UNIVERSIDADE DE VERÁN 2013
CONVOCATORIA E NORMAS REGULADORAS
[Se o desexa, pode baixar
esta
convocatoria en documento PDF]
Segundo
recollen os puntos 1 e 2 do artigo 4 dos Estatutos da Universidade
de Santiago de Compostela, unha das funcións da nosa Universidade é
a difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión
universitaria desenvolvendo cursos e actividades que procuren a
formación integral do individuo ao longo de toda a vida. Neste
sentido, a Universidade de Verán constitúe unha privilexiada
plataforma de servizo e contacto coa sociedade e representa a
esencia mesma da extensión universitaria.
Os
cursos de verán da USC contan xa cunha dilatada e importante
traxectoria de extensión, intercambio e posta en valor da actividade
universitaria e conforman un foro activo para difundir e compartir
saberes e experiencias así como para a actualización e debate da
innovación científica en todos os ámbitos do coñecemento, incluíndo
actividades e participantes que non teñen fácil cabida no período
lectivo ordinario. Permiten, ademais, unha accesibilidade e unha
convivencia activos e intensos entre o alumnado, o profesorado da
nosa universidade e investigadores/as e especialistas doutros
ámbitos.
Así,
pola presente convócase a edición 2013 da Universidade de Verán da
Universidade de Santiago de Compostela que se rexerá polas seguintes
NORMAS
REGULADORAS
I.
CONSIDERACIÓNS XERAIS
·
As presentes normas regularán o funcionamento da
Universidade de Verán 2013. As propostas que se remitan para a súa
consideración deberán cinxirse a estas normas e incluír todos os
datos que se solicitan.
·
As propostas pódense presentar en dúas categorías:
Cursos, con 30 ou máis horas de duración, recoñecidos con 2
créditos de libre configuración (diplomaturas, mestres, enxeñarías,
enxeñarías técnicas e licenciaturas).
Outras actividades,
de 15 a 29 horas de duración entre as que se poden incluír formatos
como seminarios, foros, obradoiros, encontros, xornadas, etc.,
recoñecidas con 1 crédito de libre configuración (diplomaturas,
mestres, enxeñarías, enxeñarías técnicas e licenciaturas).
Para as titulacións de Grao adaptadas ao EEES
recoñécense créditos coa seguinte equivalencia:
2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas
1
crédito por cada curso de menos de 25 horas
As
horas lectivas contabilizadas han ser necesariamente presenciais;
non se poden contemplar horas por realización de traballos.
·
A asistencia a cursos e actividades da Universidade de
Verán non poderá ter ningún outro efecto curricular nin computable
nas materias das titulacións da USC, excepto a obtención dos
créditos correspondentes.
·
Os cursos e actividades da Universidade de Verán poden
estar orientados ao público en xeral, a estudantes
universitarios/as, a docentes, a profesionais ou a outros sectores.
O equipo organizador deberá facer constar no proxecto a que sector
ou sectores vai orientado e realizar no seu momento unha difusión de
información particular dese curso dirixida ao/s sector/es
interesado/s.
·
Os
cursos e actividades da Universidade de Verán 2013
desenvolveranse exclusivamente entre o 16 de xullo e o 5 de setembro
de 2013 (esta última data quedará supeditada á aprobación da data de
inauguración do próximo curso académico). Nesta edición, ademais, e
de xeito experimental, será posible situar cursos entre o 3 e o 21
de xuño de 2013.
·
A
estrutura de cada programa (horarios, distribución de conferencias,
mesas redondas, obradoiros, visitas prácticas...) será determinada
libremente por cada director/a. En todo caso, non se poden programar
máis de 8 horas de actividade lectiva por xornada.
·
Cada
curso ou actividade terá como mínimo un/ha director/a e un/ha
secretario/a. Cando menos, unha destas persoas deberá pertencer á
USC, e será a responsable última perante a Vicerreitoría aos efectos
organizativos e administrativos. Pode haber, tamén, co-direccións e
secretarías compartidas.
