Rexistro de Compañías
Escénicas na USC
Habida conta
do constante incremento da actividade escénica na nosa Universidade,
e co fin de organizar a mesma e rendabilizar así o seu funcionamento,
RESOLVO
abrir un
rexistro de compañías no que deberán estar dadas de alta aquelas
agrupacións que queiran aproveitar as convocatorias de produción e/ou
distribución desta Vicerreitoría, así como os programas de apoio que
se desenvolven desde a Aula de Teatro e o Espazo de Danza
Universitario (espazos de ensaio, asesoramento técnico e artístico,
servizo de préstamo, programación, etc.).
Con este fin,
considerarase como universitaria todo actividade escénica que reúna
as seguintes carácterísticas:
a)
A compañía (enténdese como tal o reparto e equipo artístico)
deberá estar constituída por un mínimo de dous terzos de membros da
comunidade universitaria (estudiantes, PDI, PAS)
b)
A compañía non poderá exercer actividade profesional
c)
Á marxe do número de funcións e espazos onde estimen oportuno
expoñer os seus traballos, as compañías deberán, tamén, presentar os
mesmos en espazos desta Universidade
As compañías
de teatro e danza poderán inscribirse no devandito rexistro durante
todo o ano, para o cal deberán presentar na Vicerreitoría de Cultura
a seguinte documentación:
I)
Nome da compañía
II)
Responsable/s (nome completo, DNI, teléfonos de contacto,
correo electrónico e enderezo)
III)
Relación de integrantes (nome, apelidos e DNI) e vinculación
coa USC (os membros da comunidade universitaria deberán aportan
acreditación susceptible de ser valorada). Durante o proceso de
traballo das compañías, nestas poderán darse de alta ou de baixa
calquera dos integrantes, modificación que deberá ser comunicada en
tempo e forma nesta Vicerreitoría.
Aínda que non
se considera como requisito, estímase oportuno que as devanditas
agrupacións se dean de alta como asociacións sen ánimo de lucro nos
organismos competentes (Xunta de Galicia), co fin de facilitar o seu
traballo propio de produción e distribución.
En Santiago de
Compostela, a 26 de novembro de 2009
A Vicerreitora
de Cultura
Asdo: Elvira
Fidalgo Francisco
|