versión para discapacitados
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Terceiro Ciclo » Mención Calidade 2006-2007
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Apertura da Convocatoria Mención Calidade 2006-2007

Aínda que o prazo de presentación de solicitudes na Dirección General de Universidades (C/ Serrano, nº 150, Madrid) remata o día 16 de marzo de 2006, tal e como fixemos en convocatorias anteriores, a documentación deberá estar entregada no Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF) da USC o día 9 de marzo, para que poida ser revisada pola Comisión de Doutoramento e polo persoal do centro. Unha vez revisada e completa, faremos un envío centralizado das solicitudes. Para calquera dúbida, poden dirixirse a nós a través da extensión telefónica 14342 ou a través do enderezo electrónico: cptf@usc.es

  • Datos da USC 2006 para a convocatoria
    Os usuarios profesores da USC e usuarios rexistrados na aplicación de xestión do Terceiro Ciclo do CPTF, poderán acceder aos datos relativos ao seu departamento ou instituto facendo click no seguinte enlace http://www1.usc.es/tciclo/mcalidade/mcalidade05.asp e facilitando a súa identificación na rede da USC (Exemplo: usuario@usc.es e o seu contrasinal)

As novidade máis importante desta convocatoria é que prevé expresamente a posible transformación aos novos estudos de doutoramento regulados polo Real Decreto 56/2005, na redacción dada no artigo 2 do Real Decreto 1509/2005, de 16 de decembro. O desenvolvemento temporal da implantación destes estudos nos próximos cursos académicos, fixo necesario configurar procedementos de avaliación adecuados a esta norma e actualizar os que se refiren aos programas de doutoramento organizados no marco do disposto polo Real Decreto 778/1998, de 30 de Abril.

Neste sentido a convocatoria recolle tres situacións para as que se define claramente tanto a documentación que en cada caso debe presentarse, como o procedemento de avaliación e os baremos a aplicar:

  • Estudos de doutoramento que opten a obter por primeira vez a Mención de Calidade para o curso 2006/2007.

  • Estudos de doutoramento estruturados de conformidade co Real Decreto 56/2005 de 21 de xaneiro (BOE de 25 de xaneiro), e que proveñan dun programa de doutoramento con Mención de Calidade vixente no curso 2005/2006.

  • Estudos de doutoramento estruturados de conformidade co Real Decreto 778/1998 de 30 de abril (BOE de 1 de maio) e que obtivesen a Mención de Calidade en anteriores convocatorias

A páxina Web da ANECA ten unha sección de "dudas frecuentes" relativas ao programa de Mención de Calidade nos estudos de doutoramento. Esta nova sección irase actualizando coas dúbidas máis frecuentes que vaian chegando http://www.aneca.es/modal_eval/certif_doct_faq.html

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00