accesibilidade
 
Inicio » Servizos » Inicio Área de Cultura » Universidade de Verán 2009
Seccións
Inicio Área de Cultura
Directorio
Axenda

Aula de Teatro

Espazo de Danza

Coro Universitario

Espazo de Fotografía (Lugo)

Grupo de Creación Musical (Lugo)
Fonoteca

Visitas ao Patrimonio

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2009

VERSIÓN EN ESPAÑOL

 

Para consultar a relación de cursos, pique aquí

 

 

NORMAS REGULADORAS

A inscrición nun curso de verán implica a aceptación destas normas. Léanse detidamente para a súa correcta formalización.

 

 

DIPLOMA DE ASISTENCIA E CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN

Os/as asistentes a cursos de verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia.

Os/as estudantes da USC recibirán, ademais o certificado dos créditos de libre configuración.

É requisito tanto para a obtención do diploma como do certificado do crédito a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas, e é responsabilidade de cada director de curso o control da dita asistencia.

A Universidade de Santiago de Compostela recoñece os Cursos de Verán 2009 aos efectos de libre configuración coa equivalencia 1 curso = 2 créditos, nos casos de cursos de 30 ou máis horas lectivas e de 1 curso = 1 crédito para as actividades de menos de 30 horas.

 

 

BOLSAS

Ofrécense 216 bolsas de matrícula gratuíta (3 POR CURSO).

O prazo para realizar o pedimento de bolsas será de 11 a 22 de maio de 2009. Para a avaliación das peticións de bolsa terase en conta o expediente académico.

Documentación que se debe presentar:

1.- Formulario de solicitude. Pode acceder a este formulario nesta ligazón ou pode tamén solicitalo nas dúas secretarías de Cursos de Verán. Neste formulario, que adopta a fórmula de declaración xurada, deberanse cumprimentar todos os datos solicitados.

2.- Expediente académico, no que ha constar necesariamente a NOTA MEDIA SIMPLE

Esta documentación enviarase en prazo á secretaría dos Cursos de Verán de Santiago de Compostela.

 

 

IMPORTE DA MATRÍCULA

 

Taxa xeral

cursos de 30 ou máis horas lectivas: 120 €*

seminarios e xornadas de menos de 30 horas: 70 €*

 

Taxa reducida, aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC

cursos de 30 ou máis horas lectivas: 70 €*

seminarios e xornadas de menos de 30 horas: 40 €*

 

*Todas as persoas que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio da USC (as persoas que non teñan realizado matrícula na USC no curso académico 2008-09 ou ben aquelas persoas que, sendo alumnos/as da USC neste curso 2008/09 e sendo maiores de 28 anos, non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula), deben subscribir, a parte da matrícula, o seguro obrigatorio de 9,45 €. A formalización desta póliza farase no momento de realizar a matrícula.

 

En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso. Un curso suspenderase se non acada 30 estudantes inscritos/as; nestes casos a USC devolve só o importe da taxa pagada.

 

 

PRAZO DE MATRÍCULA

Ábrese o prazo:

En liña por internet, a partir de 25 de maio

Presencial, a partir de 15 de xuño

Acaba o prazo:

26 de xuño, para os cursos que comezan na semana do 6 de xullo

3 de xullo, para os cursos que comezan na semana do 13 de xullo

10 de xullo, para os cursos que se celebran na semana do 20 de xullo

17 de xullo, para os cursos que se celebran na semana do 27 de xullo

7 de agosto, para os cursos que se celebran na semana do 17 de agosto

21 de agosto, para os cursos que se celebran na semana do 24 de agosto

28 de agosto para os cursos que se celebran na semana do 7 de setembro

4 de setembro, para os cursos que se celebran na semana do 14 de setembro

11 de setembro, para os cursos que se celebran na semana do 21 de setembro

18 de setembro, para os cursos que se celebran na semana do 28 de setembro

 

NON SERÁ POSIBLE MATRICULARSE FÓRA DESTES PRAZOS.

 

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras:

1.- Por internet
2.-
Presencial
3.- Por correo ordinario

 

1.- Por internet

A persoa interesada premerá a ligazón "MATRICÚLATE" que ven xunto ao título do curso no que se quere matricular na relación que está máis abaixo e seguirá as instrucións.

 

2.- Presencial

A persoa interesada dirixirase a un dos dous centros de matriculación de Cursos de Verán. Logo de comprobar se hai prazas no curso ou cursos nos que se quere matricular e de formalizar os seus datos persoais, daráselle unha folla de liquidación con dous impresos (unha para o interesado e outra para a entidade bancaria) para realizar o pago da taxa en calquera oficina de Caixa Galicia. No momento en que se efectúe o pago, a matrícula quedará automaticamente activada. Se se trata dun curso con límite de prazas, terá tres días hábiles para realizar o pago e remitir resgardo do pagamento ao fax nº 981 585255; en caso contrario a preinscrición quedará anulada.

Documentación que hai que presentar

- membros da comunidade universitaria da USC (estudantes, profesores ou PAS): nº de DNI

- estudantes doutras universidades: orixinal ou fotocopia da folla de liquidación de taxas de matrícula no curso 2008-09 ou da de exención de taxas, da credencial de bolseiro de investigación ou do certificado do departamento de estar a realizar un mínimo de 20 horas semanais de traballo de investigación

- persoas en paro: orixinal ou fotocopia do cartón de desemprego

 

3.- Por correo ordinario

No caso de imposibilidade de formalizar a matrícula en persoa ou por internet, poderase facer por correo. Para isto, é preciso poñerse en contacto telefónico cunha das dúas secretarías de Cursos de Verán, onde se lle informará do procedemento a seguir.

