accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Terceiro Ciclo » Bolsas e axudas
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Bolsas e Axudas da USC

Reparto da partida específica de terceiro ciclo aos Centros, Departamentos e Institutos Universitarios (acordo de Consello de Goberno do pasado 11 de febreiro de 2009)

Co fin de dar cumprimento ao acordo de Consello de Goberno do pasado 11 de febreiro de 2009 sobre o reparto da partida específica para os estudos de terceiro ciclo aos Centros, Departamentos e Institutos Universitarios, faise pública a distribución definitiva do crédito unha vez resoltas as reclamacións presentadas, consonte ao acordo adoptado pola Comisión de Doutoramento na reunión de 20 de novembro de 2009.

Nos casos nos que se reciba axuda polo apartado correspondente a Mobilidade do Profesorado, o/a coordinador/a do programa de doutoramento ou, no seu caso, o/a coordinador/a do POP deberá remitir ao CPTF un informe académico e económico relativo á axuda concedida, nun prazo non superior a un mes.

No enlace Circular do Reparto de Axudas poderán consultar a relación de cantidades asignadas a cada centro, departamento ou instituto. Das cantidades pormenorizadas, as relativas ao criterio 1.1 figuran anotadas no centro ou departamento organizador do programa; as restantes 1.2, 2.1 e 2.2 anótanse nos departamentos ou institutos aos que se adscribe o titor ou director do alumno; e as correspondentes ao criterio 3, de axuda á mobilidade, no centro, departamento ou instituto solicitante.

As cantidades correspondentes ao criterio 4 de apoio á Mención de Calidade, anótanse conforme ao indicado anteriormente nos casos nos que resulta de aplicación. Estas cantidades de apoio á Mención de Calidade resultan ampliadas no total do seu importe en 40.000,00€ grazas ao apoio económico do Vicerreitorado de Calidade e Planificación Estratéxica.

Das cantidades finalmente correspondentes a cada departamento/centro/instituto serán descontados os posibles importes non xustificados relativos ás axudas de mobilidade da convocatoria anterior.

Esta información seralle transmitida ao Servizo de Contabilidade e Presupostos co fin de que desde alí se efectúen as transferencias de crédito que procedan.

Así mesmo, facilítase o acceso ás informacións sobre as que se aplicaron os criterios de reparto, asociadas a cada centro, departamento ou instituto mediante o enlace que figura a continuación.

Datos e resultados da convocatoria
Os usuarios profesores ou administrativos da USC, poderán acceder ás cantidades pormenorizadas e aos datos relativos ao seu centro, departamento ou instituto facendo click no seguinte enlace http://www1.usc.es/tciclo/reparto/axudas09.asp e empregando a súa identificación na rede da USC
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00

Logotipo de Universia

Universia  

Logotipo da Unitenda

Unitenda

 

Logotipo do Grupo Compostela

Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00