accesibilidade
 
Inicio » Servizos » Inicio Área de Cultura » Espazo de Danza
Seccións

Inicio Área de Cultura

Persoal
Axenda

Aula de Teatro

Espazo de Danza

Espazo de Cámara

Coro Universitario

Espazo de Fotografía

Espazo de Astronomía

Grupo de Creación Musical (Lugo)
Fonoteca

Visitas ao Patrimonio

Espazo de Danza
Curso académico 2011-2012

 

O Espazo de Danza da Universidade (EDU), enmarcado dentro dos obxectivos do novo Espazo Europeo de Educación Superior (Bolonia), está dirixido á formación integral dos estudantes universitarios, creando pontes e relacións a través dos profesionais da danza e do público da Comunidade galega. Os seus obxectivos diríxense tanto á investigación, como á creación, á aprendizaxe e ao fomento de públicos para a danza.

 

 

Rexistro de compañias escénicas

Compañías propias

Cursos

Crea o teu grupo, uso o teu Espazo!

 

I) Compañías

Campus de Compostela

Campus de Lugo

 

Campus de Compostela

 

COMPAÑÍA DE DANZA DA USC. Campus de Compostela. (Recoñecida con créditos)

A compañía de danza universitaria dedícase a creación e investigación do movemento no ámbito da danza contemporánea. O obxectivo principal é a creación dunha coreografía. A proposta final bebe do iniciado no curso de danza contemporánea II e tamén das  propostas  dos alumnos  utilizando todo o material traballado.

 

Contidos: Experimentación e documentación do movemento. Creación dunha coreografía. Deseño do vestiario, atrezzo. Creación do espazo sonoro. Posta en escena.

Dirección: Juan Carlos Zahera

Coreógrafa: Amparo Novas

Duración: de 18 de novembro de 2011 a xuño de 2012 (despois desta data estarán as saídas a encontros, festivais e a propia organización do 10º Encontro universitario de Danza Contemporánea da USC)

Horarios: Os venres de 14:30 h a 17:00 h

Lugar: Estadio de Atletismo. Modulo 1. Campus Vida

Nº de prazas: 10

Prezo: Gratuíto. Só comunidade universitaria

Requisitos de acceso: Ter participado no Curso II de Danza Contemporánea ou ter pertencido á compañía de Danza da USC en anos anteriores. O prazo de inscrición finaliza o luns 21 de novembro de 2011

 

Para máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Área de Cultura

Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro, s/n

Teléfonos: 881 811 103 / 982 821 510

 

 

 

 

Campus de Lugo

A Compañía de Danza Universitaria dedícase á creación e investigación do movemento no ámbito da danza contemporánea. Nesta fase o obxectivo principal é a creación dunha coreografía. A proposta final bebe do iniciado no curso de danza contemporánea e tamén das propostas dos alumnos utilizando todo o material traballado.

 

Director: Juan Carlos Zahera

Duración do curso: do 15 de novembro de 2011 a xuño de 2012

Horarios : De 19:00 h a 20:00 h (martes e xoves)

Lugar: Aula de Teatro e Danza (Aulario de Veterinaria)

Nº de prazas: 10

Prezo: Gratuíto. Só comunidade universitária

Requisitos de acceso: Ter participado no Curso de Danza Contemporánea ou ter pertencido á compañía de Danza da USC en anos anteriores

Fin do prazo de inscrición: martes 22 de novembro

Contido: Experimentación e documentación do movemento. Creación dunha coreografía. Deseño do vestiario, atrezzo. Creación do espazo sonoro. Posta en escena.

 

Para máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Área de Cultura (Lugo), Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade s/n.

Teléfonos: 982 821 510/ 982 821 513

 

 

 

II) Programa de formación

Campus de Compostela

Campus de Lugo

 

Campus de Compostela

 

1.- CURSO DE INICIACIÓN Á DANZA CONTEMPORÁNEA

Iníciación no mundo da danza contemporánea para adquirir uns coñecementos elementais sobre o mundo da danza sen coñecementos previos

 

Obxectivos: Adquirir uns coñecementos elementais sobre o mundo da danza e posúan unha base para unha futura aplicación

Contidos: Coordinación entre movemento e música. Nocións básicas da danza.       Traballo de chan e  traballo en vertical. O equilibrio e a  coordinación. Expresión corporal á través do ritmo

Profesores: Juan Carlos Zahera

Prazo de matrícula: Desde o 6 de outubro de 2011 até completar as prazas por rigorosa  orde de inscrición

Duración do curso: de 7 de novembro de 2011 a 30 de xaneiro de 2012

Horarios e lugar: de 14:30 h a 16:30 h. (luns e mércores) no Estadio de Atletismo. Modulo I. Campus Vida

Nº de prazas: 15

Prezos:

-           Membros da comunidade universitaria: 40 euros

-           Xeral: 60 euros

 

Para máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Área de Cultura. Praza do Obradoiro, s/n

Teléfonos: 881 811 103 / 982 821 510

 

 

 

2.- CURSO II DE DANZA CONTEMPORÁNEA (recoñecido con créditos)

Este curso é un acercamento técnico ao movemento individual, por medio de traballos que desenvolvan a conciencia do movemento a través dunha danza orgánica e fluida, potenciando as posibilidades físicas e creativas de cada persoa.