 

 

 

CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN

 

Campus de Compostela:
Secretaría dos Cursos de Verán

Vicerreitoría de Cultura
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
981 563100, extensións 11018 e 11103

Fax nº 981 585255

 

Campus de Lugo:
Secretaría dos Cursos de Verán

Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro, Praciña da Universidade
982 285900, extensión 21513

Fax nº 982 285914

 

 

 

AMPLA E DETALLADA INFORMACIÓN RELATIVA A TRANSPORTE, ALOXAMIENTO E COMIDAS EN GALICIA: www.turgalicia.es

 

 

RELACIÓN DE CURSOS

 

Santiago de Compostela

Lugo

Campus de Verán de Muros

Campus de Verán de Sarria

Campus de Verán de Vilagarcía de Arousa

Campus de Verán de Guitiriz

Seoane do Courel

Moaña

Ribadeo

Bande

Burela

Caldas de Reis

Foz

Lalín

Lousame

Mondoñedo

Noia

Ordes

Sanxenxo

 

 

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

Dereitos humanos e protección das vítimas dos conflitos armados no actual contexto internacional MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 9 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Jorge Pueyo Losa e Julio Jorge Urbina

Secretaría: Carlos Teijo García

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: A finalidade básica que persigue este curso é a de debater sobre os retos e os problemas aos que se enfronta a protección dos dereitos humanos na actualidade, especialmente nas situacións de conflitos armados. Nun contexto internacional no que a defensa da dignidade humana constitúe un valor esencial, tal como quedou reflectido na Declaración do Milenio, resulta oportuno facer, desde a USC, unha achega tanto á análise dos réximes de protección dos dereitos humanos e das repercusións internacionais da súa violación como ao impulso do propio proceso de sensibilización cidadán que esixe esta cuestión. Este curso vai servir de foro de encontro entre especialistas para o debate sobre os problemas e os desafíos aos que se enfronta a protección dos dereitos humanos na actualidade, con especial énfase nos conflitos armados, pois nestas situacións a protección dos dereitos das vítimas é fundamental.

 

 

Testemuñas que nunca menten: métodos e técnicas de investigación criminal en España (II)

ESTE CURSO FOI SUSPENDIDO A PETICIÓN DOS ORGANIZADORES

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 9 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas

Secretaría: José Manuel Rebolo Sánchez

Límite de alumnos/as: 132

Obxectivos:: Difundir as innovacións científicas no campo da investigación criminal, no relativo á escena do crime, ao laboratorio de criminalística e á identificación humana. Posibilitar a actualización de coñecementos e o intercambio de información, tanto entre os diversos poñentes, como entre estes e os asistentes e interesados en xeral. Dar a coñecer as liñas de traballo dos expertos en investigación criminolóxica de prestixio internacional que traballan na Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

Educación e vida saudable: servizos, programas e iniciativas para a inclusión social MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 10 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: José Antonio Caride Gómez e Rita Gradaílle Pernas

Secretaría: Pablo Montero Souto

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Contribuír a recoñecer a saúde como un dos piares fundamentais do Desenvolvemento Humano, achegando á comunidade universitaria as políticas e prácticas educativas. Presentar e analizar o funcionamento dos recursos e servizos –públicos e privados– en materia de educación para a saúde. Reunir e poñer en contacto a unha representación interdisciplinar de distintos ámbitos profesionais na procura dunha vida saudable. Propiciar o intercambio de experiencias e boas prácticas no quefacer educativo e social consecuente coa promoción de hábitos e prácticas saudables.

 

 

O menor en perspectiva xurídica: fórmulas de protección interna e internacional MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 10 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Marta Requejo Isidro

Secretaría: Marta Otero Crespo

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Son moitas as situacións da vida actual que poñen en perigo a integridade física e psicolóxica dos menores, e que lles impiden un desenvolvemento segundo os dereitos que lles teñen recoñecidos documentos nacionais e internacionais. A situación non é nova, pero si máis visible, por mor de fenómenos sociais como a inmigración ou a violencia doméstica; e percíbese desde unha nova conciencia. Neste contexto explícase a importante actividade lexislativa dos últimos anos, tendente á protección do menor, a niveis tanto internacional como nacional e autonómico. De conformidade co sinalado, o curso ten por obxectivo: 1) presentar as situacións comúns de riscos para un menor, entendendo por tales as situacións de feito ou de dereito, con e sen compoñente internacional, que prexudiquen o desenvolvemento persoal ou social dun menor; e 2) describir e explicar as solucións técnicas arbitradas desde o Dereito en vigor, diferenciando segundo que requiran ou non a asunción da tutela por ministerio da lei.

 

 

Repensarmos Europa á luz da diferenza. Procesos emerxentes e enclaves culturais MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 8 a 10 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Raquel Bello Vázquez e María do Cebreiro Rábade Villar

Secretaría: María Xesús Nogueira Pereira

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Os obxectivos do curso serán: a) facer visíbeis as implicacións sociais dos fenómenos vinculados ás coordenadas da emerxencia cultural e dos movementos migratorios no contexto europeo; b) impulsar a análise das manifestacións culturais procedentes de marcos aos que tradicionalmente se adxudica unha representatividade e/ou unha lexitimidade insuficientes; c) abrir horizontes na investigación interdisciplinar dos fenómenos e procesos emerxentes, incorporando puntos de vista antropolóxicos, de xénero, xeoculturais, sociolóxicos, políticos, económicos, tecnolóxicos, mediáticos, xurídicos ou estéticos.

