accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Terceiro Ciclo » Información Xeral
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios/Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Información Xeral

 


Normas xerais

 Os aspirantes a cursar estudios de terceiro ciclo deberán estar en posesión do título de Licenciado/a, Arquitecto/a, Enxeñeiro/a ou equivalente por unha Universidade española. Poderán acceder a calquera programa de doutoramento relacionado científicamente co seu currículum universitario, logo da admisión polo departamento ou instituto universitario responsable.

Os estudiantes, españois ou estranxeiros que posúan título de licencitura ou equivalente expedido por unha Universidade estranxeira poden tamén acceder a estes estudios .

Para a obtención do título de doutor ou doutora será ademais necesario:

  • Realizar e aproba-los cursos, seminarios e traballos de investigación tutelados do programa de doutoramento.

  • Presentar e aprobar unha tese de doutoramento consistente nun traballo orixinal de investigación.

Os estudios de terceiro ciclo articúlanse en dúas etapas:

Etapa de formación: nela realízanse os cursos, seminarios e traballos de investigación tutelados dun programa de doutoramento. Esta etapa, cunha duración mínima de dous anos, consta de dous períodos nos que o alumno deberá superar 32 créditos distribuídos da seguinte forma:

  1. Período de docencia: no primeiro ano deberanse completar un mímimo de 20 créditos, dos que alomenos 15 corresponderán a cursos do contido fundamental dos campos científico, técnico ou artístico ós que está dedicado o programa de doutoramento (tamén chamados cursos de tipo B) . Así mesmo, o doutorando ou doutoranda poderá completar ata un máximo de 5 créditos en cursos doutros programas. A superación dos 20 créditos dará dereito á obtención dunha certificación que acreditará ter superado o período de docencia.
  2. Período de investigación: deberanse completar un mínimo de 12 créditos, que se investirán necesariamente no desenvolvemento de un ou varios traballos de investigación tutelados a realizar no departamento responsable do programa. Para cursar este período de investigación será necesario ter completado o mínimo de 20 créditos ó que se refire o apartado anterior. Excepcionalmente poderían matricularse neste período estudiantes cun máximo de 6 créditos pendentes do período anterior; neste caso a superación do período de investigación está condicionada á obtención previa deses créditos.

Unha vez superados ámbolos dous períodos que compoñen a etapa de formación realizarase unha valoración dos coñecementos adquiridos nos distintos cursos e seminarios, así como no período de investigación, por un tribunal único para cada programa.

A superación desta valoración garantirá a suficiencia investigadora do/a doutorando/a e permitirá a obtención do Diploma de Estudios Avanzados (DEA) que suporá o recoñecemento do labor realizado nunha determinada área de coñecemento.

Etapa de tese: nesta etapa realízanse traballos dirixidos polo director de tese que culminan coa elaboración da tese de doutoramento e non ten unha duración fixa. Para iso, logo da obtención do DEA, débese presentar no Departamento un proxecto de tese (formulario T35) avalado por un doutor que actuará como director. Ademais, durante o tempo que o doutorando estea a realiza-la súa tese de doutoramento deberá realizar unha matrícula anual de tutela académica, para o cal se debe inscribir previamente no Departamento (formulario T40).

Admisión nos programas de doutouramento. Matrícula.

No curso académico 2009-2010 non hai oferta de Programas de Doutouramento regulados polo RD 778/1998, dado que se iniciou o seu proceso de extinción.

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00