accesibilidade

 

Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Terceiro Ciclo  » A Tese de Doutoramento

Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios/Impresos
Ligazóns

Destacados

Teses en trámite
Defensa de Teses

A Tese de Doutoramento

Admisión na etapa de tese ou etapa de investigación

Os requisitos de acceso, os prazos de solicitude e documentación, e o proceso de admisión e publicación de listaxes, consultar en  http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/admision/dout_tese/index09-10.html

Presentación da tese no departamento (Ref. Art. 32)

Rematada a elaboración da tese de doutoramento, o/a doutorando/a fará o depósito da mesma no departamento ou instituto universitario, achegando o Formulario T50 e a seguinte documentación:

- Un exemplar impreso da tese de doutoramento, asinado polo/a doutorando/a, polo/a director/a ou codirectores e, de ser o caso, polo titor. Este exemplar non poderá ser substituído unha vez efectuado o depósito.

- Un soporte electrónico que conteña: a) Copia da tese en formato pdf desprotexido (este exemplar tampouco poderá ser substituído unha vez efectuado o depósito e deberá ter o mesmo contido que o exemplar impreso); b) Resumo actualizado da tese.

- Informe favorable do/a director/a da tese incluido no exemplar da tese 

- Curriculum vitae do/a doutorando/a (2 copias).

- Relación das patentes solicitadas e dos libros, artigos ou actas publicados, ou en proceso de publicación, orixinado polo traballo de investigación que culminou na elaboración da tese (2 copias).

- Autorización de cesión de determinados dereitos de autor á USC, de ser o caso, para a difusión da tese:Documento Word Contrato Autorización (por duplicado), ou a Documento Word NON Autorización.

Nota versión pdf: pdf Contrato Autorización (por duplicado); pdf NON Autorización

No caso de que o/a doutorando/a solicite a Mención Europea no título de Doutor/a, deberá aportar:

a) unha acreditación de estancia mínima de tres meses fora de España, nunha institución de ensino superior ou centro de investigación dun Estado membro da Unión Europea,cursando estudos ou realizando traballos de investigación recoñecido pola USC;

b) indicación dun mínimo de dous expertos que vaian a informar sobre a tese e sexan membros de institucións de educación superior ou de institutos de investigación dun Estado membro da Unión Europea distinto de España, co título de doutor.

Admisión previa a trámite (Ref. Art. 33)

Dita documentación estará a disposición dos membros doutores do departamento ou instituto universitario na secretaria, para o seu exame, durante un prazo mínimo de 5 e máximo de 20 días lectivos.

Ademais, de ter o/a doutorando/a solicitada a Mención Europea no título de Doutor/a, o/a director/a do departamento ou instituto solicitará os dous informes aos expertos indicado polo doutorando, previstos no art. 32.

Rematado este prazo  o/a director/a do departamento ou instituto universitario convocará o seu consello, nun prazo máximo de 10 días lectivos para aprobar, se procede, a admisión previa a trámite da tese e, de ser o caso, o centro ao que se vincula esta para os efectos de premio extraordinario de doutoramento.

No caso de que a admisión previa da tese non sexa aprobada polo consello de departamento ou instituto universitario, este emitirá un informe razoado da decisión tomada e remitirao ao/á solicitante.

Presentación ante a Comisión de Doutoramento (Ref. Art. 33)

Aprobada a admisión previa a trámite da tese de doutoramento, o/a director/a do departamento ou instituto universitario remitirá á Comisión de Doutoramento:

- Copia do formulario T50 cumprimentado polo doutorando.

- Unha certificación do acordo do consello do departamento ou instituto universitario ao respecto.

- Un informe razoado sobre o centro ao que se vincula á tese para os efectos de premio extraordinario de doutoramento.

- O exemplar da tese, encadernado (non se admitirán tese encadernada en canutillo) e asinado polo doutorando e polos directores; así como todos os outros documentos entregados polo doutorando no momento da presentación da tese no departamento.

- Unha proposta de dez expertos na materia que poidan formar parte do tribunal encargado de xulgala, (formulario T60), xunto cun informe da idoneidade de todos e cada un deles, (formulario T61).

No caso de solicitude do Doutoramento Europeo, tamén é preciso a entrega dos dous informes dos expertos así como o certificado da estadía.

Tribunal (Art. 34. 35)

O tribunal xulgador dunha tese de doutoramento estará formado por cinco membros titulares e dous membros suplentes. Na súa composición deben respectarse os seguintes requisitos:

- Todos os membros deberán ser doutores e con experiencia investigadora acreditada. Os profesores pertencentes aos corpos docentes universitarios poderán formar parte dos tribunais aínda que estean en situación de excedencia ou xubilados.

- Do total de membros titulares e suplentes, non poderá haber máis de dous da mesma universidade.

