accesibilidade
 
Inicio » Servizos » Inicio Área de Cultura » Espazo de Astronomía
Seccións

Inicio Área de Cultura

Persoal
Axenda

Aula de Teatro

Espazo de Danza

Espazo de Cámara

Coro Universitario

Espazo de Fotografía

Espazo de Astronomía

Grupo de Creación Musical (Lugo)
Fonoteca

Visitas ao Patrimonio

Espazo de Astronomía
Curso académico 2012-2013

 

O Espazo de Astronomía da Área de Cultura engloba dúas liñas de acción diferentes relacionadas coa astronomía:

 

 

PROGRAMA DE EXTENSIÓN CULTURAL DE ASTRONOMÍA (PECAS) DO OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER

 

O OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER OFERTA A XVI EDICIÓN DO PROGRAMA DE EXTENSIÓN CULTURAL DE ASTRONOMÍA E A SEMANA DA CIENCIA

 

    O Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS), que nacera en 1997 para achegar o mundo da Astronomía a toda a comunidade universitaria, chega este curso a su XVI edición. A actividade docente está asi mesmo aberta a toda a cidadanía dente o ano pasado.

O desenvolvemento do PECAS consiste en facer distintas observacións cos telescopios do Observatorio da Lúa, planetas, estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas, galaxias, etc., ademais dunha observación do Sol, e a localización a simple vista de constelacións.

Aparte diso, impartiránse varias charlas sobre temas astronómicos de actualidade, se visualizarán videos e darase ampla información bibliográfica.

 

O seguimento desta actividade, que se prolongará ata maio, permitirá convalidar 1 crédito ECTS ó alumnado dos distintos Graos, e 1 crédito de libre configuración para as licenciaturas.

 

Para a comunidade universitaria ofértanse 400 prazas cuxa matrícula terá lugar o vindeiro dia 29 de outubro (ver páxina web do evento:

www.usc.es/pecas). O público en xeral deberá de facer a inscrición na Área de Cultura da USC sita no reitorado. Neste caso o prazo vai dende o dia 23 ó 29 deste mes de outubro.

 

Por outra banda, o Observatorio organiza tamén en novembro a SEMANA DA CIENCIA, que inclue vistas guiadas ó Centro (dias 9, 10, 16, e 17, de 21.00 a 24.00 horas), astronomía para nenos (os domingos 11 e 18 ), un obradoiro de reloxos de sol (o 10 de novembro), un obradoiro de telescopios ( o dia 17), un cursiño de iniciación ( dias 5, 7, 12, e 14), e finalmente o programa de astronomía itinerante que permite levar a astronomía a colectivos e escolares con dificultades de achegarse ó Observatorio.

 

Mais información nas páxinas web:

www.usc.es/astro

www.usc.es/pecas

 

 

ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA

 

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 881 811 000
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praciña da Universidade
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 820 000