accesibilidade
 
Inicio » Servizos » Inicio Área de Cultura » Axenda » Axenda setembro 2013 Campus Compostela
Seccións

Inicio Área de Cultura

Persoal
Axenda

Aula de Teatro

Espazo de Danza

Espazo de Cámara

Coro Universitario

Espazo de Fotografía

Espazo de Astronomía

Grupo de Creación Musical (Lugo)
Fonoteca

Visitas ao Patrimonio

Área de Cultura
Actividades culturais, setembro 2013
Campus de Compostela

 

Exposicións

Teatro

Outras actividades

Convocatorias e cursos

 

 

 

EXPOSICIÓNS

 

en-CLAVE-diversa

exposición pertencente ao programa CampUSCulturae

 

Colexio de Fonseca

Inauguración o 12 de setembro

Aberta ata o 30 de novembro de 2013

de luns a sábado de 11 a 14 h, e de 17 a 20.30 h

 

 

 

A exposición constitúe unha proposta arredor do coleccionismo:

Na SALA DO ARTESONADO farase un percorrido desde os primeiros LIBROS DESPREGABLES coñecidos até os actuais (chegados desde diversas culturas do mundo).

A exposición está formada por vitrinas acristaladas. O número total de libros a expoñer é de aproximadamente 80, agrupados en torno a dúas seccións: a historia dos libros despregables (no que se presenta un percorrido cronolóxico no que se inclúen pezas dos séculos XVIII y XIX) e a técnica dos libros despregables (que permite coñecer as diferentes tipoloxías de libros en función dos mecanismos de papel que incorporan, desde os máis sinxelos aos máis complexos: solapas, persianas, ruletas, imaxes articuladas, carruseis, pop-up, etc.).

 

Ademais, na mostra intercálanse 5 paneis sobre distintos aspectos da historia, a técnica e a fabricación dos libros despregables, así como diversas proxeccións.

 

Na SALA DA CAPELA amosaranse 3 coleccións:

 

1.- O PRINCIPIÑO E OS MUNDOS DE CARLOS CASARES.

- Casares coleccionista

- O Principiño e o tradutor

- O Principiño arredor do mundo de Casares

- O Principiño como obxecto

 

2.- TINTÍN : Os cambios do personaxe a través do(s) texto(S) e do(s)

contexto(s) de Hergè.

 

3.- ALICIA: no país das marabillas e a través do espello. 

Aproximacións a un dos personaxes máis importantes da literatura universal.

 

 

 

TEATRO

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA SALA DE TEATRO ROBERTO VIDAL BOLAÑO

                       

Mércores, 11

 

Información das actividades teatrais a desenvolver durante o curso académico: formativas, produción, programación, etc. As persoas interesadas poderán coñecer a sala de teatro, os seus fondos  e preguntar sobre aquelas cuestións que estime axeitadas

 

Hora:  19,30 horas

 

 

MATARILE TEATRO presenta o espectáculo

STAYING ALIVE, dirixido por Ana Vallés

 

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.

Auditorio da Universidade. Campus Vida

 

27 e 28 de setembro, ás 21,00 horas

29 de setembro, ás 19,00 horas

 

4 e 5 de outubro, ás 21,00 horas

6 de outubro, ás 19,00 horas

 

Prezos

Entrada xeral, 9 euros

Estudantes, parados e xubilados, 5 euros

 

O despacho de entradas abre media hora antes de cada función

 

Compañía dirixida por Ana Vallés e Baltasar Patiño en residencia na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, Auditorio da Universidade, Campus Vida, USC.

 

 

 

OUTRAS ACTIVIDADES

 

Mércores 18

 

Nerd Nite Compostela

 

Salvador Bará Viñas, profesor titular da Facultade de Óptica

"Splash! Unha viaxe ás orixes da Lúa"

 

 

Sofía Santos, profesora titular da Facultade de Medicina

“Apuntes sobre Arte e Medicina”

 

Se o tempo acompaña, subiremos á terraza para observar o ceo con telescopios

 

CGAC, ás 22.00 h

 

 

 

 

CONVOCATORIAS E CURSOS

 

 

 

Aula de Teatro

Espazo de Cámara

Coro Universitario

Espazo de Danza

Espazo de Fotografía

 

I Premio USC-Soncello para xóvenes violonchelistas

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 881 811 000
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praciña da Universidade
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 820 000