 

 

Plurilingüismo na escola: ensino de segundas linguas en contextos académicos MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 8 a 10 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Teresa Díaz García, Inmaculada Mas Álvarez e Luz Zas Varela

Secretaría: Rebeca Sampedro Cid

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Responder á demanda formativa manifestada por parte da comunidade docente e futuros profesionais cara ao ensino de segundas linguas. Presentar propostas metodolóxicas e materiais didácticos atendendo a diferentes contextos académicos de ensino e aprendizaxe de segundas linguas. Promover a investigación do ensino de segundas linguas. Compartir e difundir as experiencias levadas a cabo neste terreo na nosa comunidade.

 

 

Dereito en serio e de broma MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 8 a 10 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: José Mª Miranda Boto

Secretaría: Yolanda Maneiro Vázquez

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Exploración de aspectos do Dereito non considerados nos itinerarios curriculares.

Desposuír ao Dereito das falsas túnicas de pomposidade con que habitualmente se reviste e presentalo desde un punto de vista humano e alcanzable. Debater festiva pero seriamente sobre partes do ordenamento xurídico de plena actualidade e transcendencia. Fomentar a creatividade e a capacidade crítica e satírica dos estudantes, así como a súa curiosidade por aspectos pouco coñecidos do Dereito.

 

 

Competencias científicas na aula de ciencias: o uso de probas e a argumentación en secundaria MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 8 a 14 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Juan Ramón Gallástegui Otero

Secretaría: Blanca Puig Mauriz

Límite de alumnos/as: 85

Obxectivos: Tomar conciencia dos cambios que supón a introdución das competencias básicas nos novos currículos e a súa relación co estudo PISA. Traballar distintos aspectos das competencias científicas: obter conclusións baseadas en probas, avaliar distintas hipóteses á luz de probas, criticar argumentos doutros en base a probas ou analizar criticamente informacións ou fontes e recoñecer a influencia do contexto social nelas. Analizar distintos recursos educativos. Reflexionar conxuntamente sobre a competencia de uso de probas na aula, e as necesidades organizativas, de recursos etc. que conleva. Reforzar os vínculos existentes entre a práctica e a investigación no ensino das ciencias.

 

 

O enfoque baseado en dereitos humanos na cooperación para o desenvolvemento: fundamento e práctica MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 15 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Irene Rodríguez Manzano e Carlos Teijo García

Secretaría: Julio Jorge Urbina

Límite de alumnos/as: 150

Obxectivos: A finalidade básica do curso é a de difundir o enfoque baseado en dereitos humanos na cooperación para o desenvolvemento. Neste sentido, a aprobación, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, da Resolución A/62/439/Add.6, brinda un pretexto perfecto –e innecesario á vez- para organizar un diálogo sobre a relación que mantén hoxe a práctica da cooperación para o desenvolvemento co discurso e tamén a práctica da protección internacional dos dereitos humanos. Na referida Resolución decídese que 2009 sexa proclamado Ano Internacional para a Aprendizaxe sobre os Dereitos Humanos e se dedique a realizar actividades para ampliar e afondar na dita aprendizaxe, resultando máis que oportuno que desde a Universidade de Santiago de Compostela se contribúa a tal ampliación e afondamento.

 

 

Actualización en Xerontoloxía: habilidades e coñecementos necesarios para o traballo con maiores MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 16 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 32

Dirección: Manuel Gandoy Crego

Secretaría: Sandra Fernández Prado

Límite de alumnos/as: 90

Obxectivos: Aportar unha visión completa das habilidades necesarias para levar a cabo un eficaz traballo coas persoas maiores. Promover, ofrecer e facilitar o intercambio de ideas, contexto de diálogo, debate, fluidez de ideas e coñecementos, puntos de vista diferentes e achegas interdisciplinares cara o crecemento da Xerontoloxía e aplicables á realidade profesional. Organizar obradoiros formativos, traballo en equipos e postas en práctica, como ferramentas didácticas de importancia suma na evolución da innovación educativa en xeral, e no ámbito da formación xerontolóxica en particular.

 

 

Tráfico e seguridade vial: regulación e consecuencias xurídicas dunha condución irresponsable MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 16 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 32

Dirección: Lotario Vilaboy Lois

Secretaría: Evaristo Nogueira Romero

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: En España circulan máis de 31 millóns de vehículos, o que ademais de ser un signo de progreso do país, é tamén unha fonte de obrigas e cargos, ao tempo que conleva a asunción dunha serie de riscos propios e alleos, persoais e materiais, ata o punto de que as mortes en accidentes de tráfico constitúen unha das principais causas de falecemento no primeiro mundo. Este curso pretende constituír un espazo de encontro no que xuristas e representantes dos poderes públicos, xunto con profesionais dos diversos sectores relacionados co automóbil, analicen e debatan as cuestións xurídicas e sociais de maior actualidade e repercusión social relacionadas coas normas que regulan a circulación de vehículos de motor, así como as causas e consecuencias dos accidentes de circulación. A metodoloxía basearase nunha combinación das exposicións teórico-prácticas co comentario de casos reais e das solucións legais e xurisprudenciais dadas aos mesmos. Ademais, levaranse adiante diversas actividades de carácter práctico (simulación da práctica de probas alcoholométricas, de sistemas de reconstrución de accidentes ou da vista dun proceso civil/penal...).

