Instrucción
sobre a xestión económica derivada dos cursos de posgrao
O Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF),
logo de transcorre-lo primeiro curso académico no que se aplicou o
Regulamento dos estudios de posgrao e formación continua, aprobado pola
Xunta de Goberno o 22 de decembro de 1999, e tra-lo acordo da Comisión
de Posgrao do día 27 de xullo de 2001, resolveu dicta-la norma que
segue para facilita-la xestión económica dos cursos de posgrao e
formación continua, a partir do ano académico 2001-2002.
1.
Para os efectos da presente norma, enténdese por cursos
a aquelas programacións de cursos de posgrao (máster e cursos de
especialización) ou cursos de formación continua que sexan debidamente
aprobados pola Comisión de Posgrao conforme co Regulamento de Estudios
de Posgrao e de Formación Continua.
2.
As propostas de cursos para seren sometidas á
aprobación dos órganos correspondentes presentaranse nos formularios
establecidos para o efecto, e conterán o orzamento de cada curso, o cal
deberá ser equilibrado.
3.
Para estes efectos, orzamento equilibarado equivale a que os gastos
totais sumarán o mesmo que os ingresos dispoñibles, sendo esta última
cifra a cantidade resultante de lle deducir ós ingresos íntegros os
custes indirectos da Universidade (10 % de tódolos ingresos agás os
remanentes) así como os custes indirectos por participación de persoal
da USC nos cursos (15 % da suma de retribucións de profesorado da USC,
gastos de dirección e coordinación, sempre que este persoal sexa da
USC)
4.
Os custes indirectos sobre os ingresos (10 %) serán deducidos
automaticamente polo CPTF no momento de propoñer as transferencias ou
xeracións de crédito ás partidas de gasto creadas para os cursos de
posgrao e de formación continua.
5. Os
custes indirectos derivados da participación do persoal (15 %)
serán retidos polos Responsables de Asuntos Económicos de cada partida
no momento en que a súa dotación económica o permita. A execución
desta cantidade, é decir, a súa tranferencia á partida do
Departamento, Instituto Universitario, ou Centro docente farase logo da
finalización do curso polo importe definitivo dos conceptos que se
toman como base do cálculo. Non obstante, e por solicitude da dirección
do curso ou do Departamento, pódese anticipar ata o 75 % desta
cantidade, logo da autorización do CPTF. No caso de que o orzamento do
curso sufra as modificacións previstas no apartado 7, esta retención
deberá actualizarse.
6. As partidas
de gasto aperturadas serán únicas para cada curso e edición dos
mesmos. Como excepción, os cursos múltiples, é decir, aqueles que
estean formados por un curso matriz e un ou varios cursos derivados
compartirán a mesma partida, a menos que por parte da dirección do
curso se estime máis conveniente telas diferenciadas. Salvo autorización
expresa do CPTF non se permitirán abonar gastos con cargo a unha
partida dun curso que xa finalizara.
7. O
orzamento dos cursos conterá os ingresos e gastos diferenciados por
subconceptos. Os ingresos entenderase que son estimativos, e
calculados en tódolos casos tomando como criterio o número mínimo de
alumnos programado para ese curso. Os gastos serán limitativos a
nivel de subconcepto, e calquera modificación substancial deberá ser
comunicada. En calquera caso deberase respecta-lo princpio de
suficiencia financeira para incrementa-los gastos dun subconcepto.
8. Unha
vez finalizado o prazo de matrícula e / ou coñecidas as cantidades que
en concepto de subvención, axuda ou contraprestación vaia recibi-lo
curso, os promotores poderán reelabora-lo orzamento, co fin de
axusta-los gastos ós ingresos efectivamente recadados. No caso de que
estes axustes afecten á participación do profesorado ou doutro persoal,
deberán igualmente comunicarse, e respectaranse en todo caso os mínimos
establecidos no artigo 10.f) do Regulamento, debendo ser autorizadas
estas modificacións pola Comisión de Posgrao.
9. Os axustes
no orzamento ós que se refire o número anterior non poderán:
a.
Incrementa-lo prezo da matrícula
b.
Incrementa-las retribucións por hora do profesorado, directores
e coordinadores
Poderíase, sen embargo,
autorizar melloras ou novas incorporacións con cargo tanto ó
incremento de ingresos obtido, como da disminución de gastos
experimentada, se fose o caso.
