O Espazo de Cámara
da USC naceu coa filosofía de achegar a oportunidade aos mozos
e mozas da nosa universidade que teñen formación instrumental a
continuar nesta faceta e desenvolver a practica que xa coñeceran
en estudos anteriores facendo musica en grupo.
O Espazo, que
comezou en 2011
cun grupo de corda
e que ampliou
a súa formación con instrumentos de vento, aborda o mais variado
repertorio clásico, traballando os aspectos máis básicos da
musica de cámara e orquestral, coa emoción de poder expor o seu
traballo en público.
En definitiva:
musica para a musica.
Para máis
información:
Vicerreitoría
de Estudantes, Cultura e Formación Continua - Área de Cultura. Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro, s/n
Teléfonos 881811018 /
881811103
NOVO! ENCONTRO ORQUESTRAL ABRIL
2012
O
Espazo de Cámara da USC, dentro do seu proxecto orquestral
permanente, realizará un encontro os vindeiros 27, 28, 29 e 30 de
abril e 1 de maio co ánimo de achegar este proxecto a toda a
comunidade musical. Convidamos a participar a todos aqueles
estudantes do último ciclo de Grao Profesional e Superior que
queiran ampliar a súa formación coa presenza de grandes
profesionais do mundo musical galego. Data límite de
solicitudes: 25 de abril.
Máis información en:
881811103 e 881811018
ou
http://es-es.facebook.com/orquestausc