versión en castellano
english version

accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Terceiro Ciclo » Programas 2006-2007
Seccións
Presentación
Persoal
Terceiro ciclo
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Programa de doutoramento

Edición e Anotación de Textos Literarios Españois e Hispanoamericanos

 
Mención de Calidad - M.E.C.D.
Doctorado distinguido con la Mención de Calidad por el Ministerio de Educación y Ciencia para el curso académico 2006-2007

Programas con Mención de Calidade na USC

 

Pestaña 1 Programa Pestaña 2 Pestaña 1 Seminarios Pestaña 2 Pestaña 1 Liñas Invest. Pestaña 2 Pestaña 1 Titorías Pestaña 2 Pestaña 1 Alumnos Pestaña 2 Pestaña 1 Información Pestaña 2
2124-06-1   Edición e Anotación de Textos Literarios Españois e Hispanoamericanos
Depto. de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral

Características do programa
  • Programa de edición anual
  • Estudos de docencia e actividades presenciais

Obxectivos xerais do programa:
O programa de doutoramento de Edición de textos literarios españoles e hispanoamericanos ten como obxectivos a especialización dos alumnos no devandito campo, así como a súa formación nas técnicas de investigación ecdótica de diversas épocas, xéneros e autores.
O programa Edición e anotación de textos literarios españois e hispanoamericanos ten como obxectivo consolidar a formación de alumno en estudos literarios a través das disciplinas da crítica textual e a anotación. Estas perspectivas permitirán afondar nas diferentes etapas abarcadas polo conxunto dos cursos, desde a época medieval ata a contemporánea.
As consideracións sobre aspectos históricos, sociais, culturais e literarios integraranse dentro das materias impartidas como cuestións previas que é preciso coñecer para abordar adecuadamente a análise textual das obras.
O coñecemento e dominio dos conceptos, métodos e estratexias para edición crítica dun texto será o obxectivo dos seminarios plantexados con criterios teóricos, imprescindibles para proceder á edición crítica dun texto. Dende un punto de vista teórico, proporciónanse tamén as técnicas e criterios adecuados na anotación de textos, incluíndo os comentarios textuais, filolóxicos, interpretativos e culturais.
Eses conceptos e métodos ilustraranse con exemplos dos principais autores, xéneros e obras de diferentes períodos da literatura española e hispanoamericana. Poden citarse como materias principais o estudo de autores como Quevedo, Calderón de la Barca, Pardo Bazán e Valle-Inclán e de xéneros como o teatro e a égloga dos séculos XVI-XVII e a novela do século XIX.
De forma adicional, a especialización nas disciplinas de crítica textual e anotación permitirán dilucidar diversos problemas relacionados coas obras e épocas obxecto dos seminarios. Como resultado, o alumno obterá unha visión completa da historia literaria, cimentada nun riguroso estudo que ten como presupostos a fixación do texto como paso previo a calquera enfoque posterior.
Superada a etapa de formación, o alumno comezará a súa tese de doutoramento coa formación teórica, crítica e literaria necesaria para abordar un traballo relacionado coas liñas de investigación propostas. Tanto se o traballo é sobre edición e crítica textual como se adopta un enfoque menos específico, a base adquirida mediante os seminarios e a realización do TIT facilitará e garantirá a adecuada realización da tese conducente ao título de doutor.

Titulacións que dan acceso ó programa:
Filoloxía Hispánica ou licenciatura que acredite suficientemente o coñecemento da Literatura Española e Hispanoamericana así como o nivel avanzado de Lingua Española.
Dominio do idioma do curso no que se matricula.

Áreas de coñecemento que outorgan o diploma de estudios avanzados:
(583) Literatura Española

Criterios de admisión:
Curriculum vitae con certificado de estudos.
Entrevista persoal, se se considera necesaria.
Carta de presentación dun profesor do programa, na que consten os intereses concretos do candidato con respecto á súa futura investigación.

Procedemento de valoracion do tribunal unico
- Os alumnos convocados farán unha presentación dos cursos de Terceiro Ciclo realizados dentro e fóra do programa, e do contido da memoria do traballo de investigación
- Os membros do tribunal realizarán as preguntas que estimen necesarias co fin de valorar os coñecementos adquiridos polos alumnos

Convenios:
Non

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00