·
Os
cursos e actividades poderán ter lugar nos campus de Compostela e
Lugo, así como nas instalacións de apoio que a USC posúe fóra dos
campus. Nos casos nos que se queira propoñer a celebración noutro
lugar que non sexa unha instalación da USC, xunto coa proposta
débese axuntar un escrito do concello, institución ou entidade
anfitrioa no que se compromete a co-financiar a actividade e a
facilitar as instalacións e medios para o seu desenvolvemento.
·
O prazo
de matrícula concluirá unha semana antes do comezo de cada curso ou
actividade para poder garantir a entrega en tempo e forma de
diplomas, certificados, enquisas de avaliación e listaxes.
·
Poderase dispor, se a dirección dun curso o desexa, de 1 alumno/a
colaborador/a. Esta figura consiste en designar unha persoa de apoio
por cada curso para realizar,
exclusivamente durante a celebración do mesmo, tarefas de
atención de intervenientes, control de asistencia, manexo de equipos
audiovisuais e outras atencións de carácter xeral. Esta persoa, que
será proposta no seu momento pola dirección do curso co visto bo da
Vicerreitoría
de Estudantes, Cultura e Formación Continua,
será estudante activo da USC e terá dereito a matrícula gratuíta no
curso ou actividade no que colaborará, así como a unha constancia
escrita da súa colaboración.
·
Existe
un procedemento xeral de avaliación dos cursos e actividades de
verán a través de enquisas que se lle pasarán no seu momento aos/as
asistentes coa finalidade de coñecer o grao de calidade e
satisfacción co que se desenvolven ditas actividades e cursos.
II.
PRESENTACIÓN E PROCESO DE SELECCIÓN DE PROPOSTAS
·
Poderán
presentar propostas aos Cursos de Verán os profesores e profesoras
da Universidade de Santiago de Compostela, departamentos,
institutos, servizos, facultades, escolas superiores e escolas
universitarias da USC. Unha mesma persoa poderá formar parte da
dirección e/ou secretaría dun máximo de 2 propostas.
·
As
propostas pasarán por dúas fases avaliativas, unha primeira de
preselección e unha segunda que recolle a avaliación
académico-científica.
A.-
Fase de preselección
·
Aos
efectos de considerar a súa viabilidade xenericamente, evitar
repeticións, procurar un equilibrio de temáticas, dosificar
previamente as propostas para un mesmo concello e permitir unha
mellor organización do conxunto de actividades, establécese unha
fase de preselección.
O prazo
para presentar propostas remata o 15 de decembro de 2012 e
deberán dirixirse ao correo electrónico
cursosdeveran@usc.es :
·
As propostas deberán incluír a seguinte documentación:
1.- A ficha que se xunta como apéndice 1
destas normas, cuberta por completo. (Pódese baixar
aquí en
formato Word ou
aquí en
formato PDF)
2.-
A
proposta
da acción que debe incluír os seguintes apartados:
a)
título
do curso
b)
obxectivos
c)
público
a quen primordialmente vai dirixido
d)
tipo de
actividade: curso (30 ou máis horas) ou seminario, foro, encontro,
etc. (entre 10 e 29 horas)
e)
breve
descrición de contidos
f)
orzamento total aproximado coa previsión provisoria de financiamento
externo
B.-
Fase de avaliación definitiva
Na primeira quincena do mes de xaneiro de 2013
darase a coñecer a relación de propostas que pasaron a preselección
e as eventuais recomendacións de mellora das mesmas.
De
conformidade co artigo 59.5.b) os taboleiros de anuncios nos que se
efectuarán as sucesivas comunicacións serán na Reitoría (Colexio de
San Xerome. Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela) e na
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo
(Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade s/n, Lugo), sen
prexuízo da súa publicación complementaria en medios electrónicos ou
noutros taboleiros da USC.
Contra a proposta de preselección os interesados poderán presentar
reclamacións no prazo de 5 días hábiles. Transcorrido ese prazo e
resoltas as mesmas, o Vicerreitor
de
Estudantes, Cultura e Formación Continua
resolverá por delegación a relación definitiva de cursos
preseleccionados.
