accesibilidade
 
Inicio » Servizos » Inicio Área de Cultura » Aula de Teatro
Seccións

Inicio Área de Cultura

Persoal
Axenda

Aula de Teatro

Espazo de Danza

Espazo de Cámara

Coro Universitario

Espazo de Fotografía

Espazo de Astronomía

Grupo de Creación Musical (Lugo)
Fonoteca

Visitas ao Patrimonio

Aula de Teatro
Curso académico 2011-2012

 

A Aula de Teatro da USC inicia no ano 1990 a súa andaina como espazo de formación e produción teatral, diversificando a súa programación en cinco epígrafes fundamentais:

 

Compañías de teatro da Universidade

Cursos de Arte Dramática

Festival Internacional de Teatro Universitario

Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Programa de apoio ás compañías de teatro da USC

 

Para levar adiante o seu programa, a Aula de Teatro conta cun espazo no Campus de Compostela onde centraliza a súa programación –a sala de teatro Roberto Vidal Bolaño- e outro onde as compañías independentes desenvolven os seus ensaios -Sala Luísa Cuesta-. Asimesmo, existe un fondo de préstamo de vestiario, atrezzo e escenografía á disposición das compañías universitarias. No Campus de Lugo conta, tamén, cunha sala propia de ensaios.

 

 

 

Rexistro de compañías escénicas

Compañías propias

Cursos

Convocatoria para participar no XVIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC en Lugo

 

 

I) Compañías

Campus de Compostela

Campus de Lugo

 

Campus de Compostela

 

PROBAS DE SELECCIÓN DE ACTORES

A Aula de Teatro da USC convoca a aquelas persoas da comunidade universitaria (estudantado, PAS, PDI) interesadas en participar na produción teatral O CABALEIRO DE OLMEDO de Monteser, a unhas probas que se realizarán os días 3, 4 e 5 de outubro de 2010, a partir das 18:00 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade - Campus Vida)

 

Pódese ampliar información nos teléfonos 881811021 / 881811103  / 881811018

 

 

Campus de Lugo

 

A) COMPAÑÍA DE TEATRO

Poderán formar parte dela os alumnos e alumnas que asistisen ao taller de arte dramática con aproveitamento deste, ademais dos alumnos e alumnas que, asistindo a o Curso de iniciación ao teatro, estimen os profesores que poderían asumir as responsabilidades de formar parte da compañía 

 

Datas: Luns e mércores do 9 de xaneiro ao 9 de maio de 20:30 a 00:00, sen prexuízo dos ensaios que poidan acordarse dentro da compañía e tamén as funcións que se farán ata o mes de maio

 

HORAS: 250

 

CONTIDOS:

A compañía, quen é quen somos? onde imos? Posta en escena. Documentación. Dramaturxia e adaptación. Construción de personaxes. Movemento escénico. Vestiario. Maquillaxe. Iluminación. Espazo Sonoro. Deseño Gráfico. Imaxe. Produción. Estrea. Xira

 

Dirección: Paloma Lugilde

Prazas: 20 

Actividade recoñecida con 2 créditos de libre configuración

 

 

B) GRUPO DE INTERVENCIÓN

Este grupo deseñado para aqueles que, asistindo no 1º trimestre ao taller ou algún dos talleres da aula desexen formar parte dun grupo adicado ás intervencións e deseño de performance e tamén  servir de apoio á compañía noutros labores fóra do plano actoral

 

Horario: Luns de 19:00 a 20:30

Xaneiro-abril

Lugar: Aula de teatro de Lugo

60 horas

Imparte: Paloma Lugilde

 

 

Máis información:

Área de Cultura - Campus de Lugo

Pazo de Montenegro - Praciña da Universidade 3, 2º andar

Teléfonos 982 821 513/982 821 512 /982 821 500

 

 

 

II) Programa de formación teatral (cursos recoñecidos con créditos)

 

Campus de Compostela

Campus de Lugo

 

 

Campus de Compostela

Todos os cursos impartiranse na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida)

 

Prazo e lugar de matrícula

Desde o 6 de outubro ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición, na Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua (Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n)

 

Prezos

Comunidade universitaria 35 euros cada curso / Taxa xeral 70 euros cada curso

 

Prezos reducidos

Comunidade universitaria 210 euros todos os cursos / Taxa xeral 420 euros todos os cursos

 

Información

www.usc.es/cultura

881811021 / 881811103  / 881811018

Blog: auladeteatrodausc.wordpress.com

 

 

 

CURSOS:

 

TALLER DE ARTE DRAMÁTICA 1: INICIACIÓN Á INTERPRETACIÓN    

Un curso práctico dirixido a persoas que se inician na arte dramática onde se poderá experimentar, a través dos distintos elementos da linguaxe teatral, un completo proceso de traballo de creación dramática. A partir dun texto previo, o alumno será o auténtico protagonista do proceso estimulando a creatividade individual e de grupo nas distintas facetas das que se compón unha montaxe (interpretación, dirección, escenografía, vestiario, maquillaxe…)

