versión para discapacitados
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Posgrao propio » Elaboración de Propostas de Cursos » Prácticas en Empresas
Seccións
Presentación
Persoal
Terceiro ciclo
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Prácticas en Empresas para Posgraos Propios da USC

Durante os últimos anos incrementouse sensiblemente o número de estudantes de cursos de posgrao propio da USC que realizan prácticas en empresas como complemento da formación recibida neses cursos, a vista do cal parece necesario establecer criterios claros polos que se regulen os procesos relacionados coa oferta e xestión de ditas prácticas. Estes criterios serán de aplicación para aqueles cursos de posgrao da USC que se desenvolvan a partir do curso académico 2007-2008.

Realización de prácticas:

Os alumnos de cursos de posgrao propio poderán realizar (con carácter optativo) prácticas nas empresas ao abeiro do convenio (modelo P60 ou P60C) que regula dita actividade. A xestión do convenio entre as empresas e a Universidade de Santiago de Compostela levarase a cabo polo CPTF previa comunicación da información necesaria para a elaboración do mesmo por parte da dirección do curso de posgrao.

Os alumnos poderán comezar o período de prácticas tras a formalización do devandito convenio e unha vez cuberta a ficha de identificación obrigatoria que deberá ser asinada por parte da empresa na que o alumno vai a realizar as prácticas e polo Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior. Unha vez resoltos os anteriores trámites o CPTF garantirá o aseguramento do alumno polo prazo que se estableza na ficha de nomeamento de bolseiro.

Os cursos de posgrao propio poderán ofertar, con carácter voluntario, prácticas en empresas. Estas poderán ser incorporadas na súa oferta publicitaria, deixando claro que, ainda que se favorecerá a súa realización, non existe en ningún caso a obriga por parte da USC de garantila e que esta só se fará efectiva na medida en que se asinen os respectivos convenios.  

A oferta de prácticas deberá incluirse dentro da solicitude dun novo curso ou na renovación dun curso con carácter meramente informativo. O número de horas de prácticas non se computará dentro das horas lectivas necesarias para a obtención do título de posgrao. Excepcionalmente, en función das particularidades do curso poderá solicitarse o seu cómputo como horas lectivas, en cuxo caso deberán ser autorizadas pola Comisión de Posgrao Propio, terán carácter obrigatorio e se garantirá a súa realización.

Bolsas:

Cando froito do convenio de prácticas se estableceran bolsas para os alumnos, a xestión dos correspondentes pagos poderá ser levada a cabo pola empresa na que se realicen as prácticas. Alternativamente, os pagos poderían discorrer a través da Universidade. Neste último caso, sobre as contías globais que se xestionen desde a USC se aplicará unha retención do 10% por parte da Universidade como gastos de xestión; ademais, se aplicarán as retencións tributarias que correspondan.

Duración e prórroga das prácticas:

Con caracter xeral as prácticas terán unha duración mínima de dous meses e máxima de nove meses.

 Excepcionalmente, o período de prácticas fixado inicialmente poderá ser prorrogado de mutuo acordo entre as partes, representadas polos membros da comisión de seguimento do convenio. Dita prórroga deberá ser comunicada ó CPTF para (i) a formalización dun novo convenio, se fose preciso, (ii) a elaboración dunha nova ficha identificativa e (iii) garantir o aseguramento do alumno no novo período de prácticas. En todos os casos a duración do total das prácticas por alumno (incluidas prórrogas) deberá respectar o período máximo de prácticas explicitado anteriormente.

 Datas de realización das prácticas:

 As prácticas deberán realizarse dentro do período lectivo establecido para a realización do posgrao propio, ben sexa durante o período de docencia ou ben á finalización deste, ainda que normalmente antes da finalización do último ano académico no que se desenvolva o curso de posgrao (e dicir, antes do correspondente 30 de setembro). En ambos os dous casos os alumnos manterán a condición de alumnos da USC e o seu expediente non se pechará ata que finalicen o período de prácticas.

 No caso de alumnos de posgrao que non realicen prácticas poderán recibir o seu título á finalización do período de docencia. Mentres que os alumnos que realicen as prácticas deberan agardar ata finalizalas para recibir o seu título. Unha vez finalizadas as prácticas reflictiranse no reverso do título propio de posgrao, especificando (i) a duración e (ii) a empresa na que se realizaron. Esta información será  facilitada por parte do CPTF á Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua.

 Excepcionalmente os alumnos poderán finalizar ditas prácticas despois do último ano académico no que se desenvolva o curso de posgrao, tras a correspondente autorización da Comisión de Posgrao Propio, ainda que sempre deben iniciarse antes da finalización do último ano académico no que se desenvolva o curso de posgrao (e dicir, deben iniciarse antes do correspondente 30 de setembro).

 Certificacións ou actas para a expedición dos títulos:

 A dirección do curso de posgrao fará chegar ao CPTF a certificación ou acta correspondente a cada grupo de alumnos (ou cada alumno, cando sexa preciso) na que faga constar a superación do curso de posgrao unha vez rematadas todas as actividades a realizar polo(s) alumno(s) en relación co curso de posgrao en cuestión, as correspondentes ao periodo de docencia e tamén, se o(s) alumno(s) as realiza(n), as correspondentes a prácticas en empresa. A medida que cada grupo de alumnos (ou cada alumno) remate as actividades previstas en relación co curso de posgrao farase a certificación ou acta correspondente. O CPTF, unha vez comprobado que a certificación ou acta se cumplimenta tras a finalización das actividades a realizar por cada alumno enviará dita información á Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua para a expedición do título correspondente (ou, se fora o caso, dunha certificación).

  

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00