Desde ese momento, as persoas propoñentes terán de prazo 10
días hábiles desde a comunicación definitiva da preselección para
achegar a 2ª quenda de información precisa para a avaliación
definitiva que incluirá:
a) programa de contidos
b) relación de intervenientes cun breve perfil
académico e/ou profesional (máximo 10 liñas para cada persoa)
c) orzamento desglosado nos seguintes conceptos:
-
honorarios
-
viaxes
-
aloxamento e manutencións
-
outros gastos (difusión propia, material técnico...)
- SUMA
TOTAL DE GASTOS
-
compromiso de financiamento externo previsto, indicando as entidades
colaboradoras e a súa achega
A estas propostas realizaráselles unha avaliación
académico-científica, a cargo do consello científico do Centro de
Estudos Avanzados da USC, que ten por obxecto garantir a calidade do
Programa.
Analizará os seguintes criterios, coas seguintes
puntuacións:
calidade dos contidos: máximo 3 puntos
actualidade da temática: máximo 3 puntos
solvencia de intervenientes: máximo 2 puntos
interdisciplinariedade: máximo 2 puntos
Á parte, valorarase negativamente a posible
coincidencia dos contidos con materias curriculares (0=ningunha,
-1=pouca, -2=media). No caso de existir unha coincidencia grande, o
proxecto non será considerado.
Deste xeito, cada proposta terá unha puntuación
académico-científica que oscilará entre -2 e 10.
C.-
Selección final
Sumadas as puntuacións da avaliación, realizarase a
selección final para conformar o programa da Universidade de Verán
2013, que constará das propostas que cheguen a 5 ou máis puntos na
avaliación.
A
lista provisoria de propostas seleccionadas será comunicada nos
taboleiros da Reitoría (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro
s/n, Santiago de Compostela) e da Vicerreitoría de Coordinación e
Planificación do Campus de Lugo (Pazo de Montenegro, Praciña da
Universidade s/n, Lugo), sen prexuízo da súa publicación
complementaria en medios electrónicos ou noutros taboleiros da USC.
Contra a proposta de selección os interesados poderán presentar
reclamacións no prazo de 5 días hábiles. Transcorrido ese prazo e
resoltas as mesmas, o Vicerreitor
de Estudantes, Cultura e Formación Continua
resolverá por delegación a relación definitiva de cursos
seleccionados.
III.
CUESTIÓNS ECONÓMICAS
·
Os/as
organizadores/as das propostas terán que conseguir o financiamento
necesario para a súa realización.
·
As
propostas aprobadas contarán, ademais, co 80% do total de ingresos
que se obteñan pola matrícula.
·
Os
prezos de matrícula aplicables na Universidade de Verán 2013 serán
os mesmos que na pasada edición:
Prezo xeral
cursos de 30 ou máis horas lectivas: 120 €
seminarios e xornadas de menos de 30 horas: 70 €
Prezo reducido
(aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de
formación profesional, pensionistas , persoas desempregadas e PDI e
PAS da USC)
cursos de 30 ou máis horas lectivas: 70 €
seminarios e xornadas de menos de 30 horas: 40 €
A
parte, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están
cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter
formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico
2012-13 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2012/13 son de
nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non
teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron
matrícula, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e
asistencia en viaxe que terá un custe de 15€.
·
A
publicidade e a difusión xeral da Universidade de Verán correrán por
conta da
Vicerreitoría
de
Estudantes, Cultura e Formación Continua. Á parte, cada curso ou
actividade deberá facer a súa difusión propia, así como materiais
impresos, que correrán a cargo do seu propio orzamento. Este
material deberá ser revisado pola
Vicerreitoría
de
Estudantes, Cultura e Formación Continua antes de se imprimir para
comprobar que se respectan as normas de imaxe corporativa e fins da
USC.
·
Abrirase unha aplicación orzamentaria a nome de cada curso da que
será titular o/a director/a. Esta aplicación abrirase no centro de
gasto do servizo, instituto ou centro de que dependa o/a director/a
ou secretario/a no seu caso e será dotada dunha contía inicial por
parte da
Vicerreitoría
de
Estudantes, Cultura e Formación Continua a modo de anticipo. O/a
director/a será quen autorice os gastos, sendo o/a responsable de
asuntos económicos do centro de gasto correspondente quen execute os
pagamentos. No caso de que o/a director/a non pertenza á USC,
exercerá a titularidade desta aplicación o/a secretario/a.