Profesor: Roberto Leal       

Datas: 19,24,26 outubro / 2,7,9,14,16,21,23,28,30 novembro / 12,14 decembro

Horario: 12,00 – 14,00  (28 horas lectivas)

Prazas: 12

 

 

TÉCNICA VOCAL PARA ACTORES

A técnica vocal do actor implica un coñecemento dos fundamentos da fonación. Necesitamos dun aparato fonador adaptable e dúctil para que sexa maleable ante as infinitas personaxes que necesitemos encarnar. Por iso é preciso a aprendizaxe dunha técnica vocal que garanta por unha banda o uso eficaz da voz ao servizo da interpretación, a través da potenciación das calidades vocais do actor e por outra parte que axude a previr problemas vocais que poidan lesionar a saúde do aparato vocal.

Profesor: Pablo García Ferradás

Datas: 12,19,26 xaneiro / 2,9,16,23 febreiro / 8,15,22,29 marzo / 12,19,26 abril / 3,10 maio

Horario: 19,00 – 21,00  (32 horas lectivas) 

Prazas: 15

 

 

XASTRARÍA DE TEATRO

Neste curso achegaremos o alumno á linguaxe do vestiario teatral e ao estudio dos diversos materiais para finalmente confeccionar un prototipo

Profesora: Clotilde Vaello                                                  

Datas: 12,13,14,15,16 decembro

Horario: 19,30 – 21,30  (10 horas lectivas)

Prazas: 8

 

 

MONOGRÁFICO DE INTERPRETACIÓN

Traballarase na montaxe de dous textos: Memoria de Helena e María e Valentino Ruffini e Akil Pillabán de viaxe a Milán

Profesor: Roberto Salgueiro

Datas: 9,10,11,16,17,18,23,24,25,30 xaneiro

Horario: 17,00 – 20,00  (30 horas lectivas)

Prazas: 12

 

 

ILUMINACIÓN                     

Introdución á iluminación teatral. Tipo de proxectores e rendementos. O uso da cor. A luz sobre o actor e os obxectos.

Horario: 19,00 – 22,00  (15 horas lectivas)

Datas: 27,28,29 febreiro / 1,2 marzo

Prazas: 14

 

 

INTERPRETACIÓN: O ACTOR E O SEU CORPO

O Teatro do Movemento. Dentro dunha atmósfera lúdica, os alumnos teñen a posibilidade de explorar xestos, atitudes e

movementos que a vida cotiá non lles permite realizar. A través do xogo, o Teatro do Movemento desenvolve a espontaneidade corporal, o instinto e a percepción.

Profesor: Gonçalo Guerreiro

Datas: 5,6,8,12,13,15,20,22,26,27,29 marzo

Horario: 17,00 – 19,00  (22 horas lectivas)

Prazas: 12

 

 

COMEDIA DA ARTE

Curso de iniciación á comedia da arte. Personaxes, tipoloxía, movemento. A improvisación.

Profesor: Alberte Cabarcos

Datas: 9,10,12,16,17,19,23,24,26 abril / 2 maio

Horario: 19,00 – 21,00  (22 horas lectivas)

Prazas: 10

 

 

PROGRAMA GRATUÍTO PARA INTEGRANTES DAS COMPAÑÍAS DE TEATRO DA USC

As persoas interesadas deberán presentar un breve currículo e datos de contacto antes do día 30 de novembro do presente curso académico.

 

INTRODUCIÓN Á DIRECCIÓN DE ESCENA.

Elementos constitutivos dunha montaxe teatral: texto teatral, conceptos de análise, o actor, a escenografía, a iluminación, o espazo sonoro e o vestiario.

Profesor: Roberto Salgueiro

Datas: 5,6,7,12,13,14,20,21 marzo

Horario: 16,30 a 18,30  

Prazas: 14

Matrícula gratuíta

 

 

 

Campus de Lugo

 

Prazo e lugar de matrícula

Desde o 13 de outubro ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición, na Área de Cultura - Campus de Lugo

Pazo de Montenegro / Praciña da Universidade 3, 2º andar

Teléfonos 982 821 513/982 821 512 /982 821 500

 

 

CURSOS:

 

CURSO DE INICIACIÓN AO TEATRO

O primero achegamento ao teatro debe ser unha experiencia lúdica xa que o teatro se artella a base de xogos. O xogo da improvisación, da caracterización, das estratexias, da creación do personaxe… Mediante exercicios de taller introducirase o alumno ás distintas técnicas do traballo actoral. Corpo, voz, espazo, enerxía, ritmo, dramatización, escrita teatral. Dirixido principalmente á comunidade universitaria deixando un 10% a non universitarios

Profesor: Alberte Cabarcos

Datas e horarios:

