versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Servizos » Inicio Área de Cultura » Resolución preselección Universidade de Verán 2013
Seccións

Inicio Área de Cultura

Directorio
Axenda

Aula de Teatro

Espazo de Danza

Coro Universitario

Espazo de Fotografía (Lugo)

Grupo de Creación Musical (Lugo)
Fonoteca

Visitas ao Patrimonio

Resolución da fase de preselección de propostas para a Universidade de Verán 2013

 

 

Recibidas as propostas para a Universidade de Verán 2013 na fase de preselección, esta Vicerreitoría resolve:

 

1.- Publicar a relación de propostas preseleccionadas que figuran no cadro anexo no final desta resolución.

 

2.- Indicar que a partir da data de hoxe dispoñen dun prazo de 10 días hábiles para achegar POR VIA ELECTRÓNICA a documentación necesaria para a avaliación académico-científica. Para isto, enviarán un documento Word, PDF ou similar ao enderezo electrónico cursosdeveran@usc.es  , poñendo “Universidade de Verán” en “asunto” con TODA a seguinte información:

 

a) título do curso (ou seminario, obradoiro, xornadas...), datas e lugar de celebración (o documento non deberá conter ningunha información sobre os nomes das persoas da organización, dirección, secretaría... para que a avaliación sexa cega e anónima)

b) obxectivos xerais (máximo 15 liñas)

c) descrición completa de contidos (temáticas que se tratarán, conferencias, mesas redondas, talleres, visitas didácticas...)

d) relación de intervenientes cun breve perfil académico e/ou profesional (máximo 10 liñas para cada persoa)

e) orzamento desglosado nos seguintes conceptos:

- honorarios

- viaxes

- aloxamento e manutencións

- outros gastos (difusión propia, material técnico...)

- SUMA TOTAL DE GASTOS

- compromiso de financiamento externo previsto, indicando as entidades colaboradoras e a súa achega

 

 

3.- Informar de que, unha vez recibida toda esta documentación, será remitida ao consello científico do Centro de Estudos Avanzados da USC para realizar a correspondente avaliación académico-científica seguindo os criterios e puntuacións recollidos nas Normas Reguladoras da Universidade de Verán 2013.

 

4.- A lista provisoria de propostas seleccionadas será comunicada nos taboleiros da Reitoría (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela) e da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo (Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade s/n, Lugo), así como na web da USC. 

 

TÍTULO

TIPO

PROPOÑENTES

DATAS E LUGAR

VI Leccións Xacobeas Internacionais na USC: a rehabilitación do Camiño de Santiago

Curso

30 horas

Miguel Taín Guzmán (Xeografía e Historia)

17 a 20 de xullo

Facultade de Xeografía e Historia

II Curso de Química: a ciencia que envolve a nosa vida

Curso

30 horas

Carmen García Jares e Pilar Bermejo Barrera

(Química)

3 a 6 de xuño

Facultade de Química

As plantas medicinais (PAM) e o desenvolvemento sostible das reservas da biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses

Curso

30 horas

Antonio Rigueiro Rodríguez e Rosa Romero Franco

(EPS – Lugo)

29 de xullo a 1 de agosto

IBADER - Lugo

Atmosfera, clima e raios cósmicos

Curso

26 horas

Juan Antonio Garzón Heydt

(Física)

2 a 5 de setembro

Facultade de Física

O desenvolvemento económico da zona centro-sur da provincia de Lugo: sectores forestal, agroprecuario y servizos

Curso

30 horas

José Federico García Fernández e Manuel Gómez Díaz

(ADE – Lugo)

16 a 19 de xullo

SARRIA

Novos modelos de negocio e financiamento da comunicación e da cultura. Oportunidades para emprendedores, creadores e innovadores culturais

Curso

30 horas

Francisco Campos Freire

(CC. Comunicación)

