versión para discapacitados
 
Inicio » Servizos » Inicio Área de Cultura » Coro Universitario
Seccións

Inicio Área de Cultura

Persoal
Axenda

Aula de Teatro

Espazo de Danza

Espazo de Cámara

Coro Universitario

Espazo de Fotografía

Espazo de Astronomía

Grupo de Creación Musical (Lugo)
Fonoteca

Visitas ao Patrimonio

 

CORO UNIVERSITARIO
 

PROBAS DE SELECCIÓN DE NOVAS VOCES PARA O CURSO 2013-14:

 

XOVES, 12 DE SETEMBRO, ÁS 20:00 HORAS, NO SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CC. DA EDUCACIÓN - CAMPUS NORTE (Avda. Xoán XXIII)

 

 

 

BREVE HISTORIAL DO CORO

 

O Coro da Universidade de Santiago de Compostela foi fundado o ano 1979 por iniciativa da Vicerreitoría de Extensión Universitaria. A tarefa da súa posta en marcha foi encomendada a Maximino Zumalave, que asumiu a dirección até o ano 1985. Logo desa data puxéronse sucesivamente ao fronte da agrupación Xan Viaño, Margarita Guerra, Juan Carlos García Pardo e Juan Carlos Dorgambide. Dende 1999 está dirixido por Miro Moreira, profesor de Canto Coral e Formación Vocal da USC.

 

Dende os seus primeiros anos de andadura compaxinou o repertorio a capella coa interpretación de grandes pezas clásicas da literatura musical como A Pequena Misa Solemne de Rossini, Mesías de Händel, Pequeno Libro de Órgano de J.S. Bach, Responsorios de Tebras de Victoria, Stabat Mater de Haydn, Ceremony of Carols de Britten ou Magnificat de Vivaldi, entre outras. Interviu en diversas ocasións nos festivais de ópera da Coruña e, como importante aspecto do seu labor divulgativo, destaca a recuperación de pezas de mestres de capela das catedrais galegas como Melchor López ou Diego de Muelas.

 

Na actualidade, baixo a dirección de Miro Moreira, está concibido como un proxecto pedagóxico de formación coral, desenvolvendo unha interesante actividade de difusión da música antiga. Nesta liña se encontran os seus últimos programas interpretados como Missa brevis en Sol, KV 49 de Mozart, os oratorios Jephte e Xonás de Carissimi, Gloria de Vivaldi, Barca di Venetia per Padova de Banchieri, Música Barroca do período Virreinal (gravación en C.D conmemorativo da celebración do XXV aniversario do Coro), Misa Dolorosa de Caldara, Las Ensaladas de Mateo Flecha, El tañer con el cantar: cancioneiros de Upsala, Medinacelli e Colombina, Nacións Barrocas (escolas barrocas europeas), Dido e Aeneas de Purcell, Membra Jesu Nostri de Dietrich Buxtehude, Luces y Cariños en torno a José de Vaquedano e Música das Catedrais de Nueva España.

 

 

Para máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua - Área de Cultura. Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro, s/n

Teléfonos 881811018 / 881811103

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 881 811 000
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praciña da Universidade
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 820 000