Aula de Teatro
Curso académico 2009-2010
Rexistro de
compañías escénicas
Compañías propias
Formación
I)
Compañías
Campus de
Compostela
Campus de Lugo
Campus de Compostela
A Aula de Teatro da USC convoca a aquelas persoas da comunidade
universitaria (estudiantado, PAS, PDI) interesadas en participar na
produción teatral d´AS CUÑADAS, de Michel Tremblay,
con adaptación e dirección de Roberto Salgueiro, a unhas probas que
se realizarán os días 6, 7 e 8 de outubro, a partir das 18,00 horas
na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade -
Campus Sur)
Pódese ampliar información chamando ao 981 563 100 ext. 11021,11103
Campus de Lugo
COMPAÑÍA DE
TEATRO DA USC-LUGO - Taller de arte dramática
(só para a
comunidade universitaria - estudantado, PAS, PDI)
Para pertencer
á compañía é preciso facer unha inscrición na oficina de cultura de
Lugo dende o 8 ao 30 de outubro. As prazas cubriranse por rigorosa
orde de chegada.
Director:
Alberte Cabarcos
Datas:
Luns e mércores de novembro a abril
Horario:
20:30 a 23:30 h
Prazas:
16
Lugar:
Aula de Teatro e Danza
II)
Programa de formación teatral
Campus de Compostela
Campus de Lugo
Campus de
Compostela
Prazo e lugar de matrícula
Desde o 15 de outubro ata cubrir as prazas por
rigorosa orde de inscrición, na Vicerreitoría de Cultura (Colexio de
San Xerome, Pza. do Obradoiro, s/n).
Prezos
Comunidade universitaria 35 euros cada curso / Taxa
xeral 70 euros cada curso
Prezos
reducidos
Comunidade universitaria 240 euros todos os cursos /
Taxa xeral 480 euros todos os cursos.
Tfno. Información: 981 563 100 ext. 11021 / 11103 / 11018
CURSOS:
Taller de arte dramática 1: iniciación á interpretación
Profesor:
Roberto Leal
Un
curso práctico dirixido a persoas que se inician na arte dramática
onde se poderá experimentar, a través dos distintos elementos da
linguaxe teatral, un completo proceso de traballo de creación
dramática. A partir dun texto previo, o alumno será o auténtico
protagonista do proceso vivenciando e estimulando a creatividade
individual e grupal nas distintas facetas das que se compón unha
montaxe (interpretación, dirección, escenografía, vestiario,
maquillaxe…)
Datas:
26,28 outubro / 2,4,9,11,16,18,23,25,30 novembro / 2,9,14,16
decembro Horario: 12,00 – 14,00
Prazas:
12
Xastraría de teatro
Profesora: Clotilde Vaello
Neste curso achegaremos o alumno á linguaxe do
vestiario teatral e ao estudio dos diversos materiais para
finalmente confeccionar un prototipo
Datas:
2,3,4,5,9,10,11,12 de novembro
Horario:
19,30 – 21,30
Prazas:
8
Introdución á voz cantada
Profesora:
Marion Sarmiento
A voz
como instrumento de expresión artística. Técnica básica de
respiración para o canto. Experimentación das posibilidades
tímbricas da voz cantada nos diferentes rexistros vocais. Hixiene e
saúde vocal. Autoconsciencia da voz e optimización dos seus
recursos. Interpretación de cancións de diferentes estilos.
Datas:
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño:
11,18,25 xaneiro/ 22 febreiro/ 1,8,15 marzo
Paraninfo:
22 marzo/ 5,12,26 abril
Horario:
12,30 – 14, 30
Prazas:
12
O
actor e o seu corpo: o uso da súa tridimensionalidade
Profesora:
Olga Cameselle
Traballo enfocado a usar conscientemente o corpo
como volume en acción relacionándoo co propio espazo (o propio
corpo), co espazo alleo (con outro corpo), co espazo común (o espazo
escénico) e como soporte físico da palabra (texto).
Datas:
11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26, 27 de xaneiro
Horario:
17,00 – 19,00
Prazas:
12
Danza barroca. Do fasto da corte dos Medici ao esplendor da corte de
Louis XIV. A teatralidade do movemento e da danza no teatro do
Renacemento italián e do Barroco francés
-O teatro do
Renacemento italián e do Barroco Francés
-Introdución
aos códigos do movemento no teatro barroco
-A linguaxe
dos abanos e dos graos no rostro
-Danzas de
corte,"Bassa danza e Alta danza",historia,pasos de base,execución no
espazo,aprendizaxe de estractos de repertorio
-A
"Belle dance"
-Introdución
ao sistema "Feuillet"
Datas:
11,12,13,14,18,19,20,21,25,26,27 de xaneiro
Horario:
19,30 – 22,00
Prazas:
10
Iluminación
Introdución á iluminación teatral. Tipo de
proxectores e rendementos. O uso da cor. A luz sobre o actor e os
obxectos.
Datas:
22,23,24,25,26 de febreiro
Horario:
19,00 – 22,00
Prazas:
6
Taller de arte dramática 2: interpretación
Profesor:
Santi Prego
Traballaremos
fundamentalmente sobre tres principios: O Xogo, a Complicidade e a
Escoita. O taller rematará coa presentación dun traballo final, de
xeito que un dos obxectivos será integrar os participantes nun
proxecto común coa dinámica dun equipo de creación teatral. Esta
presentación final constará de varias escenas para dous ou tres
actores e unha escena coral.