10 a 14 de xuño

Facultade de CC. da Comunicación

VIII CURSO DE CONSERVACIÓN DO COUREL. Unha ollada ao interior dos soutos: estudo práctico da riqueza biolóxica dos bosques de castaño

Xornadas

28 horas

Javier Guitián Rivera

(Farmacia)

Faltan as datas

SEOANE DO CAUREL

Cartografías das resistencias: transformacións da praxe política ou as revoltas globais

Obradoiro

16 horas

Francisco Conde Soto

(Filosofía)

4 e 5 de setembro

Facultade de Filosofía

Auga e territorio

Seminario

16 horas

Tomás S. Cuesta García e Carlos Ameijenda Mosquera

(EPS – Lugo)

19 e 20 de xuño

ABEGONDO

Ética e estética da xestión ambiental

Xornadas

16 horas

F. Javier Barcia González

(Filosofía)

Faltan as datas

Facultade de Filosofía

A prestación de servizos sanitarios ante os retos do século XXI (3ª edición)

 

Curso

32 horas

Belén Trigo García e Amalia Puga Martínez

(Dereito – Enfermería)

2 a 5 de setembro

Facultade de Dereito

Biomasa forestal e bioenerxía

Curso

32 horas

Roque Rodríguez Soalleiro

(EPS – Lugo)

22 a 26 de xullo

Meira

Arte e patrimonio na Mariña de Lugo: o Camiño e os camiños da Arte

Curso

25 horas

Ana E. Goy Diz e Antonio Garrido Moreno

(Humanidades e Xeografía e Historia)

17 a 19 de xullo

RIBADEO

Compostaxe. Xestión de residuos orgánicos e cambio climático

Simposio

15 horas

Xan Neira Seijo e Anna Cervera Iglesias

(EPS – Lugo)

23 e 24 de xullo

Lugo

Agroecoloxía e gobernanza da auga

Simposio

25 horas

Tomás Cuesta García e Xan Neira Seijo

(EPS – Lugo)

13 a 15 de xuño

Lugo

O medioambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar

Curso

30 horas

José Manuel Vila Abad e Susana López Estévez

(Química)

15 a 18 de xullo

Facultade de Química

A mediación de actualidade: mediación en asuntos civís e mercantís e

mediación penal

Curso

30 horas

Raquel Castillejo Manzanares

(Dereito)

16 a 19 de xullo

Facultade de Dereito

O cancro e as súas causas: sustancias tóxicas no ambiente doméstico e estilos de vida como factores de risco emerxentes

Seminario

20 horas

Mª Lourdes Vázquez Odériz e Salvador Ramos Rey

(Ciencias – Lugo)

 

15 a 17 de xullo

BALNEARIO DE GUITIRIZ

A paisaxe na historia

Seminario

22 horas

Roxelio Pérez Moreira

(EPS – Lugo)

17 a 19 de xullo

GUITIRIZ

Big Data and Data Science

Curso

31 horas

Tomás Fernández Pena e José Ramón Ríos Viqueira

(CITIUS)

16 a 19 de xullo ou

2 a 5 de setembro

ETSE

 A loita contra a fraude fiscal

nun contexto de crise económica: perspectiva europea e española

Xornadas

20 horas

Amelia González Méndez e Juan José Nieto Montero

(Dereito)

18 a 20 de xullo

Facultade de Dereito

O Camiño de Santiago, Comunicación e Medio Ambiente

Curso

30 horas

Luis Celeiro Álvarez

(Gabinete de Comunicación)

22 a 27 de xullo

SARRIA

Literatura científica: da redacción á publicación

Curso

30 horas

Manuel Vázquez Vázquez

(Veterinaria)

3 a 7 de xuño

Facultade de Veterinaria - Lugo

LaTeX: Documentos académicos e presentacións

Curso

30 horas

Rosana Rodríguez López

(Matemáticas)

3 a 7 de xuño ou

16 a 19 de xullo

Facultade de Matemáticas

Toponimia: interpretación e actuación

Curso

30 horas

Ana Isabel Boullón Agrelo

(Filoloxía)