 

 

Televisión e ficción III MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 17 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 35

Dirección: Xosé Nogueira Otero

Secretaría: José Mª Folgar de la Calle

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Pretendemos seguir profundando na reflexión, tanto desde o punto de vista teórico coma práctico (isto é, o servido non só por analistas senón tamén por guionistas e realizadores), verbo dun tema cuxa amplitude e riqueza teñen dado lugar á celebración da terceira edición deste curso, convertido xa nunha convocatoria anual asentada de cheo. Conceptualmente, volvemos insistir na estrutura xa ensaiada: as dúas primeiras xornadas desenvolvidas baixo un tema marco (desta volta, Novos relatos, novas recepcións e mais Os outros discursos televisivos na paisaxe audiovisual contemporánea), nas que o termo “ficción televisiva” é pensado no seu sentido máis amplo, e outras dúas que se engloban baixo o epígrafe máis específico de Series de ficción (A ficción serial norteamericana dos anos 80 e 90: un punto de inflexión e A ficción televisiva española ata o remate da Transición, respectivamente), nas que abordamos a análise e transcendencia dos modelos escollidos. Nesta terceira edición engadimos unha quinta xornada protagonizada por unha mesa redonda na que intervirán un feixe de senlleiros cineastas españois que, no seu momento, abordaron a realización de series televisivas.

 

 

O movemento e a danza como inspiración na aprendizaxe MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 17 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 15

Dirección: Carol Gillanders

Secretaría: Dolores Fojón Polanco

Límite de alumnos/as: 40

Obxectivos: Dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para a utilización da danza e do movemento como medio de desenvolvemento de aptitudes xerais e fundamentais das persoas (imaxinación, memoria, autoestima, coordinación, esforzo e superación, respecto, traballo en equipo). Proporcionar unha visión da evolución teórica do corpo, o movemento e a danza na educación e os fundamentos da súa práctica. Traballar actividades corporais que poden ser levadas a contextos educativos diversos.

 

 

A bioinformática como ponte entre a xenética e as súas aplicacións industriais e biomédicas MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 17 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: José A. Álvarez Dios

Secretaría: Manuel Calaza Cabanas

Límite de alumnos/as: 90

Obxectivos: A bioinformática é unha ciencia interdisciplinaria que se ocupa do uso de técnicas matemáticas, informáticas, algorítmicas e estatísticas para resolver problemas biolóxicos, desde a ensamblaxe de xenomas completos até a modelación da evolución. En particular, pretendemos facer ver como a plasmación da xenética en aplicacións prácticas (desde as biomédicas ás industriais acuícolas) só pode facerse maioritariamente a través do uso de técnicas bioinformáticas. Pretendemos con este curso a implicación da USC na formación e transmisión de coñecemento punteiro aos seus alumnos e á sociedade en xeral.

 

 

Competencias e habilidades profesionais para universitarios/as emprendedores/as MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 17 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 40

Dirección: Loreto Fernández Fernández

Secretaría: Sara Fernández López

Límite de alumnos/as: 50

Obxectivos: Tradicionalmente o título universitario era o único requisito necesario para exercer unha profesión, e canto mellor fora o expediente académico dun titulado, maiores as posibilidades de encontrar un traballo adecuado e desenvolver nel a súa carreira profesional. Co paso do tempo esta idea veuse superada, e na actualidade as empresas, ademais dunha formación académica, demandan cada vez en maior medida, unha formación complementaria naqueles aspectos que se mostran como os mellores preditores do posterior éxito profesional. Estes aspectos, non contemplados de forma sistemática nos planos de estudio, constitúen as denominadas “competencias e habilidades profesionais”, entre elas: a comunicación oral e as relacións interpersoais, o liderado e o traballo en equipo, a motivación e compromiso ante o traballo, a creatividade e o espírito emprendedor. Así mesmo, pola súa transversalidade, estas capacidades permitirán a estudantes de calquera titulación mellorar a súa preparación cara o seu paso ao mundo profesional.

 

 

Xornadas de control automático e robótica con ferramentas Open Source 2009 (XCARFOS 09) MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 14 a 17 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 32

Dirección: Tomás Fernández Pena e Xulio López Albín

Secretaría: Fabián Pérez Lousame

Límite de alumnos/as: 50

Obxectivos: Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado

existen múltiples solucións propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que ademais de seren completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino. Estas xornadas queren servir de introdución ao control automático e aos

rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, todo iso empregando licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux.

 

 

Aspectos avanzados da dirección de proxectos MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 14 a 17 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Manuel Francisco Marey Pérez

Secretaría: Marta Cardín Pedrosa

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: O obxectivo específico do presente curso é o de difundir desde a Universidade a existencia dun corpo de coñecementos en dirección de proxectos, a súa potencialidade de aplicación profesional e nas empresas, e que neses ámbitos se descubra a necesidade de formarse na xestión de proxectos. Os obxectivos formativos esténdense ás nove áreas directivas definidas polo PMI (Project Management Institute) que son, respectivamente, a definición e control do alcance do proxecto, a estimación e control do prazo e custo do proxecto, a xestión da calidade do proxecto, a xestión do risco, a xestión das compras e contratacións, a xestión da información e comunicacións do proxecto, a xestión dos recursos humanos do proxecto, e a integración de todas as áreas anteriores, por medio da planificación e control globais do proxecto.

 

 

Relacións laborais e globalización MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 14 a 17 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Yolanda Maneiro Vázquez

Secretaría: José Mª Miranda Boto

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: O fenómeno da globalización presenta unha influencia incontestable en cada unha das distintas ramas do Dereito pero, de xeito especial, no Dereito do Traballo, xa que modifica as tradicionais relacións laborais, limitadas a un concreto territorio, para expandilas até diferentes Estados onde impera un ordenamento propio e característico de cada un deles. Cómpre realizar un curso que estude, en profundidade, os aspectos máis relevantes que a globalización produce no eido das relacións laborais que permita aos estudantes obter unha visión en profundidade de este fenómeno, mais aló de tópicos ou informacións superficiais. A posibilidade de realizar esta análise a través dun curso de verán monográfico permitirá aos alumnos aproximarse a esta realidade desde un ámbito máis pausado, á marxe doutros requirimentos académicos.

