|
Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua |
![]()
CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE MATRÍCULA PARA OS ALUMNOS DE CURSOS DE POSGRAO(Aprobados os criterios complementarios para a concesión de bolsas de posgrao en Consello de Goberno o 12 de xuño de 2003 . Aprobados os criterios para a concesión de bolsas de posgrao en Xunta de Goberno de 23 de abril de 2002) |
|||
|
|||
![]()
| Estudios de Posgrao e Formación Continua |
|
|
|
1. Obxectivos As
bolsas aquí reguladas serán de aplicación unicamente para o acceso ós cursos
de posgrao (máster e especialización) impartidos na Universidade de Santiago
de Compostela, de acordo co Regulamento de Estudios de Posgrao e Formación
Continua (en adiante REPFC), aprobado por Xunta de Goberno o 22 de decembro de
1999. 2. Oferta de bolsasPara a determinación da contía e número de bolsas en cada curso de posgrao seguiranse os pasos descritos a continuación: 2.1. Determinación do número de alumnos As propostas de cursos de posgrao contemplarán un número estimado mínimo de prazas, cifra que servirá de base para o cálculo dos orzamentos do curso. De acordo coa normativa dos cursos de posgrao, o número mínimo de alumnos é aquel que, no caso de cubrirse, compromete ós promotores do curso á súa celebración. 2.2. Determinación do prezo da matrícula A
cantidade proposta como prezo da matrícula deberá respecta-los límites
aprobados pola Comisión de Posgrao e, de se-lo caso, polo Consello Social da
Universidade. Para a súa determinación tomarase o coste real do curso,
deducindo, de se-lo caso as aportacións externas, e dividirase entre o número
mínimo de alumnos. 2.3. Contía individual e número das bolsas Cada bolsa de matrícula suporá unha reducción do 75 % do prezo da matrícula, determinado conforme co apartado 2.2. O número de bolsas a ofertar será o equivalente de dividir o número mínimo de alumnos entre 7,5 e redondeando esta cifra o número enteiro máis próximo. 2.4.
Cursos
que non alcanzan o número mínimo de alumnos 2.5. Cursos que reciban subvencións para o seu desenvolvemento Aqueles cursos que reciban subvencións para financia-la súa celebración ateranse ó disposto no artigo 20 do Regulamento dos Estudios de Posgrao e Formación Continua (modificación aprobada pola Xunta de Goberno de 23 de abril de 2002) 3. Formalización das solicitudesA solicitude de bolsa farase conxuntamente coa solictude de admisión no curso de posgrao, durante o prazo que para este último fin se estableza. As solicitudes presentaranse no modelo oficial (que estará a disposición dos interesados en Internet no enderezo http://www.usc.es/cptf/) xunto coa solicitude da admisón no curso de posgrao, no plazo e forma que se establezca, e deberán ir acompañadas pola documentación que permita acredita-la indentidade dos solicitantes así como valora-los estudios universitarios realizados que se vaian utilizar como criterios na selección. En concreto deberán aportar: - Copia do DNI. - Certificación dos estudios de primeiro e segundo ciclo e, de se-lo caso, de terceiro ciclo realizados. - Acreditación das bolsas da convocatoria xeral e/ou de mobilidade de primeiro e segundo ciclo do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes obtidas. - Declaración da situación laboral do interesado, de acordo co establecido no apartado 4.b) - Curriculum vitae. 4. Requisitos dos solicitantesPara
ser beneficiario dunha bolsa de matrícula, ademais de resultaren admitidos no
curso de posgrao para o cal se solicita, os aspirantes deberán cumpri-los
seguintes requisitos:
a)
Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para o obtención do título
de diplomado, licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha facultade,
escola técnica superior ou escola universitaria, incluíndo o proxecto ou
traballo de fin de carreira, de se-lo caso, despois do 1 de xaneiro de 1996.
b)
Non ter unha relación laboral ou
percibir o subsidio de desemprego no momento da resolución da convocatoria de
becas.por unha contía superior a doce mil euros.
c)
Non
disfrutar, nin ter disfrutado en anos anteriores, doutra bolsa nalgún dos
cursos de posgrao ofertados na Universidade de Santiago de Compostela, ou ben
que fora concedida por outra institución que teña a mesma finalidade. 5. Criterios de selecciónA
selección dos candidatos efectuarase por parte da Comisión Académica do curso
de posgrao no que o alumno solicite a bolsa. Para
a adxudicación das bolsas a Comisión Académica ordenará as solicitudes tendo
en conta a puntuación obtida de acordo co seguinte baremo: A.