Datas:
1,2,3,8,9,10,15,16,17,22,23,24 de marzo
Horario:
19,00 – 22,00
Prazas:
14
Monográfico de interpretación: Brevemente Beckett
Profesor:
Quico
Cadaval
As sesións de traballo pretenden ser unha
aproximación, a modo de laboratorio ás pezas breves de Samuel
Beckett. Estas pezas, entre as que se destacan, Os actos sen
palabras, Impromptu de Ohio, Que? Quen?, Play,
Anaco de teatro, etc. poden ser consideradas como limítrofes
porque exploran os extremos do teatro, o límite da situación
dramática, do diálogo, da memoria do personaxe, do risco social, das
referencias, mesmo de ideas como a intensidade e o ritmo da escena.
Estas carcacterísticas, lonxe de complicar o traballo fano máis
sinxelo, o que non quere dicir necesariamente máis fácil.
Traballaremos algunhas variacións sobre as ideas do autor para
comprobar o que cambia e poderemos, pola súa brevidade, apresentalas
en público.
Datas:
5,6,7,12,13,19,20,21,26,27,28 de abril
Horario:
18,30 a 21,30
Prazas:
14
Campus de Lugo
Prazo e lugar de inscrición:
do 8 ao 30 de outubro na Vicerreitoría de Cultura en Lugo, Pazo
de Montenegro, Praciña da Universidade, Teléfono 982 285900,
extensión 21513
Prezos:
comunidade universitaria:
35
euros
non comunidade universitaria: 70
euros
Prezos reducidos
se se matriculan de
todos os cursos:
comunidade universitaria: 140 euros
comunidade non universitaria: 280 euros
CURSOS:
Monográfico de interpretación: Brevemente Beckett
As sesións de traballo pretenden ser unha aproximación, a modo de
laboratorio ás pezas breves de Samuel Beckett. Estas pezas, entre as
que se destacan: Os actos sen palabras, Impromptu de Ohio, Que? Quen?,
Play, Anaco de teatro, etc. poden ser consideradas como limítrofes
porque exploran os extremos do teatro, o límite da situación
dramática, do diálogo, da memoria do personaxe, do risco social, das
referencias, mesmo de ideas como a intensidade e o ritmo da escena.
Estas características, lonxe de complicar o traballo fano máis
sinxelo, o que non quere dicir necesariamente máis fácil.
Traballaremos algunhas variacións sobre as ideas do autor para
comprobar o que cambia e poderemos, pola súa brevidade, apresentalas
en público.
Profesor:
Quico Cadaval
Datas:
Venres e sábados: 30 de abril, 1, 7, 8, 14, 15, 21, 22 de maio
Horario:
Venres de 18:00 a 22:00 h e sábados de 10:00 a 14:00 h
Horas:
32
Prazas:
16
Lugar:
Aula de Teatro e Danza
O
actor e o seu corpo: o uso da súa tridimensionalidade
Traballo enfocado a usar conscientemente o corpo como volume en
acción relacionándoo co propio espazo (o propio corpo), co espazo
alleo (con outro corpo), co espazo común (o espazo escénico) e como
soporte físico da palabra (texto).
Profesora:
Olga Cameselle
Datas:
Sábado e domingo: 21, 22, 28 e 29 de novembro
Horario:
De
10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h os días 21 e 28
De
10:00 a 14:00 h os días 22 e 29
Horas:
22
Prazas:
16
Lugar:
Aula de Teatro e Danza
Construción e
manipulación de marionetas
Profesores:
Marcelino de Santiago e Isabel Rey
Datas:
Venres e sábado: 11, 12, 18 e 19 de decembro
Horario:
os
días 11 e 18 de 17:00 h a 21:00 h
os
días 12 e 19 de 10:00 h a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h
Horas:
24
Prazas:
16
Lugar:
Aula de Plástica (Escola Universitaria de Formación de Profesorado)
Introdución
á iluminación
Profesor:
Alfredo Sarille
Datas:
abril de 2010
Horario: 20:00-
23:00 h
Horas:
9
Prazas:
9
Lugar:
Auditorio Gustavo Freire
Do fasto da
corte dos De' Medici ao esplendor da corte de Louis XIV. A
teatralidade do movemento e da danza no teatro do Renacemento
italiano e do Barroco francés
O teatro do
Renacemento italiano e do Barroco Francés.
Introdución
aos códigos de movemento no teatro barroco.
A linguaxe dos
abanicos e dos graos.
Danzas de
corte, "Bassa danza e Alta danza", historia, pasos de base,
execución no espazo, aprendizaxe de estratos de repertorio.
A
"Belle dance".
Introdución ao
sistema "Feuillet".
Profesora:
Fabiana Gastaldello
Datas:
26, 27, 28, 29 de abril e 3, 4, 5, 6 de maio de 2010
Horario:
De 17:00 – 20:00 h
Horas:
24
Prazas:
16
Lugar:
Aula de Teatro e Danza
|