2 ,7,9,14,16,21,23,28,30 de novembro de 2011

12,14 de decembro de 2011

Luns e mércores de 18:30 a 20:30

Lugar: Aula de Teatro de Lugo

Prazas: 20

Prezo: Comunidade Universitaria 35 euros / taxa xeral 70 euros

Recoñecido con 1 crédito  de libre configuración

 

 

O CORPO DA VOZ

Profesora: Paloma Lugilde

Datas e horarios:

20:00 a 21:30

Martes a partir do 16 de novembro de 2011 ate o 29 de febreiro de 2012

Lugar: por determinar

Prazas: 16 (Comunidade universitaria e non universitaria)

Prezo: Comunidade Universitaria 35 euros / taxa xeral 70 euros

Recoñecido con 1 créditos de libre configuración:

 

 

TALLER DE ARTE DRAMÁTICA

Profesora: Paloma Lugilde

Datas e horarios:

2 ,7,9,14,16,21,23,28,30 de novembro de 2011

5,7,12,14,19,21 de decembro de 2011

18 decembro (domingo pola tarde de 16:00 a 21:00)

Luns e mércores 20:30 a 23:30

Lugar: Aula de Teatro de Lugo

Horas: 60

Prazas: 20

Dirixido principalmente á comunidade universitaria deixando un 10% a non universitarios

Prezo: Comunidade Universitaria: 35 / Taxa xeral: 70

Contidos:

ENTRENAMENTO ACTORAL

CORPO E VOZ

PRESENZA

ACCIÓNS FÍSICAS

DRAMATURXIA CORPORAL E MOVEMENTO ESCÉNICO

CREACIÓN 

CONTIDOS ELEMENTAIS DE CULTURA TEATRAL

 

ESTE TALLER FARÁ 3 INTERVENCIÓNS PARA A UNIVERSIDADE E A CIDADE NO 1º TRIMESTRE

Actividade recoñecida con 1 crédito de libre configuración:

 

 

CURSO DE MÁSCARA NEUTRA

A máscara neutra é un instrumento didáctico creado polo actor e profesor francés Jacques Lecoq a mediados do século pasado.  O entrenamento corporal exercitado coa máscara neutra conduce ao alumnno que a leva á procura do equilibrio e da economía da enerxía no movemento, capacitando ao alumno para transmitir diversas emocións co corpo, e non somentes co rostro, que se esvae baixo a máscara. A máscara neutra carece de expresión. A búsqueda desa anti-expresión condúcenos a certas preguntas indispensables no estudio do feito teatral: Que é o que nos une? e Que nos diferencia? 

Horario: Mércores de 19:00 a 20:30 do 15 de febreiro ao 18 de abril de 2012

Lugar: Aula de teatro de Lugo

Duración: 15  horas

Profesor: Alberte Cabarcos

Prazas: 16

Comunidade universitaria e non universitaria

Prezo: Comunidade Universitaria: 35 / Taxa xeral: 70

 

 

 

III) CONVOCATORIA PARA PARTICIPAR NO XVIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO DA USC EN LUGO
 

Do 21 ao 27 de marzo celebrarase en Lugo a XVIII edición do Festival Internacional de teatro Universitario da USC en Lugo, organizado dentro da programación de LUGO CULTURAL.

 

Con tal motivo, este ano queriamos dedicar un día á presentación de pequenos traballos/proxectos de mozos e mozas lucenses estudantes de arte dramática que se programarán o día 25 de marzo no Auditorio Gustavo Freire, dedicándose a xornada do 24 a un intercambio de experiencias que serva para artellar entre todos, artistas seleccionados e compañía da USC- Lugo, o fío condutor do conxunto dos proxectos elixidos que se presentan ao día seguinte.

 

 

DIRIXIDO A:

Mozos e mozas de Lugo que, estando formándose en escolas de arte dramático publicas, estean nalgunha das seguintes situacións:

1.     Cursando estudios.

2.     Preparando neste momento o seu proxecto de fin de carreira

3.     Que, sendo xa titulado, presentara no curso pasado o seu proxecto fin de carreira, sempre e cando a solicitude de participación sexa con este proxecto.

 

DOCUMENTACIÓN:

 

Solicitude de participación (cubrir anexo)

Memoria de dirección do proxecto (Xustificación, Sinopse, Autor ou adaptación, título, personaxes, intérpretes, equipo artístico …)

Duración (máx. 10 min)

Equipa técnica necesaria- plano de luces.

Gravación do traballo en DVD (non obrigatorio pero servirá para unha mellor valoración)

Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 25 de febreiro

 

A organización cubrirá os gastos de traslado e da equipa técnica necesaria aos proxectos seleccionados.

 

A organización fará a selección dos proxectos tendo en conta a calidade dos mesmos e que se axusten aos límites orzamentarios e técnicos dos Festival.

 

Forma de presentación: por correo certificado ao seguinte enderezo:

 

XVIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

Área de Cultura Campus de Lugo

Pazo Montenegro-Praciña da Universidade

27001 LUGO

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 881 811 000
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praciña da Universidade
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 820 000