MÚSICA
Martes
1 de outubro
CASA DO SABER
20:00 horas
Entrada gratuíta ata completar o aforo
CONCERTO
ÁNGEL FARALDO _ HUGO MORALES MURGUÍA
MÚSICA_ELECTRÓNICA_ANALÓXICA
noinputmixer _ capacitance _conductivity
Ángel Faraldo e Hugo Morales Murguía, son dous dos expoñentes
das novas procuras que unen arte e tecnoloxía e, nesta dobre
proposta, mestúranse liñas de traballo que, dun modo ou outro,
parten da música electrónica analóxica: Faraldo utiliza unha
mesa de mesturas para xerar toda sorte de sons coa
retroalimentación electrónica da propia mesa. Hugo Morales
utiliza un rango de ferramentas que van dende os instrumentos
tradicionais alterados física e/ou electronicamente ao traballo
con obxectos rudimentarios amplificados
CONCERTOS EN COLABORACIÓN COA SOCIEDADE FILHARMÓNICA DE LUGO
Sábado, 19 de outubro
SALÓN REXIO DO CÍRCULO DAS ARTES, ás 20.30 h
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Paul
Daniel, director
Isabel
Rey, soprano
Quico
Cadaval, narrador
Programa
G. Mahler - Onde as fermosas trompetas resoan, de O
Corno máxico da xuventude
G. Mahler - Canción do perseguido na torre, de O Corno
máxico da xuventude
L. v. Beethoven - Egmont, op 84
Convites para estudantes:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo
Praciña da Universidade s/n
Teléfono: 982 821 513
OUTRAS
ACTIVIDADES
PRÓXECTATE EN GALEGO. FORO USC 2013
Organizado polas Comisións de Normalización Lingüística dos
Centros Universitarios do Campus de Lugo
CASA DO SABER
18-19-20 de outubro
Prazas:
60 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. Para a viaxe
de estudos do domingo á fortaleza de San Paio de Narla hai 60
prazas en autobús, que se adxudicarán por orde de inscrición.
Tamén poderás asistir con vehículo propio.
Destinatarios/as:
Estudantes da USC, mais está aberta a toda a comunidade
universitaria (PDI e PAS).
Prezo:
5 euros para as persoas que desexen diploma acreditativo final
e/ou o crédito por recoñecemento de competencias transversais.
Inclúe a viaxe do domingo á fortaleza de San Paio de Narla para
as primeiras 60 persoas inscritas. Para o resto, a asistencia é
libre ata completar aforo.
Inscrición:
A través desta
ligazón da Secretaría Virtual. Se tes algún problema, ponte
en contacto co
Centro de Atención a Usuarios.
Prazo de inscrición:
Do 27 de setembro ao 15 de outubro de 2013, ambos os dous
incluídos.
máis información e PROGRAMA en:
Próxectate en galego. Foro USC 2013
CONVOCATORIAS E CURSOS
XIX MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CAMPUS
(Lugo
Cultural)
No marco de actuación do Convenio LUGO CULTURAL, no que
participan a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello
de Lugo e a Deputación de Lugo coa colaboración do Grupo
Cinematográfico FONMIÑÁ, convócase o XIX Maratón
Fotográfico do Campus conforme as seguintes
BASES:
1.
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18
anos que o desexen.
2.
Prazo de inscricións dende o 19 de setembro ata as 14:00
h do día 2 de outubro de 2013.
3.
A data de celebración será o 9 de outubro. Os
participantes presentaranse o dito día ás 10:00 h na
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo,
onde se procederá á: lectura dos temas, entrega de carretes ou
CD (segundo modalidade) e ficha para que poidan presentar co
título das fotografías e frases para incluír no catálogo,
segundo se indica no punto 5.3. Ademais farase unha fotografía
con todos os participantes co obxecto de incluíla no catálogo
que se edite.
4.
Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas
modalidades: dixital ou analóxica.
Independentemente da modalidade, participarase
obrigatoriamente en tres temas dos que 2 serán propostos
pola organización e o terceiro será libre, debendo entregar 1
única fotografía por cada tema. As fotografías poderán ser
realizadas en branco e negro ou en cor.
5.
Entrega e selección das fotografías que se presentarán ao
certame:
5.1
MODALIDADE ANALÓXICA:
5.1.1
O 10 de outubro ata as 14:00 h: Entrega de
carrete.
5.1.2
O 17 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 h: Os
participantes deberán elixir as fotografías que queren presentar
ao certame, a través da folla de contacto que lles facilitará a
organización.
5.2
MODALIDADE DIXITAL:
5.2.1
O 10 de outubro ata as 14:00 h: Entrega do CD.
5.2.2
No CD gravaranse as fotos en .jpg, con un máximo de
3.543X2.362 pixeles a 200 ppp. Cada fotografía arquivarase co
nome do tema ao que corresponde.
5.3
EN ÁMBOLOS DOUS CASOS:
O autor PODERÁ cubrir a ficha facilitada pola
organización, cos títulos que decida darlle a cada fotografía
e/ou, no seu caso, a frase correspondente para incluír no
catálogo (20 palabras máximo, en galego).
6.
As fotografías presentadas polos participantes, serán
reveladas pola organización para a súa posterior valoración polo
xurado.
7.
PREMIOS*:
Premio á mellor fotografía de cada tema, dotado cada un
con: 250 euros e trofeo por tema.
Premio Carlos Valcárcel, á mellor colección presentada,
dotado con: 400 euros e trofeo.
8.
A organización resérvase o dereito de facer a selección
das fotografías que considere, co fin de expoñelas ao público no
lugar e datas que se decida e, se é o caso, de editar en
catálogo.
9.
O lugar e data do fallo e da entrega de premios, será
comunicado oportunamente.
10.
O xurado encargado de fallar os premios será nomeado polos
organizadores.
11.
As fotografías premiadas quedarán en posesión da Universidade de
Santiago de Compostela que poderá facer uso delas paro os fins
que estime oportunos, sempre facendo referencia a autoría das
mesmas.
Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola
organización. O feito de participar neste Maratón Fotográfico
supón a total aceptación das presentes bases.
*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais
legalmente establecidas.
Inscricións e información:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade s/n
27001 – Lugo
Tfno.: 982 821 513
Bases na páxina web:
www.lugocultural.es
Aula de Teatro
Espazo de Danza
Espazo de
Fotografía