 

 

A rehabilitación social dos nosos presos: unha tarefa colectiva (especial referencia ao caso galego) MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 14 a 17 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: José M. Lorenzo Salgado

Secretaría: Javier Fernández Agrafojo

Límite de alumnos/as: 150

Obxectivos: O obxectivo da acción voluntaria no interior dunha prisión está baseado en promover procesos de relación persoal, que favorezan a reflexión e o cambio da persoa privada de liberdade. No ámbito da prisión, os voluntarios están sometidos ao marco normativo que regula a prisión, son persoas alleas e estrañas, a súa presenza pon en risco a seguridade da prisión. A organización da prisión e a súa estrutura son factores que inflúen de forma determinante na acción dos voluntarios. Na parte teórica presencial ao inicio da actividade, apuntaranse algúns dos intereses e características da intervención social en prisións, os riscos e erros máis comúns, así como os límites, posibilidades e perspectivas que ofrece a acción voluntaria neste campo.

 

 

Dereito á saúde: o papel dos profesionais sanitarios nos proxectos de cooperación MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 15 a 17 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Ernesto Smyth Chamosa

Secretaría: Xán García Moure e María Díaz Martínez

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Describir os obxectivos da OMS cara o milenio. Coñecer as actividades das ONGs en temas relacionados coa saúde cos mais desfavorecidos. Preparar ao persoal sanitario como se fora a acudir a un destino. Remarcar a importancia de enfermidades esquecidas, e o rexurdir de novas enfermidades, nos mais desfavorecidos.

 

 

Galicia e o medioambiente. Unha visión interdisciplinar MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 20 a 23 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: José M. Vila Abad e Susana López Estévez

Secretaría: Mª Teresa Pereira Lorenzo

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Trátase dun curso no que expertos nos diferentes eidos medioambientais abordarán o estado actual da cuestión en Galicia. O enfoque será multidisciplinar e abranguerá desde a presentación do Proxecto de Educación Medioambiental Climántica, desenvolvido actualmente pola Xunta de Galicia até a análise do problema do cambio climático e a súa influencia na nosa Comunidade, a lexislación medioambiental actual e a xestión e solución da contaminación dos diversos compartimentos medioambientais (solos, augas, atmosfera) así como a xestión e tratamento de residuos urbanos e industriais e o uso de novas enerxías alternativas (biocombustibles, eólica, etc).

 

 

A revolución do Software Libre 2009 (OSREVOLUTION 09) MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 20 a 24 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 31

Dirección: Tomás Fernández Pena

Secretaría: Enrique Estévez Fernández

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Introducir aos participantes na filosofía, na historia e nos modelos de traballo, tecnolóxico e económico do Software e da Cultura libres, facendo fincapé en exemplos de éxito reais.

 

 

A sociedade do coñecemento en tempos de crise: entre o público e o privado MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 21 a 24 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Óscar Rodil Marzábal

Secretaría: María del Carmen Sánchez Carreira

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Abordaranse aspectos de grande interese e plena actualidade, máxime nun contexto de crise do modelo actual, tales como a mercantilización do coñecemento científico-técnico, os cambios no modelo de universidade, a regulación da propiedade intelectual no ámbito internacional e os retos da sociedade da información.

 

 

Introdución a Ubuntu GNU/Linux 2009 (UBUNTU 09) MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 27 a 31 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 31

Dirección: Tomás Fernández Pena

Secretaría: Enrique Estévez Fernández

Límite de alumnos/as: 60

Obxectivos: O obxectivo do curso é introducir aos asistentes de xeito metódico e exhaustivo nos detalles do funcionamento do GNU/Linux desde o punto de vista do usuario medio, como contraposición aos usuarios avanzados. Búscase amosar que o GNU/Linux está “listo para o escritorio”, derrubando o mito de que é un S.O. soamente para informáticos. Porase énfase en que os participantes rematen o curso cos coñecementos necesarios para poder facer con Software Libre as mesmas tarefas que veñen realizando habitualmente noutras plataformas, para deste xeito axudar a quen que se atope en proceso de migración.

 

 

A “espectacularización” da cultura MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 28 a 31 de xullo

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Miguel Anxo Rodríguez González

Secretaría: Emanuela Saladini

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Farase unha análise desde distintos puntos de vista do actual fenómeno da “espectacularización” da cultura. Partimos da idea de que no mundo contemporáneo se están a diferenciar con claridade dúas versións da cultura, unha tendente a convocar grandes multitudes en torno a accións de grande proxección mediática (grandes exposicións, grandes museos, espectáculos na televisión etc.), e outra máis especializada e con afán crítico, que cuestiona os parámetros da cultura promovida polas grandes institucións. Esta segunda desenvólvese preferentemente a través de redes sociais, colectivos, ou círculos académicos, e baséase na reflexión e na comunicación real entre individuos.

 

 

Edición de textos en LaTeX MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 15 a 18 de setembro

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 25

Dirección: Rosana Rodríguez López

Secretaría: Beatriz Máquez Villamarín

Límite de alumnos/as: 60

Obxectivos: Na  realización de tarefas académicas ou docentes, xorde a necesidade de elaborar documentos contendo expresións científicas complexas dificilmente manipulables utilizando procesadores visuais. Neste obradoiro, poñeremos en práctica o emprego dunha ferramenta sen custo, estable, multiplataforma e que produce un documento de calidade tipográfica profesional: LaTeX. Dada a crecente demanda destes documentos no mundo científico e universitario, o curso resultará de interese a alumnos de diversas ramas de coñecemento que realicen un traballo académico, pero tamén a calquera usuario interesado en editar textos ben estruturados e de calidade, tratándose dunha ferramenta especialmente útil no manexo de expresións matemáticas.

