|
|
Programa de doutoramento
Historia das Ciencias e das Técnicas
|
2134-06-2 Historia das Ciencias e das Técnicas |
| Depto. de Física Aplicada |
| Características do programa |
- Programa de edición anual
- Estudos de docencia e actividades presenciais
|
| Obxectivos xerais do programa: |
Proporcionar unha formación en historia das ciencias, os seus métodos e técnicas e a súa historiografía, así como na literatura histórico-científica.
Procurar unha formación adecuada na historia das ideas e das teorías, historia dos instrumentos e técnicas ou procedementos de investigación, así como a análise da actividade científica no seu conxunto e en todas as súas dimensións: institucional, social, cultural e intelectual.
Procurar unha formación adecuada nunha selección de grandes temas ou paradigmas que contribuíron a construcción da ciencia moderna. |
| Titulacións que dan acceso ó programa: |
| Arquitectura; Enxeñaría en: Camiños, Canais e Portos, Industrial, Informática, Minas, Naval e Oceánica, Química; Licenciatura en: Bioloxía, Ciencias do mar, Economía, Farmacia, Filosofía, Física, Historia, Matemáticas, Medicina e Cirurxía, Odontoloxía, Química, Veterinaria, Xeoloxía. |
| Áreas de coñecemento que outorgan o diploma de estudios avanzados: |
| (460) |
Historia da Ciencia |
| Criterios de admisión: |
- Expediente académico
- Curriculum vitae
- Entrevista persoal, se fose necesaria |
| Procedemento de valoracion do tribunal unico |
- Os alumnos convocados farán unha presentación dos cursos de Terceiro Ciclo realizados dentro e fóra do programa, e do contido da memoria do traballo de investigación
- Os membros do tribunal realizarán as preguntas que estimen necesarias co fin de valorar os coñecementos adquiridos polos alumnos |
| Convenios: |
| Universidade de Vigo, Universidade da Coruña |
|