 

Requisitos: Ter polo menos 1 ano de formación nalgunha técnica de Danza

Profesora: Amparo Novas

Obxectivos: Potenciar o desenrolo creativo dos alumnos mediante a expresión a través do movemento individual e persoal de cada un. Desenvolvemento da escoita persoal e grupal. Traballar a conciencia corporal e o movemento orgánico e fluido. Aprender a traballar a composición do movemento a tempo real.  Conectar a técnica da improvisación coa actividade creativa como ferramentade traballo.

Contidos: Traballo de concentración e relaxación activa. Exercicios relacionados cos factores espaciais, temporais e distintas calidades de movemento. Exercicios individuais, por parellas e grupais. Improvisacións colectivas.

Prazo de matrícula: do 6 de outubro de 2011 ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición

Duración do curso: de 7 de novembro de 2011 a 28 de marzo de 2012

Horarios e lugar: de 19:00 h a 21:00 h. (luns e mércores) no espazo Baleiro (anexo da Facultade de Filoloxía).Campus Norte. 

 Prezos:  

-          Membros da comunidade universitaria: 85 euros

-          Xeral: 105 euros

Nº de prazas: 15

    

Para máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Área de Cultura. Praza do Obradoiro, s/n

Teléfonos: 881 811 103 / 982 821 510

 

 

 

Campus de Lugo

 

1.- CURSO DE DANZA CONTEMPORÁNEA (recoñecido con créditos)

Adquirir uns coñecementos elementais sobre o mundo da danza e posuír unha base para unha futura aplicación.

 

Profesores: Juan Carlos Zahera (contemporáneo) e Rosa Acuña (ioga)

Prazo de matrícula: do 13 de outubro ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición

Duración do curso: de 8 de novembro de 20011 a 29 de marzo de 2012

Horarios: de 20:00 h a 22:00 h (martes e xoves)

Lugar: Aula de Danza e Teatro (Facultade de Veterinaria).

Prezo:

Membros da comunidade universitaria: 85 euros

Xeral: 105 euros.

Nº de prazas: 15

Contidos: Estiramento corporal a través do Ioga. Coordinación entre movemento e música. Nocións básicas da danza. Traballo de chan e traballo en vertical. O equilibrio e a  coordinación. Expresión corporal á través do ritmo

 

Para máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Área de Cultura (Lugo), Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade s/n.

Teléfonos: 982 821 510/ 982 821 513

 

 

2.- BAILE NA SOCIEDADE

 

·         Técnica e Taller de RITMOS CLÁSICOS (Valse e Tango)

 

Profesor: Juan Carlos Zahera

Prazo de matrícula: do 13 de outubro ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición

Duración: do 11 de novembro de 2011 ata o 21 de decembro de 2011

Horarios:  Os venres de  20:30h a 22 horas

Lugar: Aula de Danza e Teatro (Aulario de Veterinaria)

Prezo:

Membros da comunidade universitaria: 20 euros

Xeral: 40 euros

Nº de prazas: 20

 

Para máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Área de Cultura (Lugo), Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade s/n.

Teléfonos: 982 821 510/ 982 821 513

 

 

 

·         Técnica e Taller dos RITMOS LATINOS (Salsa, Bachata e Merengue)

 

Profesores: Iago & Antia Anello

Prazo de matrícula: do 13 de outubro ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición

Duración: do 9 de xaneiro ata o 26 de marzo de 2012

Horarios: Os luns de  20:30 h a 22:00 horas

Lugar: Salón da R.U. Bal e Gay

Prezo:

Membros da comunidade universitaria: 40 euros

Xeral: 60 euros

Nº de prazas: 20

 

Para máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Área de Cultura (Lugo), Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade s/n.

Teléfonos: 982 821 510/ 982 821 513

 

 

 

 

III) Crea o teu grupo, usa o teu Espazo!

 

De xaneiro a abril

Asesoría de creación e produción coreográfica

Servizo de préstamo

Espazo de ensaio

Requisitos de acceso: Pertencer á comunidade universitaria.

 

Máis información:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Área de Cultura

Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro, s/n

Teléfonos: 881 811 018 / 982 821 510

 

 

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 881 811 000
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praciña da Universidade
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 820 000