 

 

Combater a fame e a pobreza, proxecto de todos MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 16 a 18 de setembro

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 20

Dirección: Alfredo Macías Vázquez

Secretaría: Mª del Carmen Alborés Maceiras

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: A finalidade básica que perseguen estas xornadas é analizar e afondar nas causas da pobreza e da fame no mundo así como debater sobre as actuais estratexias de actuación dos actores do sistema internacional de cooperación ao desenvolvemento. Nun contexto no que a loita contra a pobreza xunta os esforzos da comunidade internacional co fin de lograr en 2015 os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) resulta oportuno expor, desde a USC, unha achega tanto ás causas da pobreza e a fame como á análise das prácticas de cooperación dos axentes que conforman a nosa contorna institucional (UE, Estado español, Xunta de Galicia, ONGDs, universidades...).

 

 

A tutela internacional dos dereitos e liberdades públicas fundamentais MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 17 a 19 de setembro

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 20

Dirección: Ramom Lôpez-Suevos Fernández

Secretaría: Rosa Mª Verdugo Matés

Límite de alumnos/as: 200

Obxectivos: A creación na década dos 90 dos Tribunais Penais Internacionais, pensados para perseguir aos responsábeis das violacións dos Dereitos Humanos, están sendo obxecto de numerosas críticas. A necesidade de manter a prisión de Guantánamo está sendo cuestionada por Barack Obama, quen anunciou o seu peche tras a súa toma de posesión como presidente dos Estados Unidos de América. O antigo conflito entre Palestina e Israel, está por desgraza de actualidade, xurdindo numerosos debates entre os políticos de todo o mundo e innumerábeis mobilizacións na sociedade civil de todos os países. Sen ser o único, un dos factores deste conflito é o relixioso, polo que incluímos tamén neste seminario debates sobre os dereitos e liberdades públicas vistos desde a perspectiva islámica. Ligado a isto, tamén reflexionamos sobre o universalismo ou pluriversalismo dos Dereitos Humanos.

 

 

A prestación de servizos sanitarios ante os retos do século XXI MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 21 a 24 de setembro

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: Belén Trigo García

Secretaría: Mercedes Gallas Torreira e Amalia Puga Martínez

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Ofrecer unha visión interdisciplinaria da materia. Combinar a análise académica e a perspectiva práctica dos profesionais do ámbito sanitario e xurídico implicados. Debater sobre tema actuais e polémicos (investigación biomédica, responsabilidade médica, consentimento informado, testamento vital, ...). Reflexionar sobre as recentes evolucións dun entorno moi dinámico e sobre as pautas de futuro desenvolvemento. Coñecer a experiencia doutros países do noso entorno e a súa eventual influencia e interrelación, en especial, no ámbito comunitario.

 

 

O Software Libre e a Lingüística (LINGUA 09) MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 21 a 24 de setembro

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 16

Dirección: Enrique Estévez Fernández

Secretaría: Denís Fernández Cabrera

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: A informática representa unha ferramenta cada vez mais poderosa na investigación filolóxica e lingüística. Non xa soamente pola súa capacidade de análise de datos, senón polas canles de comunicación que crea e polos mecanismos de traballo que leva asociados. O obxectivo deste curso é presentar algúns aspectos salientables da informática aplicada á lingüística e a tradución, e en concreto das ferramentas e proxectos de Software Libre que existen.

 

 

Biocombustibles: retos e oportunidades MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 21 a 24 de setembro

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 33

Dirección: Juan M. Lema Rodicio e Pastora Mª Bello Bugallo

Secretaría: Aula de Enerxías Renovables da Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: O obxectivo do curso é presentar unha visión ampla sobre a produción e o uso dos biocombustibles como produtos enerxéticos alternativos no marco dunha produción sostible presentando o estado actual e a visión a medio prazo. A orientación do curso é tecnolóxica, pero considerando aspectos económicos, sociais e ambientais que poden condicionar a viabilidade das alternativas. A elección do conxunto de profesores, universitarios, de departamentos de produción e investigación de empresas líderes e de institucións con competencias na área pretende ofrecer unha orientación máis rica. O curso pretende ofrecer unha acción complementaria á formación académica dos estudantes, especialmente dos alumnos e alumnas das titulacións en Enxeñaría Química, Enxeñarías Técnicas e dos Máster en Enxeñaría Ambiental e Enerxías Renovables, permitíndolles a exploración dunha área de actividade moi dinámica e que nos próximos anos pode ter un desenvolvemento notable.

 

 

Educación, dereitos humanos e cidadanía MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 22 a 24 de setembro

Lugar: Santiago

Horas lectivas: 30

Dirección: Manuel Dios Diz e Ramón Sánchez Rodríguez

Secretaría: Lisi Varela

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Coñecer as dimensións epistemolóxica, educativa e humanizadora dos dereitos humanos. Rexeitar toda forma de violencia e prever os conflitos, eliminando as súas causas mediante o diálogo e a negociación. Respectar a igualdade de dereitos e oportunidades para homes e mulleres. Comprender a complexidade e non neutralidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino aprendizaxe en particular. Fomentar a construción participada de regras de convivencia democrática. Promover comportamentos respectuosos co medio natural, social e cultural en beneficio das xeracións presentes e futuras.

 

 

Economía doméstica e uso do tempo dos fogares: reflexións á luz do caso galego MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 22 a 25 de setembro

Lugar: Santiago de Compostela

Horas lectivas: 30

Dirección: María Xosé Rodríguez Galdo

Secretaría: Rosa María Regueiro Ferreira

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Ofrecer unha explicación completa sobre o alcance e limitacións da contribución da metodoloxía empregada na medición dos usos do tempo nos fogares. Presentar o estudo pormenorizado do caso galego e da análise comparativa doutras contribucións a nivel español e internacional.

