MÚSICA
Venres
13 de setembro
MUSEO
PROVINCIAL DE LUGO, ás 19.30 h
Entrada
gratuita ata completar aforo
Intervención do GRUPO DE CREACIÓN SONORA DA USC, GCSUS:
No marco da programación de actividades relacionadas coa
exposición ESTAR do artista lucense Jesús Otero-Yglesias,
o Grupo de Creación Sonora da USC, GCSUS, realizará unha
sonorización dos tres espazos que conforman esta exposición
coas intervencións en directo de Efraim Díaz (percusión) no
espazo “Brazzil” e Mónica Álvarez (voz) no espazo “taller do
artista”. A sonorización electroacústica dos tres espazos, “Brazzil”,
“taller do artista” e “sala de estar”, estará a cargo de Arturo
Vaquero e Inmaculada Cárdenas.
CINE
AS CURTAS TAMÉN SON CINE
(sección dentro da XXXV SEMANA INTERNACIONAL CINE AUTOR
organizada polo Grupo Fotocinematográfico FONMIÑÁ)
CASA DO SABER
20:00 horas
Entrada gratuíta ata completar o aforo
O público asistente votará e elixirá a “Mellor Curtametraxe da
Semana de Cine”
Luns, 16
Proxección das seguintes curtametraxes premiadas en distintos
festivais internacionais:
EL VENDEDOR DE HUMO
(Jaime Maestro) -(España, 2012, 7')
MR. SMITH & MRS. WESSON
(Jorge Saavedra) -(España, 2012, 24')
CERDOS, PIÑAS Y OTROS MORTALES
(María Antonia Montagut)-(España, 2012, 11')
MI OJO DERECHO
(Josecho de Linares) -(España, 2012, 13')
BABY SPOT
(Miguel Alba) -(España, 2013, 9')
ABSTENERSE AGENCIAS
(Gaizka Urresti) -(España, 2012, 15')
Martes, 17
Proxección das seguintes curtametraxes premiadas en distintos
festivais internacionais:
CRISIS
(Manuel Mira) -(España, 2013, 7')
NO HACE FALTA QUE ME LO DIGAS
(Julio e Manu Montejo) -(España, 2012, 13')
LA CASA DE ARRIBA
(Marta Parreño) -(España, 2012, 14')
LOS MIL
(Ilan Serruya) -(España e Arxentina, 2012, 6')
LACRIMAL
(Enrique Cherta e Severino Luliano) -(España, 2012, 7')
HORIZONTE
(Aitor Uribarri) -(España, 2012, 24')
Mércores, 18
Proxección das seguintes curtametraxes premiadas en distintos
festivais internacionais:
DESACREDITADOS
(Iván Bornes) -(España, 2013, 10')
ACADEMIA DE ESPECIALISTAS
(Manuel Gallardo) -(España, 2012, 7')
CASTIDERMIA
(Marc Varreté e Sabih Garriga) -(España, 2012, 14')
EL HOMBRE EQUIVOCADO
(Roberto Goñi) -(España, 2012, 16')
LA FUERZA DE LOS DÉBILES
(Ángel Lafuente) -(España, 2012, 7')
EL RASTRILLO SE QUIERE COMPROMETER
(Santi Vega) -(España, 2012, 14')
PASAJES
(Lluis Paris) -(Arxentina, 2012, 2')
Xoves, 19
Proxección das seguintes curtametraxes premiadas en distintos
festivais internacionais:
CHAN CHAN
(Pilar Palomero) -(España, 2012, 10')
AMORES CIEGOS
(Marisé Samitier) -(España, 2011, 23)
VICTORIA, VICTORIA…
(Macha Cuevas) -(España, 2013, 15')
EL ABRIGO
(Asier Olaizola) -(España, 2013, 3')
GENERATION WHY
(Javier Chavanel) -(España, 2012, 16')
CASTILLOS DE ARENA
(Alex García) -(España, 2012, 3')
ALMUFIS
(Miguel Angulo e Charlie M. Conroy) -(España, 2012, 7')
Venres, 20
Proxección das seguintes curtametraxes premiadas en distintos
festivais internacionais:
ALGO EN COMÚN
(David García-Villaraco) -(España, 2013, 15')
MALDITO LUNES
(Eva Lesmes) -(España, 2012, 18')
PIDE TU DESEO
(Carlos González) -(España, 2013, 3')
SUICIDIO DE UN AMA DE CASA
(Mónica Nenguerela) -(España, 2013, 10')
MI PAPÁ ES DIRECTOR DE CINE
(Germán Roda) -(España, 2012, 4')
THE WHEEL
(David Luque) -(España, 2012, 9')
METETE EN MI PIEL
(Maxi Canga) -(España, 2012, 12')
SUSANA SE ESTÁ MURIENDO
(Jokin Urruticoechea) -(España, 2013, 5')
VIANDE ROUGE
(Fernando González) -(España, 2012, 4')
Máis información en
http://www.semanadecine.delugo.info
EXPOSICIÓNS
A DOMUS DO MITREO
CASA DO SABER
Horarios:
- Visitas guiadas: De 19:00 a 21 horas tódolos venres
- Visitas guiadas concertadas para grupos:
Concertar visita no teléfono: 982 82 15 13 (en días laborables
pola mañá)
A
incorporación do pazo de Montenegro á Vicerreitoría da
Universidade de Santiago de Compostela, campus de Lugo, deu
lugar a unha intervención arqueolóxica que permitiu descubrir
unha vivenda –DOMUS- con importantes restos de pintura mural en
varias das súas estancias e a planta practicamente completa dun
MITREO, que se puido identificar grazas á aparición dunha
inscrición conmemorativa que fai referencia á persoa que ordenou
a súa construción, un centurión da legio VII Gemina encargado da
oficina de impostos de Lucus Augusti, nalgún momento do século
III.
