Establécense os seguintes
prazos preferentes para a elaboración e presentación de propostas
de cursos de Posgrao Propio e Formación Continua para o vindeiro
curso académico 2010-2011:
Propostas de renovación de cursos:
ata o 26/02/2010
Propostas de cursos novos (1ª edición):
ata o 15/03/2010
Coa finalidade de axilizar a aprobación e posta en marcha das propostas, se procederá a enviar aos cursos vixentes no ano 2009/10 o formulario cuberto cos datos correspondentes á última edición, tal como figuran no Centro de Posgrao Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF), para que introduzan as modificacións que estimen oportunas. Este envío realizarase vía correo electrónico, a partir do 27 de xaneiro.
Deberán utilizar os
formularios para a elaboración das propostas, e remitilos por
correo ordinario, así como por correo electrónico (cptf@usc.es).
Ademais das instrucións
que acompañan a este formulario, é preciso ter en conta que:
1- Todas as propostas
deben vir debidamente cubertas, tanto nos aspectos académicos
como económicos.
2- Por acordo do
Consello Social o prezo máximo por crédito dos cursos de posgrao
e formación continua é de 120€; este importe non se debería
superar para as retribucións/hora dos profesores por dirección,
coordinación e docencia.
3- Dende o curso 2005-06
o importe do seguro ten que ser pagado polo alumno xunto co
prezo público por matrícula.
4- As taxas por diplomas
e títulos serán aboadas, en todos os casos, polos alumnos, agás
que o director(a) do curso indique na proposta inicial que as
devanditas taxas están incluídas no prezo de matrícula.
5- As propostas deben
vir asinadas en todas as súas follas polos directores/as do
curso.
6- Equipáranse os
créditos presenciais e non presenciais (1 crédito=10 horas).
7- Lémbrase a obriga de presentar a Memoria Académica e Económica da edición anterior do curso, sempre e cando estea rematado, co visto e prace do centro responsable. Xa está dispoñible na nosa páxina web o formulario para cubrir as memorias, que se deberá enviar por correo electrónico e por correo ordinario. O exemplar en papel debe estar asinado en todas as follas polos directores/as e co visto e prace do director/a do departamento, decano/a ou director/a do centro ou director/a do instituto universitario que actúe como responsable.
A Comisión de Posgrao
Propio non tramitará propostas de renovacións dos cursos que
teñan pendentes a entrega de memorias de edicións anteriores.
8- Para o cálculo dos
importes de contratación de persoal, retribucións por
dirección, coordinación, docencia e por colaboración de PAS nos
cursos de posgrao propio, está dispoñible na páxina web do CPTF:
http://www.usc.es/cptf/Postgrado/Formularios/InfFormulariosPosgraog.htm#CalculadoraContratos
unha ligazón á calculadora de importes de contratos laborais da OIT.
9- Para calquera dúbida poden dirixirse ás seguintes extensións:14409, 14363 e 14360 do CPTF.
10- Pode consultar
toda a información relativa á convocatoria no seguinte enlace:
http://www.usc.es/cptf/Postgrado/PropostasCursosPosgraog.htm
Santiago de
Compostela, 4 de febreiro do 2010
Máximo Pló Casasús
O Vicerreitor de Oferta
Docente
e Espazo Europeo de Educación Superior