|
|
Programa de doutoramento
Teoría da Literatura e Literatura Comparada
|
2124-06-2 Teoría da Literatura e Literatura Comparada |
| Depto. de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral |
| Co-responsables científicos: |
| Depto. de Filoloxía Galega |
| Depto. de Filoloxía Francesa e Italiana |
| Depto. de Filoloxía Inglesa |
| Obxectivos xerais do programa: |
| Proporcionar aos estudantes unha visión actualizada e práctica dos sistemas teóricos e metodolóxicos vixentes na actualidade no eido dos estudos literarios así como os seus antecedentes máis significativos dende a poética e a retórica clásicas. Favorecer o profundamento dos seus coñecementos da literatura ou literaturas que teñan estudiado xa no primeiro ou segundo ciclo, enriquecéndoos dende unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüística. Facilitar a realización de teses de doutoramento de índole teórica comparatista ou ben sobre unha soa literatura con énfase nos dous aspectos fundamentais que dan título ó programa. |
| Titulacións que dan acceso ó programa: |
| Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Filoloxía, Humanidades, Ciencias Sociais. |
| Áreas de coñecemento que outorgan o diploma de estudios avanzados: |
| (335) |
Filoloxía Francesa |
| (345) |
Filoloxía Inglesa |
| (350) |
Filoloxía Italiana |
| (370) |
Filoloxía Galega e Portuguesa |
| (795) |
Teoría da Literatura |
| Criterios de admisión: |
- Expediente académico
- Curriculum vitae
- Entrevista persoal, se fose necesaria |
| Procedemento de valoracion do tribunal unico |
- Os alumnos convocados farán unha presentación dos cursos de Terceiro Ciclo realizados dentro e fóra do programa, e do contido da memoria do traballo de investigación
- Os membros do tribunal realizarán as preguntas que estimen necesarias co fin de valorar os coñecementos adquiridos polos alumnos |
|