A
parte principal da DOMUS que chegou ata nós estaba organizada
arredor dun patio lousado rodeado por un perístilo ao que se
abrían as distintas estancias, para proporcionarlles luz natural
e facilitar a súa ventilación. Unha das estancias identificada
como o oecus ou sala de recibir do propietario da casa, está
decorada con pinturas murais tanto en paredes como no teito que
foron recuperadas tras un prolongado e complexo proceso de
restauración.
A
casa debeu contar con outros patios e espazos similares, aínda
que só temos noticias doutro de reducidas dimensións, situado ás
costas do oecus. O resto de estancias debían ser dormitorios –cubícula-,
dependencias para almacenar distintos aparellos e outras
pertenzas, para o traballo da servidume, tanto dos libertos como
dos escravos, espazos destinados aos animais, latrinas, etc. A
escavación arqueolóxica permitiu recoñecer os restos dunha
cociña.
A
pesar de tratarse dunha casa importante, nun determinado momento
de finais do século III viuse afectada pola construción da
muralla, o que sen dúbida determinou o seu abandono e
transformación para outros usos como parece indicarnos a
presenza do muíño no antigo oecus, podería ser que para
alimentar os numerosos obreiros que traballaron na muralla.
Aínda que o mitraísmo foi perdendo forza a medida que se
estendía o cristianismo, sobre todo a partir do ano 380 cando
Teodosio declara o cristianismo como relixión oficial de todo o
imperio, a súa práctica mantívose aínda durante algunhas
décadas.
CONVOCATORIAS E CURSOS
XIX MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CAMPUS
(Lugo
Cultural)
No marco de actuación do Convenio LUGO CULTURAL, no que
participan a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello
de Lugo e a Deputación de Lugo coa colaboración do Grupo
Cinematográfico FONMIÑÁ, convócase o XIX Maratón
Fotográfico do Campus conforme as seguintes
BASES:
1.
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18
anos que o desexen.
2.
Prazo de inscricións dende o 19 de setembro ata as 14:00
h do día 2 de outubro de 2013.
3.
A data de celebración será o 9 de outubro. Os
participantes presentaranse o dito día ás 10:00 h na
Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo,
onde se procederá á: lectura dos temas, entrega de carretes ou
CD (segundo modalidade) e ficha para que poidan presentar co
título das fotografías e frases para incluír no catálogo,
segundo se indica no punto 5.3. Ademais farase unha fotografía
con todos os participantes co obxecto de incluíla no catálogo
que se edite.
4.
Cada participante poderá presentarse só nunha das dúas
modalidades: dixital ou analóxica.
Independentemente da modalidade, participarase
obrigatoriamente en tres temas dos que 2 serán propostos
pola organización e o terceiro será libre, debendo entregar 1
única fotografía por cada tema. As fotografías poderán ser
realizadas en branco e negro ou en cor.
5.
Entrega e selección das fotografías que se presentarán ao
certame:
5.1
MODALIDADE ANALÓXICA:
5.1.1
O 10 de outubro ata as 14:00 h: Entrega de
carrete.
5.1.2
O 17 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 h: Os
participantes deberán elixir as fotografías que queren presentar
ao certame, a través da folla de contacto que lles facilitará a
organización.
5.2
MODALIDADE DIXITAL:
5.2.1
O 10 de outubro ata as 14:00 h: Entrega do CD.
5.2.2
No CD gravaranse as fotos en .jpg, con un máximo de
3.543X2.362 pixeles a 200 ppp. Cada fotografía arquivarase co
nome do tema ao que corresponde.
5.3
EN ÁMBOLOS DOUS CASOS:
O autor PODERÁ cubrir a ficha facilitada pola
organización, cos títulos que decida darlle a cada fotografía
e/ou, no seu caso, a frase correspondente para incluír no
catálogo (20 palabras máximo, en galego).
6.
As fotografías presentadas polos participantes, serán
reveladas pola organización para a súa posterior valoración polo
xurado.
7.
PREMIOS*:
Premio á mellor fotografía de cada tema, dotado cada un
con: 250 euros e trofeo por tema.
Premio Carlos Valcárcel, á mellor colección presentada,
dotado con: 400 euros e trofeo.
8.
A organización resérvase o dereito de facer a selección
das fotografías que considere, co fin de expoñelas ao público no
lugar e datas que se decida e, se é o caso, de editar en
catálogo.
9.
O lugar e data do fallo e da entrega de premios, será
comunicado oportunamente.
10.
O xurado encargado de fallar os premios será nomeado polos
organizadores.
11.
As fotografías premiadas quedarán en posesión da Universidade de
Santiago de Compostela que poderá facer uso delas paro os fins
que estime oportunos, sempre facendo referencia a autoría das
mesmas.
Calquera incidencia non prevista nestas bases, será resolta pola
organización. O feito de participar neste Maratón Fotográfico
supón a total aceptación das presentes bases.
*Os premios en metálico estarán sometidos ás retencións fiscais
legalmente establecidas.
Inscricións e información:
Área de Cultura. Campus de Lugo
Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade s/n
27001 – Lugo
Tfno.: 982 821 513
Bases na páxina web:
www.lugocultural.es
Aula de Teatro
Espazo de Danza
Espazo de
Fotografía