 

 

 

LUGO

 

O cabalo: do benestar animal ao benestar social. Alternativas para o profesional veterinario ESTE CURSO FOI SUSPENDIDO A PETICIÓN DAS ORGANIZADORAS

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 9 e 10 de xullo

Lugar: Lugo

Horas lectivas: 20

Dirección: Vicenta Rueda Núñez

Secretaría: Rosa Sanmartín

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Nestas xornadas falarase sobre os diferentes sectores que traballan ao redor do cabalo, desde a administración até o lecer pasando por profilaxe sanitaria e alimentos de calidade, así como de todas as calidades que converten ao cabalo nun elemento integrador da paisaxe, dinamizador da actividade rural, alternativa agropecuaria e o mellor terapeuta da natureza co que traballan diferentes entidades que aplican a terapia ecuestre a favor da integración social dos discapacitados na nosa sociedade.

 

 

Fundamentos de proxectos industriais e regulamentacións aplicadas na súa redacción MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 17 de xullo

Lugar: Lugo

Horas lectivas: 30

Dirección: Francisco Fraga López e Jorge Rivera Gómez

Secretaría: José Manuel Martínez Ageitos

Límite de alumnos/as: 150

Obxectivos: Coñecer os fundamentos das novas regulamentacións para a realización e desenvolvemento de proxectos industriais. Comprender as implicacións destas regulamentacións no deseño de novos proxectos, fundamentalmente no que se refire a seguridade laboral, prevención de riscos e aforro enerxético. Comprender que a través destas normativas débese dar satisfacción a certos requisitos básicos da edificación relacionados coa seguridade e co benestar das persoas, que se refiren, tanto a seguridade estrutural e de protección contra incendios, como á salubridade, á protección contra o ruído, o aforro enerxético o á accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. Complementar a formación dos alumnos co coñecemento e aplicación de regulamentacións específicas de carácter profesional. Saber aplicar as novas regulamentacións á redacción de proxectos industriais desde unha perspectiva de esixencia de sustentabilidade nunha tripla dimensión ambiental, social e económica.

 

 

Novas perspectivas en seguridade alimentaria MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 ao 17 de xullo

Lugar: Lugo

Horas lectivas: 30

Dirección: Alberto Cepeda Sáez e Carlos Manuel Franco Abuín

Secretaría: José Manuel Miranda López

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Proporcionar unha actualización aos participantes no referente ás novas problemáticas que leva o consumo de alimentos, así como dos seus métodos de control oficial por parte da administración e por parte das propias empresas.

 

 

Perspectivas actuais da xestión de actividades deportivas MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 10 e 11 de setembro

Lugar: Lugo

Horas lectivas: 15

Dirección: José Vázquez Tato

Secretaría: José Manuel Pardo Penelo

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: A xestión das actividades deportivas e recreativas debe afrontar aspectos lexislativos, sanitarios, enerxéticos e orzamentarios, todos eles con complexidade crecente, o que supón conseguir unha ampla formación multidisciplinar. O obxectivo primordial do presente seminario é abordar tales cuestións desde unha óptica actual e de futuro. Para conseguilo, o seminario organízase en catro módulos, correspondendo cada un deles a unha das sesións nas que se organiza o programa e que son as seguintes: (1) domótico-enerxética; (2) deporte e saúde, (3) lexislativo e (4) atención ao deportista.

 

 

A planificación estratéxica territorial aplicada á análise provincial MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 16 a 18 de setembro

Lugar: Lugo

Horas lectivas: 20

Dirección: Alberto Meijide Vecino e Francisco Sineiro García

Secretaría: Melchor Fernández Fernández

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Reflexionar sobre a planificación estratéxica territorial, dende o propio concepto de planificación até a súa aplicabilidade en diferentes contextos territoriais. Amosar os elementos básicos da planificación estratéxica territorial e a súa aplicación á provincia de Lugo.

Formación para acometer o desenvolvemento de planos estratéxicos en cidades, áreas metropolitanas ou provinciais.

 

 

Dereito e saúde: solucións xurídicas ante situacións conflitivas relacionadas coa saúde das persoas MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 21 a 24 de setembro

Lugar: Lugo

Horas lectivas: 32

Dirección: Lotario Vilaboy Lois

Secretaría: Mercedes Paula Alvarellos Fondo e Jose Antonio Varela Agrelo

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Constituír un foro de análise e debate sobre algunhas das cuestións xurídicas máis polémicas e actuais relacionadas co exercicio dos dereitos á vida, a intimidade ou a saúde nos ámbitos sanitario, alimentario, medioambiental, laboral e familiar (dereitos e deberes do persoal sanitario e dos usuarios do sistema da saúde, xenética e dereito, seguridade alimentaria, laboral e medioambiental). A análise e debate efectuarase desde unha perspectiva plural e multidisciplinar, alternándose as exposicións teórico-prácticas co comentario de casos reais e das solucións legais e xurisprudenciais dadas aos mesmos. Complementariamente, desenvolveranse diversas actividades de carácter práctico (simulación da práctica de probas periciais en materia de fraudes alimentarias e de investigación da paternidade, ou a exposición das técnicas de traballo de determinados laboratorios especializados en Xenética e ADN, e en Hixiene, Inspección e Control de Alimentos).

 

 

CAMPUS DE VERÁN DE MUROS

 

Innovar en actividades tradicionais: innovación na pesca de baixura MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 20 e 21 de xullo

Lugar: Muros

Horas lectivas: 15

Dirección: Manuel González López

Secretaría: Manuel París Lestón

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Afondar no coñecemento dos procesos innovadores no sector da pesca de baixura, como exemplo dun sector tradicional. Analizar a fasquía dos procesos innovadores no sector da pesca de baixura en Galicia, baixo o enfoque dos sistemas de innovación. Difundir as prácticas innovadoras do sector da pesca de baixura en Galicia e sensibilizar aos principais axentes privados e públicos sobre esta temática.

