accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Terceiro Ciclo » Programas 2006-2007
Seccións
Presentación
Persoal
Terceiro ciclo
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Programa de doutoramento

Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos

 
Mención de Calidad - M.E.C.D.
Doctorado distinguido con la Mención de Calidad por el Ministerio de Educación y Ciencia para el curso académico 2006-2007

Programas con Mención de Calidade na USC

 

  Pestaña 1 Programa Pestaña 2 Pestaña 1 Seminarios Pestaña 2 Pestaña 1 Liñas Invest. Pestaña 2 Pestaña 1 Titorías Pestaña 2 Pestaña 1 Alumnos Pestaña 2 Pestaña 1 Información Pestaña 2
2153-06-1   Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Depto. de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Co-responsables científicos:
Inst. de Farmacia Industrial
Depto. de Farmacoloxía

Obxectivos xerais do programa:
Como reflicte fielmente o título deste programa, preténdese que o alumno adquira a formación necesaria, tanto teórica como práctica, para desenvolver traballos de investigación no ámbito de I+D dos medicamentos.
Para acadar este obxectivo global, o programa estructurouse nun considerable número de cursos, nos que se pretende conseguir unha maior profundización en aspectos de especial interese. Desta forma o alumno poderá seleccionar facilmente o conxunto de cursos mellor adaptado ó curriculo previsto.
De maneira concreta, no campo da investigación farmacolóxica, preténdese conseguir que o alumno adquira:
1. Coñecemento dos aspectos xerais da experimentación actual na área de farmacoloxía, así como a súas aplicacións no ámbito da industria farmacéutica.
2. Capacidade para analizar e difundir os resultados dos traballos da investigación neste campo.
3. Coñecementos para deseñar, desenvolver ou adaptar a metodoloxía adecuada para levar a cabo un estudio experimental en farmacoloxía.
4. Formación básica e suficiente sobre diversos aspectos relativos a funcións celulares (tanto en condicións normais como patolóxicas) e a súa regulación farmacolóxica.
Adicionalmente, os cursos específicos sobre sistema cardiovascular, sistema nervioso central e sistemas sanguíneo e inmunitario, deben permitir que o alumno poida afrontar a avaliación de fármacos con potencial utilidade terapéutica (en humanos ou en animais) nalgún dos sistemas indicados.
Paralelamente, no ámbito da Tecnoloxía Farmacéutica e Biofarmacia preténdese que os alumnos do programa poidan:
1. Coñecer e utilizar os procedementos de caracterización das materias primas e dos principais sistemas de interese farmacéutico.
2. Planificar e desenvolver estudios de avaliación e cuantificación dos efectos de distintas variables sobre as propiedades de formas de dosificación.
3. Adquirir un coñecemento en profundidade, tanto no plano teórico como no metodolóxico, dos criterios de biodispoñibilidade e estabilidade no deseño de formas de dosificación e a súa aplicación ó desenvolvemento galénico.
4. Coñecer as características dos novos sistemas terapéuticos e as perspectivas futuras neste campo.
5. Acceder a e difundir os resultados das investigacións desenvolvidas no ámbito da Tecnoloxía Farmacéutica e da Biofarmacia.

Titulacións que dan acceso ó programa:
Licenciatura en Farmacia, Medicina, Veterinaria, Bioloxía, Química e Tecnoloxía dos Alimentos

Áreas de coñecemento que outorgan o diploma de estudios avanzados:
(310) Farmacia e Tecnoloxía Farmaceútica
(315) Farmacoloxía

Criterios de admisión:
- Expediente académico
- Curriculum vitae
- Entrevista persoal, se fose necesaria

Procedemento de valoracion do tribunal unico
- Os alumnos convocados farán unha presentación dos cursos de Terceiro Ciclo realizados dentro e fóra do programa, e do contido da memoria do traballo de investigación
- Os membros do tribunal realizarán as preguntas que estimen necesarias co fin de valorar os coñecementos adquiridos polos alumnos

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00