versión para discapacitados
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Terceiro Ciclo » Mención Calidade 2009-2010
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios/Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Mobilidade de Estudantes en Ensinanzas de Doutoramento para o curso 2009-2010

Convocatoria de axudas á mobilidade de profesores e estudantes en ensinanzas de doutoramento para o curso académico 2009-2010.

No
BOE de 2 de novembro de 2009 publicouse a orde EDU/2933/2009 pola que se convocan subvencións para favorecer a mobilidade de profesores e estudantes en ensinanzas de doutoramento para o curso académico 2009-2010. Por curso académico enténdense as datas comprendidas entre o 1 de outubro de 2009 e o 30 de setembro de 2010, ámbolos dous inclusive.

Nota imporante: o que sigue é só un extracto cas instrucións mais relevantes da convocatoria. É importante consultar a información completa nos enlaces anteriores e tamén en
http://www.educacion.es/educacion/universidades/convocatorias/titulados-doctores-profesores.html

Para os estudantes hai dúas modalidades:

Modalidade A2: mobilidade de estudantes en programas de doutorado con Mención de Calidade.

1.- O prazo de presentación das solicitudes por parte dos alumnos é do 7 ó 23 de xaneiro de 2010, ambos inclusive.

2.- Os alumnos solicitantes, que se atopen matriculados na USC ou en caso de doutoramentos conxuntos sexa a USC a Universidade coordinadora, deberán facer chegar en prazo ó rexistro auxiliar do CPTF a solicitude completa debidamente asinada, xunto ca documentación complementaria. As solicitudes entregadas nas oficinas de correo deberán ir en sobre aberto para que o funcionario as sele.

3.- Resumo dos requisitos dos estudantes:

  • Ter o domicilio durante o curso académico 2009-2010 en España e estar matriculado nos créditos do período de formación dun programa de doutoramento con Mención de Calidade concedida para o curso 2008-2009.
  • Contar cun expediente académico cunha nota media igual ou superior a 1,50 puntos, calculada dacordo con procedemento explicado na convocatoria completa publicada polo Ministerio.
  • Ter realizado os estudos que habilitan para realizar a formación de terceiro ciclo nunha universidade diferente e situada en distinta provincia da universidade na que se desenrola a actividade docente para a que solicita a subvención de mobilidade.
  • Non ser beneficiario de outras subvencións ou becas declaradas incompatibles no artigo 17 desta convocatoria, nin ter sido beneficiario de subvencións anteriores para o mesmo doutoramento.

4.- Os alumnos ademais da documentación e os impresos que esixidos pola convocatoria deberán entregar unha copia do seu expediente académico e dos documentos acreditativos de tódolos méritos que fagan constar no currículum vitae.

Modalidade B2: mobilidade de estudantes para a obtención de Mención Europea no título de doutor.

1.- O prazo de presentación das solicitudes por parte dos alumnos é do 7 ó 23 de xaneiro de 2010, ambos inclusive.

2.- Os alumnos solicitantes deberán facer chegar en prazo ó rexistro auxiliar do CPTF a solicitude completa debidamente asinada, xunto ca documentación complementaria. As solicitudes entregadas nas oficinas de correo deberán ir en sobre aberto para que o funcionario as sele.

3.- Resumo dos requisitos dos estudantes:

  • Ter o domicilio en España.
  • Estar matriculado, no curso académico 2009-2010, no período de tutela de tesis dun programa de doutoramento nunha universidade española e realizar a estancia no mencionado curso académico.
  • Contar cun expediente académico cunha nota media igual ou superior a 1,50 puntos, calculada dacordo con procedemento explicado na convocatoria completa publicada polo Ministerio.
  • Non ser beneficiario de outras subvencións ou becas declaradas incompatibles no artigo 17 desta convocatoria.

4.- Os alumnos ademais da documentación e os impresos que esixidos pola convocatoria deberán entregar unha copia do seu expediente académico e dos documentos acreditativos de tódolos méritos que fagan constar no currículum vitae.

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00