|
|
Programa de doutoramento
Teoría e Historia da Educación
|
2131-06-1 Teoría e Historia da Educación |
| Depto. de Teoría, Historia da Educación e Pedagoxía Social |
| Obxectivos xerais do programa: |
| Estudar os procesos de desenvolvemento humano na perspectiva integrada da dimensión histórica, teórica e social. Analizar os procesos de desenvolvemento tanto desde a perspectiva integrada da dimensión (sistema educativo, currrículum, etc.) como de situacións relacionadas con procesos non formais e informais educativos (cidade educativa, educación ambiental, etc.). Examinar as situacións de desenvolvemento institucional das escolas, a calidade da educación e a profesionalización dos profesores |
| Titulacións que dan acceso ó programa: |
| Licenciatura en Pedagoxía, Psicopedagoxía ou outros titulados en Ciencias Sociais (Antropoloxía e Socioloxía) |
| Áreas de coñecemento que outorgan o diploma de estudios avanzados: |
| (805) |
Teoría e Historia da Educación |
| Criterios de admisión: |
- Expediente académico
- Curriculum vitae
- Entrevista persoal, se fose necesaria |
| Procedemento de valoracion do tribunal unico |
- Os alumnos convocados farán unha presentación dos cursos de Terceiro Ciclo realizados dentro e fóra do programa, e do contido da memoria do traballo de investigación
- Os membros do tribunal realizarán as preguntas que estimen necesarias co fin de valorar os coñecementos adquiridos polos alumnos |
|