10. Logo
da aprobación dun curso polos órganos que corresponda, o CPTF poderá anticipar
á partida que se cree para o seu desenvolvemento, e por petición da
dirección do curso, unha cantidade a conta dos ingresos futuros do
curso. Estas cantidades máximas serán acordadas anualmente pola Comisión
de Posgrao; do mesmo xeito se aprobará a forma de cancelación nos
casos en que o curso non chegue a inciarse.
11. As
retribucións derivadas de cursos ás que se refire a presente
instrucción ós directores e coordinadores dos mesmos,
aboaránse en todo caso a través do Servicio de Xestión de Persoal na
nómina mensual. Para isto, deberá tramitarse a través do CPTF as
propostas de pagamento coa suficiente antelación nos formularios que se
establezan para estes efectos.
12. Do
mesmo xeito que o mencionado no apartado anterior aboaranse as retribucións
do profesorado da USC e externo, así como do resto do persoal,
incluídos os bolseiros, cando a percepción destas retribucións sexa periódica
e se extenda a varios meses.
13. As
demais retribucións faranse efectivas utilizando os formularios
establecidos, con cargo ás contas de anticipos a xustificar dos
centros de gasto.
14. As
propostas de contratación de persoal que sexa preciso facer,
tramitaranse a través do CPTF utilizando os modelos normalizados que se
establezan.
15. O
CPTF non tramitará o abono de ningunha retribución cando o persoal
afectado non figure na programación do curso que foi aprobada.
16. En
tódolos casos, o RAE deberá face-las oportunas retencións de crédito
na partida do curso.
17. Poderán
utilizarse as axudas de custo e locomoción, cos límites
mencionados no apartado 13, para os desprazamentos que o profesorado,
persoal ou bolseiros do curso deban facer para atende-las necesidades da
súa programación académica, sempre que estas se especifiquen na
programación e estean suficientemente xustificadas. En ningún caso se
utilizará esta figura para remunerar calquera tipo de actividade.
18. Cando,
en virtude de convenio con empresas ou institucións para a
realización de prácticas dos alumnos, os mencionados organismos
lle aboen a estes algún tipo de bolsa ou indemnización, esta
circusntacia deberá reflectirse no convenio ou, de non ser así,
asinarse un anexo ó convenio que conteña esa información. En calquera
caso procederá o seu abono ós interesados mediante un nomeamento de
bolseiros logo da percepción do ingreso por parte da USC, o cal deberá
vir acompañado por unha relación nominativa de perceptores.
19. Os
alumnos abonarán dentro dos prazos que se establezan as
cantidades que correspondan de acordo coa programación do curso
aprobada, e coa súa consideración ou non como bolseiros. No momento da
matrícula deberá abonarse o primeiro prazo.
21. As
solicitudes de anulación de matrícula, e a conseguinte devolución
do importe aboado atenderase nos seguintes casos:
a.
Atenderanse en tódolos casos as solicitudes presentadas antes da
finalización do prazo de matrícula.
b.
Atenderanse as solicitudes presentadas logo da finalización do
prazo anterior e anteriores ó inicio do curso, sempre que conten con
informe favorable da dirección.
c.
As solicitudes presentadas con posterioridade ó inicio das
actividades do curso non darán lugar a devolución, salvo causas
imputables á Universidade ou motivos extraordinarios e probados que lle
ocorreran ó interesado. Neste último caso é preciso ademais informe
favorable da dirección do curso.
22. As
memorias dos cursos, que deberán ser presentadas no CPTF dentro
do mes seguinte á data de finalización dos cursos, conterán como mínimo
os datos académicos, de profesorado, alumnado e económicos de acordo
co modelo normalizado que se estableza. A súa aprobación é
indispensable para a celebración da seguinte edición do curso, e tamén
para a utilización do posible remanente. Polo que respecta á parte
económica da memoria, non se aprobarán aquelas que presenten déficit
ou que incumpran o disposto na presente instrucción.
25. Unha
vez aprobada a memoria, o CPTF, logo de face-las comprobación contables
oportunas, autorizará cando se cumplan os requisitos anteriores, a
transferencia de crédito necesaria para que o remanente dunha
edición sexa incorporado á partida da nova edición do curso.
Santiago
de Compostela, 31 de xullo de 2001.
O
DIRECTOR EN FUNCIÓNS DO CENTRO DE POSGRAO,
TERCEIRO
CICLO E FORMACIÓN CONTINUA,
José
Ramón Leis Fidalgo
|