos. Enviarase ao CPTF, e desde esta oficina ao Servizo de Xestión de Persoal para confeccionar o contrato.

Proposta de nomeamento de PAS Colaborador con cargo a cursos (P75) Documento para tramitar propostas de nomeamento de PAS  con cargo a partidas de cursos de posgrao. A proposta debe ser asinada polo director e responsable de asuntos económicos. Enviarase ao CPTF, e desde esta oficina ao Servicio de Xestión de Persoal

Proposta de retribución por Dirección, Coordinación ou Profesorado con cargo a cursos (P80) Documento para tramitar propostas de retribución de directores, coordinadores ou profesorado  con cargo a partidas de cursos de posgrao. A proposta debe ser asinada polo director e responsable de asuntos económicos. Enviarase ao CPTF, e desde esta oficina ao Servizo de Xestión de Persoal

Proposta de retribución de persoal alleo a USC con cargo a cursos (P85) Documento para tramitar propostas de retribución de persoal alleo a USC con cargo a partidas de cursos de posgrao (este persoal só poderá ser retribuído 3 veces ao ano como máximo e de forma non consecutiva). A proposta debe ser asinada polo director e responsable de asuntos económicos. Enviarase ao CPTF, e desde esta oficina ao Servizo de Xestión de Persoal.

Proposta de retribución en concepto de gratificación (P95) Documento para tramitar propostas de retribución en concepto de gratificación para bolseiros de investigación e persoal contratado con cargo a proxectos de investigación, os cales desempeñen tarefas puntuais de colaboración nos cursos de posgrao propio e formación continua (este persoal só poderá ser retribuído 3 veces ao ano como máximo e de forma non consecutiva). A proposta debe ser asinada polo director e responsable de asuntos económicos. Enviarase ao CPTF, e desde esta oficina ao Servizo de Xestión de Persoal.

Solicitude certificados profesorado

Impreso de solicitude de certificados de posgrao propio para o profesorado Documento para solicitar a acreditación da docencia/dirección/coordinación en Cursos de Posgrao e Formación Continua

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00