accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Masteres Oficiais
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios/Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Convocatoria de axudas á mobilidade de profesores visitantes e estudantes en ensinanzas universitarias de másteres oficiais para o curso académico 2010-2011.

No BOE de 19 de abril de 2010 publicouse a orde EDU/959/2010 pola que se convocan subvencións para favorecer a mobilidade de profesores e estudantes en ensinanzas universitarias oficiais de máster para o curso académico 2010-2011. As estancias deberán realizarse nas datas comprendidas entre o 1 de outubro de 2010 e o 30 de setembro de 2011, ámbolos dous inclusive.

Nota imporante: o que sigue é só un extracto cas instruccións mais relevantes da convocatoria. É importante consultar a información completa no BOE e nos enlaces que se atopan en
http://www.educacion.es/educacion/universidades/convocatorias/titulados-doctores-profesores.html


Modalidade A: Subvencións para as estancias de movilidade de profesores visitantes.

1.- O prazo de presentación das solicitudes por parte dos profesores é do 20 de abril ó 4 de maio de 2010, ambos inclusive. Os impresos están dispoñibles en http://www.educacion.es e deben presentarse, xunto ca documentación complementaria, no rexistro auxiliar do CPTF en Santiago ou no rexistro do Campus de Lugo. As solicitudes entregadas nas oficinas de correo deberán ir en sobre aberto para que o funcionaro as sele.

2.- As solicitudes deben ir acompañadas dos seguintes documentos:

  • Resúmen da actividade docente a desenvolver durante a estancia.
  • Actividade docente e científica mais salientable no período 2005-2010, especialmente a relacionada ca temática obxecto da súa participación no máster.
  • Fotocopia do DNI ou equivalente no caso de cidadáns da Unión Europea, ou do pasaporte no caso de cidadáns doutros países.

(aceptaránse solicitudes escaneadas ou enviadas por fax en prazo ó CPTF [fax 981547099, cptf@usc.es] sempre que nos fagan chegar despois os documentos orixinais por correo postal)

3.- Ademais do número de créditos que o profesor visitante vai a impartir, é importante explicitar no formulario de solicitude o número de créditos totais da materia, posto que a relación entre ambas cantidades será obxecto de valoración.

4.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, unha Comisión Académica de Valoración da USC realizará unha selección e valoración das mesmas dacordo co baremo e criterios establecidos na convocatoria. A Comisión levantará e firmará unha Acta de Valoración por cada Máster, que lle será remitida ó coordinador do mesmo.

5.- Os coordinadores dos másteres disporán ata o 24 de maio para formalizar, nesta segunda fase, a solicitude definitiva ante o Ministerio de Educación usando as ferramentas telemáticas dispoñibles en http://www.educacion.es. A esta solicitude definitiva deberán achegar a Acta de Valoración que lles foi entregada pola Comisión Académica da USC no paso anterior.

Modalidade B: Subvencións para a mobilidade de estudantes.

1.- O prazo de presentación das solicitudes por parte dos estudanes é do 6 ó 22 de setembro de 2010, ambos inclusive. Os impresos están dispoñibles en http://www.educacion.es e deben presentarse, xunto ca documentación complementaria, no rexistro auxiliar do CPTF en Santiago ou no rexistro do Campus de Lugo. As solicitudes entregadas nas oficinas de correo deberán ir en sobre aberto para que o funcionaro as sele.

2.- Resumo dos requisitos dos estudantes:

  • Ter o domicilio en España e estar matriculado, no curso académico 2010-2011, nunha universidade española nun máster para o que se solicita a axuda de mobilidade.
  • Contar cun expediente académico cunha nota media igual ou superior a 1,50 puntos, calculada dacordo con procedemento explicado na convocatoria completa publicada polo Ministerio.
  • Que a actividade académica lectiva para a que solicita a axuda de mobilidade se desenrole nunha provincia distinta á da universidade de matrícula, implicando un cambio efectivo de residencia habitual. A actividade docente para a que se solicite a axuda será exclusivamente a establecida na programación académica do máster.
  • Non ser beneficiario de outras subvencións ou becas declaradas incompatibles nos artigo 10 e 37 da convocatoria publicada no BOE.

3.- Os alumnos deberán entregar unha copia do seu expediente académico e dos documentos acreditativos de tódolos méritos que fagan constar no currículum vitae.

4.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, unha Comisión Académica de Valoración da USC realizará unha selección e valoración das mesmas dacordo co baremo e criterios establecidos na convocatoria. A Comisión levantará e firmará unha Acta de Valoración por cada Máster, que lle será remitida ó coordinador do mesmo.

5.- Os coordinadores dos másteres disporán desde o 23 de setembro ata o 16 de outubro para formalizar, nesta segunda fase, a solicitude definitiva ante o Ministerio de Educación usando as ferramentas telemáticas dispoñibles en http://www.educacion.es. A esta solicitude definitiva deberán achegar a Acta de Valoración que lles foi entregada pola Comisión Académica da USC no paso anterior.

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00