versión para discapacitados

 

Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Terceiro Ciclo » Ficha Teseo

Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios/Impresos
Ligazóns

Destacados

Teses en trámite
Defensa de Teses

Ficha Teseo

·   Teseo

·   Tramitación Ficha Teseo

·    Publicación

Teseo

A aplicación Teseo, xestionada polo Ministerio de Ciencia e Innovación, é unha base de datos que recolle e permite recuperar información das teses de doutoramento lidas e consideradas aptas nas Universidades españolas desde 1976.

A través desa aplicación é obrigatorio a remisión ao Ministerio da versión en formato electrónica de todas as tese defendidas e aprobadas. Para elo o doutorando deberá entregar no momento da presentación da súa tese no departamento:

- Unha copia da tese en formato electrónico (en un CD/DVD), xunto cun resumo actualizado da mesma. Instrucións.

- Autorización de cesión de determinados dereitos de autor á USC, de ser o caso, para a difusión da tese:Documento Word Contrato Autorización (por duplicado), ou a Documento Word NON Autorización.

Nota versión pdf: pdf Contrato Autorización (por duplicado); pdf NON Autorización

Este CD/DVD, máis a autorización ou non autorización, deberá ser entregado polo departamento, instituto ou centro responsable no CPTF no momento do deposito da tese á comisión de Doutoramento, xunto co resto da documentación segundo regulamento de terceiro ciclo da USC.

No caso de autorización á difusión da súa tese o/a doutorando/a deberá solicitar un dos orixinais do contrato, asinado polo director de  CPTF,  no momento do deposito do título na "Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua, (UXA Sur)".

Tramitación Ficha Teseo:

Antes da defensa pública o/a doutorando/a (coa axuda do departamento, instituto ou centro responsable do correspondente programa de doutoramento), deberá dar de alta a súa tese e introducir os datos requiridos pola aplicación Teseo:  https://www.micinn.es/teseo/login.jsp

Con posterioridade ao acto de defensa pública, e no prazo de dez días, o departamento, instituto ou centro responsable deberá:

- Incluír, comprobar ou modificar, segundo o que proceda, o Tribunal definitivo asociado á tese.

- Puntuar a tese na aplicación mediante a inclusión da nota obtida pola tese.

- Notificar ao CPTF (cptf@usc.es) que xa está cumprimentada a aplicación.

Publicación

Por outra parte, o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico ofrece a posibilidade de publicar a tese completa en formato CD-ROM, así como a posibilidade de publicación na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, de xeito totalmente gratuíto.
   
 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00

Logotipo de Universia

Universia  

Logotipo da Unitenda

Unitenda

 

Logotipo do Grupo Compostela

Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00