Derivada das actuacións arqueolóxicas que se
levaron a cabo no transcurso dos traballos de rehabilitación
e construción da sede administrativa da Vicerreitoría de
Coordinación e Planificación do Campus de Lugo e do seu
edificio anexo E = mc2, a Universidade de
Santiago de Compostela vai facer protagonista do seu facer
cultural á arqueoloxía, dando a coñecer por medio desta
exposición un pequeno adianto das investigacións realizadas.
Neste primeiro achegamento expositivo,
presentamos unhas moi breves pinceladas da vida cotiá do que
foi esta Domus. Por outro lado, debido á súa duración
no tempo, pódense apreciar cambios na organización espacial
do edificio coincidindo coa creación dun novo espazo
identificado como Mitreo.
No espazo expositivo faise un percorrido do
que foi a vida cotiá dos moradores desta construción a
través dalgunhas pezas, eminentemente arqueolóxicas e as
máis representativas, exhumadas na escavación (vidro,
metais, ósos, útiles de tear, numismática, etc.), incidindo
principalmente no Mitreo e no seu culto. O período
medieval represéntase a partir da súa necrópole de
inhumación.
Horario:
Venres de 18:00 a 20:00 h (visitas guiadas)
Reitoría da USC Colexio de San Xerome Praza do Obradoiro, s/n 15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 881 811 000