LITONOR_ARTE: EDICIÓN
Igrexa da Universidade
Do 14 de setembro ao 25 de outubro
Unha escolma da colección de arte contemporánea da empresa de
artes gráficas compostelá LITONOR, comisariada por Mercedes
Rozas.
Horarios: martes a sábado de 11:00 a 14:00 horas
e de 17:00 a 20:30 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.
Luns, pechado
FOTOPRES “LA CAIXA” 09
Colexio de Fonseca
Ata o 2 de outubro
Colaboración da USC coa Obra Social da Fundación
“la Caixa” presenta o traballo dos fotógrafos gañadores da
edición deste ano e dos mozos fotoxornalistas que, grazas ás
bolsas Fotopres “la Caixa” 09, puideron realizar os seus
proxectos en distintos lugares do mundo. Na mostra trátanse
cuestións como os valores actuais, as situacións de marxinación
e violencia que moitas persoas sofren en todo o mundo, as
guerras e outros grandes conflitos internacionais. Os fotógrafos
participantes ofrecen todo iso unha imaxe crúa e impresionante
pero, asemade, humana e achegada, que convida á reflexión sobre
a sociedade actual.
Horarios: martes a sábado de 11:00 a 14:00 horas
e de 17:00 a 20:30 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.
Luns, pechado