16 a 19 de xullo

ILGA

Fiscalidade do fútbol

Xornadas

15 horas

César García Novoa e Soraya Rodríguez Losada

(Dereito)

18 e 19 de xullo

Facultade de Dereito

O espírito do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) e a paideia cultural do galeguismo da “época Nós”. Esculcas de homenaxe no seu 90º aniversario

Curso

30 horas

Lourenzo Fernández Prieto (Xeografía e Historia)

Faltan as datas

Paraninfo da USC (e outros)

O xardín atlántico e a xardinería sostible na Galicia do século XXI

Xornadas

15 horas

María Jesús Sainz Osés

(Veterinaria)

4 e 5 de setembro

CEA - Santiago

Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0:

a escola da comunicación igualitaria

Curso

30 horas

Mº José Méndez Lois

(CC. Educación)

16 a 19 de xullo

LALÍN

Xestión sustentable do monte: os sistemas agroforestais

Xornadas

23 horas

Antonio Rigueiro Rodriguez e Maria Rosa Mosquera-Losada

(EPS – Lugo)

2 a 4 de setembro

IBADER - Lugo

A tradición impresa. A arte galega a través da imprenta, as bibliotecas e as estampas

Xornadas

30 horas

José M. López Vázquez e

Juan M. Monterroso Montero

(Xeografía e Historia)

22 a 24 de xullo

RIBEIRA

Nutrixenómica e nutrixenética: a alimentación do futuro?

Xornadas

15 horas

Alberto Cepeda Sáez e

Carlos Manuel Franco Abuín

(Veterinaria)

17 e 18 de xullo

Facultade de Veterinaria - Lugo

Xustiza de ricos e xustiza de pobres: unha mirada crítica á Xustiza española

Curso

30 horas

Lotario Vilaboy Lois e Gumersindo Guinarte Cabada

(Escola de Práctica Xurídica)

17 a 21 de xuño

Facultade de Dereito

Educación da voz

Curso

30 horas

Mª Concepción Losada Vázquez

(Psicoloxía)

22 de xullo a 2 de agosto

Paraninfo da USC?

Xornadas sobre a propiedade da terra en Galicia. Implicacións para a xestión da terra e a xestión urbanística

Xornadas

23 horas

Rafael Crecente Maseda e David Miranda Barrós

(IBADER)

2 a 4 de setembro

IBADER - Lugo

Planificación para o desenvolvemento de sistemas alimentarios locais e agricultura urbana

Seminario

22 horas

Rafael Crecente Maseda

(EPS - Lugo)

15 a 17 de xullo

IBADER - Lugo

O corpo a debate: diversidade nos mecanismos, prácticas e avatares da corporalidade como inscrición social

Curso

30 horas

Xosé Antonio Neira Cruz

(CC. Comunicación)

29 xullo a 1 de agosto

Facultade de Filosofía

Rompeando cadeas, achegando mundos. Unha aposta pola inserción social a través da diversidade cultural

Curso

32 horas

Xosé Antonio Neira Cruz

(CC. Comunicación)

16 a 19 de xullo

TEIXEIRO

Innovación e prácticas científicas na aula de ciencias

Curso

30 horas

Blanca Puig Mauriz

(Formación do Profesorado – Lugo)

16 a 19 de xullo

Facultade de CC. da Educación – Campus Norte

Curso técnico-práctico en enerxía solar fotovoltaica

Curso

40 horas

Ángeles López Agüera

(Física)

 

xullo

Facultade de Física

 

Enerxía, cambio climático e sostibilidade: comunidades enerxeticamente autosuficientes

Curso

34 horas

 

Ángeles López Agüera

(Física)

 

xullo

Facultade de Física

 

 

 

Santiago de Compostela, a 16 de xaneiro de 2013

 

O VICERREITOR DE ESTUDANTES, CULTURA E FORMACIÓN CONTINUA

Asdo: Francisco Ramón Durán Villa

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00