- En ningún caso, poderán formar parte do tribunal o/a director/a ou codirectores da tese nin, de ser o caso, o/a titor/a, salvo nos casos de teses presentadas no marco de acordos bilaterais de cotutela con universidades estranxeiras que así o teñan previsto.

No caso de que o/a doutorando/a solicite a Mención Europea no título de Doutor/a, alomenos un dos membros do tribunal deberá ser experto/a pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación dun Estado membro da Unión Europea distinto de España e distinto do/da responsable da estancia mencionada e dos dous expertos que vaian a informar sobre a tese.

Depósito da tese (Ref. Art. 36)

A Comisión de Doutoramento, unha vez recibida a documentación anterior considerará a tese de doutoramento depositada, e informará a todos os departamentos e institutos universitarios da súa recepción.  Durante un prazo de 15 días lectivos, calquera doutor/a poderá examinar o exemplar da tese en depósito e, de ser o caso, dirixir por escrito ao presidente/a da Comisión de Doutoramento as consideracións que estime oportunas acerca do contido da tese de doutoramento.

Admisión a trámite da tese (Ref. Art. 37, 38, 39)

Rematado o prazo de depósito, a Comisión de Doutoramento decidirá se admite ou non a  tese a trámite. Se é admitida, a Comisión de Doutoramento nomeará os cinco membros titulares e os dous suplentes do tribunal que a xulgará. Entre os membros designados nomeará un/ha presidente/a e un/ha secretario/a do tribunal.

Nomeado o tribunal, a Comisión comunicará a súa composición ao/á director/a do departamento ou instituto universitario e ao/á doutorando/a. Dentro dos quince días seguintes á recepción da dita comunicación, o/a doutorando/a fará chegar ao departamento ou instituto sete exemplares

- 7 exemplares da tese;

- 7 copias de seu Curriculum vitae

- 7 copias da relación das patentes solicitadas e dos libros, artigos ou actas publicados, ou en proceso de publicación, orixinado polo traballo de investigación que culminou na elaboración da tese.

que o departamento ou instituto remitiralles aos membros do tribunal.

Así mesmo a Comisión de Doutoramento remitirá unha copia do nomeamento a cada un dos membros do tribunal, e comunicaralles que dispoñen de un mes para enviar á Comisión de Doutoramento un informe individual e razoado no que se valore a tese e conste explicitamente a súa aprobación ou non para que a tese sexa defendida publicamente. A remisión do informe implica a aceptación como membro do tribunal.

Autorización da defensa pública da tese (Ref Art. 40, 41)

Á vista dos informes anteriores a Comisión de Doutoramento resolverá se procede ou non a defensa pública da tese.

Se é aceptada a defensa pública o/a presidente/a do tribunal, de acordo co/a director/a do departamento ou instituto universitario, convocará o acto de defensa da tese e o/a secretario/a do tribunal comunicará á Comisión, ao/a doutorando/a e ao departamento ou instituto, cunha antelación mínima de dez días naturais á súa celebración, a data, hora e lugar da defensa. O mes de agosto se considera inhabil a estes efectos. O departamento ou instituto fará pública a convocatoria e comunicaraa ao CPTF.

Nos supostos de non-autorización da defensa da tese, a comisión deberalles comunicar por escrito ao/á doutorando/a, ao/á director/a da tese e ao departamento ou instituto responsables do programa de doutoramento, as razóns da súa decisión.

Matrícula da tese e actas (Ref Art. 42, 43)

Seguidamente, e logo de que a Comisión de Doutoramento autorice a defensa pública da tese, o/a doutorando/a deberá efectuar a matrícula correspondente no Servizo de Xestión Académica coa antelación suficiente e sempre antes da súa defensa

Una vez feita a matrícula, a Comisión de Doutoramento remitirá ao/a secretario/a do tribunal, a través do/a director/a do departamento ou instituto universitario, os documentos que deberán ser cubertos no acto de defensa da tese de doutoramento. Concluído o acto de defensa pública da tese, o/a secretario/a do tribunal devolverá,  toda esta documentación debidamente cuberta, ao Servizo de Xestión Académica para o seu arquivo e documentación.

Defensa pública da tese (Ref Art. 44, 45)

A defensa da tese de doutoramento consistirá na exposición polo/a doutorando/a do labor preparatorio realizado, a metodoloxía, contido da tese e conclusións, facendo especial mención das súas contribucións orixinais.O tribunal emitirá a cualificación global que finalmente lle concede á tese de acordo á seguinte escala: non apto, aprobado, notable e sobresaliente. O tribunal poderá outorgar a mención de “cum laude” se a cualificación global é de sobresaliente e se emite en tal sentido o voto por unanimidade.
   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00