Bolsas do MECD: máximo 6 puntos (2 puntos por cada un dos tres últimos
anos da licenciatura ou diplomatura nos que o alumno obtivera bolsas da
convocatoria xeral e/ou de mobilidade de primeiro e segundo ciclo do Ministerio
de Educación, Cultura e Deportes) B.
Licenciatura: máximo 4 puntos, en función da nota media do expediente
académico. A nota media calcularase seguindo o procedemento establecido na
normativa de xestión académica da USC publicada por Resolución Rectoral do 19 de abril de 2005. No caso da posuír máis de unha titulación terase en conta
unicamente a que se utilice como referencia para a admisión no curso de posgrao.
C.
Estudios de terceiro ciclo: máximo 2 puntos (superación do período de
docencia, 1 punto; obtención do DEA ou suficiencia investigadora, 2 puntos) D. Tempo transcurrido desde a obtención da licenciatura ou diplomatura: á cantidade resultante de suma-la puntuación obtida nos tres apartados anteriores restaráselle o número resultante de sustraer ó ano en curso o ano no que o solicitante obtivo o requisito establecido no punto 5.B. Para os que realizaran estudios de terceiro ciclo non se lle descontarán 1 ou 2 anos, segundo teñan superado o período de docencia ou estean en posesión do DEA, respectivamente E.
Outros méritos: ata 1 punto. A comisión académica fixará con antelación
os criterios a utilizar neste apartado Os
solicitantes deberán ter unha puntuación mínima de 5 puntos para poderen ser
bolseiros, dos cales 1,5 puntos deben corresponder á valoración do apartado
5.B. Cando
concorran conxuntamente aspirantes que realizaran os seus estudios no
estranxeiro e en España, co fin de facilita-la aplicación dos criterios
mencionados, dividirase o número de bolsas a conceder en dous grupos,
ponderando o número de bolsas co número de admitidos de cada un dos grupos
citados. 6. Contía das bolsasOs candidatos que obteñan unha bolsa das reguladas no apartado 2.a) terán dereito a matrícula reducida no curso de posgrao no 75 % do seu importe. Excepcionalmente, e sempre logo da autorización previa por parte da Comisión de Posgrao, poderanse conceder bolsas por outra porcentaxe do prezo da matrícula. 7. TramitaciónA
Comisión Académica na tramitación das bolsas axustarase ó seguinte
procedemento: -
Comprobación
de que todas as solicitudes cumpren os requisitos establecidos. -
Publicación
da Lista de solicitudes admitidas e excluídas (sinalando no seu caso a causa da
exclusión). -
Establecemento
dun prazo de reclamación e aportación de documentación de 5 días hábiles
dende a data de publicación da lista de admitidos e excluidos.
8. ResoluciónUnha
vez publicada a lista definitiva de solicitudes de bolsa, a Comisión
Académica fará pública a resolución de alumnos admitidos indicando aqueles
solicitantes obtiveron bolsa de matrícula. Para estes efectos o CPTF prestará
o apoio e asesoramento que sexan necesarios, co fin de garantir que a aplicación
desta norma sexa o máis correcta, homoxénea e áxil posible. A
non admisión no curso de posgrao implica a denegación da bolsa. Os
directores do curso de posgrao enviarán ó CPTF no formato que se estableza (e
que estará dispoñible na web) a relación dos alumnos admitidos no curso,
indicando para cada un deles a concesión ou non de bolsa e o importe que lles
corresponde abonar. 9. ReclamaciónsUnha
vez publicadas as relacións de solicitantes que acadaron a bolsa e dos que non
o fixeron darase un prazo de 10 días para formular unha reclamación ante a
Comisión de Posgrao. As
reclamacións presentaranse ante a Comisión Académica do curso, quen as
remitirá ó CPTF acompañadas de toda a documentación necesaria, e dun informe
sobre o contido da reclamación. 10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axudaOs bolseiros están
obrigados a asistiren ás clases e seguir con aproveitamento os estudios
correspondentes ó curso de posgrao. O incumprimento por parte do bolseiro
dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa
concedida e, de se-lo caso, a obriga de abona-lo importe correspondente. 11. TransitoriaAs
bolsas concedidas de acordo coa anterior normativa en cursos con carácter
plurianual seguirán reguladas por dita regulación. |
|