accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Terceiro Ciclo » Formularios
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios/Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Formularios e Impresos Doutoramento

Estudantes

Solicitude de matrícula complementaria en estudos de terceiro ciclo (T15)A matrícula complementaria é aquela que se fai en cursos de programas de doutoramento, e que non conduce á obtención do DEA (por exemplo, alumnos da etapa de tese que desexan facer un curso de doutoramento; alumnos doutras universidades, etc). Preséntase na Secretaría do Departamento responsable do programa.

Solicitude de admisión previa a trámite da tese de doutoramento (T50). Unha vez finalizada a tese, asínase polo doutorando e os directores, encadérnase, e preséntase na Secretaría do Departamento con este impreso.

Ficha TESEO (Novo modelo).  Ficha que contén os datos básicos da tese, incluíndo un resume, que debe ser cuberta polo doutorando e ainada polo Secretario do Tribunal, e enviada ó CPTF en papel e por correo electrónico unha vez celebrado o acto de defensa da tese. Máis información

Solicitude certificados profesorado

Impreso de solicitude de certificados de doutoramento para o profesorado. Documento para solicitar a acreditación da docencia/coordinación en Programas de Doutoramento, dirección de teses, dirección de proxectos de teses, formar parte de tribunais de teses e de TIT, titores de TIT e titores en etapa de tese.

Departamentos e Institutos

(só no caso de incidencias)  Impreso solicitude de admisión/inscripción na etapa de tese curso académico  Impreso que se debe cubrir e presentar no Departamento no cal está inscrito o proxecto de tese, para ser considerado como alumno desta etapa. A primeira vez presentarase simultaneamente co Impreso do proxecto de tese no Departamento (T35). Para presentar polos alumnos que inscriben por primeira vez o proxecto de tese nun Departamento, logo de obter o DEA, ou ben para modificar un proxecto xa presentado

Proposta de Tribunal Único do programa (T30). Formulario para que os Departamentos realicen á Comisión de Doutoramento ás propostas de tribunais únicos de cada programa de doutoramento. Os criterios aparecen no artigo 27 do Regulamento dos Estudios de Terceiro Ciclo.

Informe da tese (T62). Formulario que deben cubrir os membros do tribunal, avaliando a tese, previo á lectura da mesma.

Informe da tese para Mención Europea. Formulario que deben cubrir os dous expertos propostos para optar o doutoramento europeo.

Puntuacións para optar ó premio extraordinario (informe confidencial) (T63). Formulario que deben cubrir tódolos membros do tribunal, asignándolle á tese unha puntuación que será a que determine se esta pode optar ó premio extraordinario de doutoramento

Valoración  pola Comisión Xulgadora das teses que optan o premio extraordinario(T64A). Ficha individualizada de avaliación da tese que opta ó premio extraordinario que deben cubrir o Secretario da Comisión Xulgadora da Tese para a obtención do Premio Extraordinario.

Resolución da Comisión Xulgadora para a concesión do premio extraordinario(T64B). Resolución da Concesión do Premio Extraordinario de Doutoramento que deben cubrir o Secretario da Comisión Xulgadora da Tese para a obtención do Premio Extraordinario.

Solicitude de axuda para favorecer a mobilidade do profesorado participante nos estudos de Terceiro Ciclo(T-70). Formulario para favorecer a mobilidade do profesorado participe nos estudos de Terceiro Ciclo.

 

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00