![]() |
Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua Vicerreitorado de Terceiro Ciclo e Extensión Docente |
![]() |
|
| ||
|
Comunicado sobre o Resultado da Mención de Calidade nos Programas de Doutoramento 2004-2005 |
A
TODA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA
Está dispoñible na páxina Web do Ministerio de Educación e Ciencia o resultado da avaliación dos programas de doutoramento que optaban á Mención de Calidade, tanto de renovación como de nova adxudicación. Para a convocatoria deste ano a Universidade de Santiago de Compostela enviou 15 programas de doutoramento, que tramitamos de forma centralizada dende o vicerreitorado de Terceiro Ciclo e Extensión Docente. Os resultados obtidos, consonte á información dispoñible ata o de agora, son os seguintes: NOVAS ADXUDICACIÓNS 1. Lingüística 2. Química 3. Investigación e desenvolvemento de medicamentos 5. Interuniversitario en tecnoloxías da información 6. Neurociencia RENOVACIÓNS 3. Enxeñería Química e ambiental 4. Métodos matemáticos e simulación numérica en enxeñería e ciencia aplicada 5. Teoría da Literatura e Literatura comparada 6. Química teórica e computacional (interuniversitario coordinado por Girona) 7. Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e interfaces (interuniversitario coordinado por Barcelona) 8.-Edición e Anotación de Textos Literarios Españois e Hispanoamericanos (aceptado o recurso outubro 04) Aproveito a ocasión para transmitir o agradecemento da Universidade de Santiago de Compostela e do Vicerreitorado de Terceiro Ciclo e Extensión Docente, en particular, a todos os Departamentos e Institutos de Investigación responsables de programas de doutoramento que optaron á Mención de Calidade, así como para felicitar ós programas que obtiveron a devandita Mención, ben por renovación ou por nova concesión. A oferta de Terceiro Ciclo da nosa Universidade consolídase entre as principias universidades españolas e a consideración dos nosos programas de doutoramento medra significativamente como unha formación da máis alta calidade. Un avance que se debe ó esforzo e dedicación que todas as persoas implicadas poñedes na boa marcha dos nosos programas de doutoramento. Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2004 Marcelino Agís Villaverde O vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente
|
|||
|
|
| |
||
![]() |
Páxina mantida polo cptf@usc.es Última modificación: 24/06/2004 |