Fíxanse
uns límites máximos para as remuneracións. Para os honorarios de
dirección e secretaría establécese unha contía máxima de 600 €
brutos c/u (no caso de direccións ou secretarías compartidas, a
contía deberase repartir). Nesta contía enténdense como incluídas as
posibles conferencias ou outras intervencións que realicen durante o
curso.
Os
honorarios dos/as relatores/as non poderán superar os 400 € brutos
por intervención, cifra que só se poderá superar con autorización da
Vicerreitoría
de
Estudantes, Cultura e Formación Continua previa xustificación
argumentada por parte do/as propoñentes e da comprobación de que se
conta cos recursos suficientes.
IV.
FUNCIÓNS E RESPONSABILIDADES
·
As
funcións e responsabilidades dos/as directores/as serán:
1.
respectar todos os prazos e condicións destas normas.
2.
fixar
os contidos do programa e designar o/a secretario/a
3. estabelecer
os contactos co profesorado convidado, reservar o lugar de
celebración e realizar, co apoio do/a secretario/a, todas as
xestións organizativas do curso
4. establecer,
no seu caso, contacto previo e con suficiente antecedencia co
concello anfitrión ou institución/entidade colaboradora para
asegurar unha estreita coordinación de todas as cuestións
organizativas “in situ”
5.
supervisar e responsabilizarse da execución do gasto
6.
pasar
as probas do material de difusión propia do curso á revisión na
Vicerreitoría antes da súa impresión
7.
supervisar o control de asistencia, asinar os diplomas de asistencia
e elaborar a acta do curso
8.
elaborar, de ser solicitado polos/as interesados/as, constancias de
participación para o profesorado interveniente
9.
entregar ás/aos alumnas e alumnos o cuestionario de calidade que a
Vicerreitoría previamente proporcionará e facelo chegar a esta.
·
A
función e responsabilidade dos/as secretarios/as será complementar e
asistir ao/á director/a no desenvolvemento das tarefas e xestións
organizativas do curso. Igualmente, e de acordo con este/a, poderá
asumir as tarefas que lle sexan encomendadas atribuídas á dirección.
·
A
función e responsabilidade dos/as alumnos/as colaboradores/as
desenvolverase só durante a realización do curso e consistirá no
apoio loxístico para realizar tarefas de recollida e
atención de intervenientes, control de asistencia, manexo de equipos
audiovisuais e outras atencións de carácter xeral.
·
A
Vicerreitoría
de
Estudantes, Cultura e Formación Continua responsabilizarase de:
1. coordinar
e supervisar o desenvolvemento xeral dos cursos e velar polo
cumprimento das normas e dos orzamentos e condicións económicas
2.
elaborar os diplomas de asistencia, certificados de crédito de libre
configuración e listaxes de matriculados/as
3.
organizar a publicidade e difusión xeral e supervisar o material de
difusión propia no caso dos cursos que o elaboren
4. proporcionar
aos/ás directores/as o cuestionario de calidade para que
cumprimenten o/as alumnos/as ao finalizar o curso
5.
organizar a matrícula, de acordo cos servizos específicos que a
xestionaren.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2011
O
Reitor
(P.
D. r.r. do 28 de xullo de 2011 de delegación de competencias, o
Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua)
Asdo:
Francisco Ramón Durán Villa
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa,
poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante
o xulgado do
contencioso-administrativo de Santiago de Compostela/Lugo
no prazo de dous meses a contar
desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos
artigos 46 e 8.2.a) da Lei da Xurisdición Contencioso
Administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Non obstante, os
interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición
no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se
poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo
anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou
presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos
artigos 116 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime
Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de
xaneiro
INFORMACIÓN E
CONSULTAS
Para
calquera consulta ou dúbida sobre estas normas, pódense dirixir ao
director da Área de Cultura e coordinador da Universidade de Verán,
Pablo Sampedro Magán, na extensión telefónica 11123, no correo
electrónico psampedro@si.usc.es
ou
directamente no Colexio de San Xerome.
|