 

 

Accidentes de tráfico: unha abordaxe multidisciplinar MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 29 a 31 de xullo

Lugar: Muros

Horas lectivas: 30

Dirección: Ramón Arce Fernández e Francisca Fariña Rivera

Secretaría: Mercedes Novo Pérez

Límite de alumnos/as: 100

Obxectivos: Ofrecer, desde unha abordaxe multidisciplinar, unha visión integral dos accidentes de tráfico e da seguridade vial. Aproximarse aos aspectos psicosociais, sanitarios, legais e forenses da accidentabilidade no tráfico viario. Abordar, desde unha perspectiva multidisciplinar, as repercusións físicas e psicolóxicas dos lesionados en accidentes de tráfico. Afondar nas achegas da prevención, avaliación e intervención no ámbito dos accidentes de tráfico e da seguridade vial.

 

 

A xestión integral do patrimonio arqueolóxico. Modelos, métodos e técnicas aplicables ó caso dos petróglifos MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 17 a 21 de agosto

Lugar: Muros

Horas lectivas: 32

Dirección: Josefa Rei Castiñeiras

Secretaría: Manuel Antonio Franco Fernández

Límite de alumnos/as: 160

Obxectivos: A arte rupestre gravada nas rochas, manifestación das mentalidades e dos coñecementos que sobre o mundo tiñan as comunidades que a produciron, é un elemento presente na paisaxe de gran parte de Europa. Desde o norte de Escandinavia, por todo o Arco Atlántico, Centroeuropa e o Mediterráneo atopamos milleiros de estacións cunha variedade de tipoloxías e modelos de distribución no territorio. Estas manifestacións son estudadas e analizadas de distintas maneiras empregando métodos e técnicas científicas para darlle á sociedade interpretacións sobre o significado dunhas manifestacións artísticas presentes na memoria colectiva actual. A tendencia actual cara a xestión integrada do territorio fai necesario que un elemento patrimonial da importancia dos petróglifos sexa xestionado de maneira ordenada e poida integrarse dentro do tecido sociocultural local. Ademais, hai exemplos das posibilidades de desenvolvemento racional asociadas á posta en valor destes Bens de Interese Cultural.

 

 

O conflito e as súas técnicas de solución: a negociación e a mediación MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 22 a 24 de setembro

Lugar: Muros

Horas lectivas: 32

Dirección: Raquel Castillejo Manzanares

Secretaría: Cristina Torrado Tarrío

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: O curso está dirixido a toda a sociedade, pois nos hai campo no que nos movamos e non aparezan conflitos, para os que temos que arbitrar mecanismos de solución.

Hoxe a solución do conflito contráese ao proceso xudicial, pero non é o único mecanismo, de feito co curso e os seus talleres trátase de mostrar que existen mecanismos alternativos ao proceso xudicial aptos para unha mellor solución. Por isto, trataremos de divulgar as diversas formas de negociación e mediación entre as familias, os matrimonios, as parellas, os educadores, os alumnos, os pais, os empresarios, os sindicatos, os operadores xurídicos, os poderes públicos e os veciños de calquera comunidade.

 

 

Certificacións e calidade no turismo MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 29 e 30 de setembro

Lugar: Muros

Horas lectivas: 15

Dirección: Xosé Manuel Santos Solla

Secretaría: Mª de los Ángeles Piñeiro Antelo

Límite de alumnos/as: 165

Obxectivos: Promover a divulgación da cultura da calidade homologada nos servizos e empresas turísticas, tanto públicas como privadas. Favorecer o desenvolvemento dun turismo de calidade baseado nunha xestión axeitada e integral dos seus recursos, infraestruturas e servizos. Capacitar profesionais para investigar, deseñar e executar proxectos de implantación e xestión de procesos de control da calidade no sector turístico cunha formación específica en problemas teóricos e prácticos. Desenvolver habilidades para a participación creativa en equipos multidisciplinares de implantación e xestión de procesos de control da calidade no sector turístico, ao tempo que elaborando respostas prácticas aos conflitos xerados por estes procesos.

 

 

CAMPUS DE VERÁN DE SARRIA

 

O desenvolvemento económico da zona centro-sur da provincia de Lugo: sectores forestal, agropecuario e servizos MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 8 a 11 de xullo

Lugar: Sarria

Horas lectivas: 30

Dirección: José Federico García Fernández e Manuel Gómez Díaz

Secretaría: Manuel Veiga Carballido

Límite de alumnos/as: 75

Obxectivos: Análise dos recursos reais e potenciais da comarca. Detectar limitacións que afecten o desenvolvemento da zona. Subliñar a importancia da creatividade e da innovación como contribución ao desenvolvemento e á competitividade. Desenvolver metodoloxías para incorporar experiencias propias. Estudar novas estratexias para o desenvolvemento económico da zona. Prestar atención ao binomio desenvolvemento-respecto ao medio ambiente. Facilitar a interacción entre a Universidade e o mundo empresarial.

 

 

Educación emocional e comunicación non violenta na sociedade da información. Bulling, ciberbulling e violencia de xénero MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 17 de xullo

Lugar: Sarria

Horas lectivas: 35

Dirección: Mª Lina Iglesias Forneiro

Secretaría: Manuel Blanco Rábade e José Luis Cruz Torres

Límite de alumnos/as: 60

Obxectivos: Determinar que é a educación emocional e cales son os seus obxectivos e contidos. Analizar o papel da educación emocional na prevención da violencia en xeral e do maltrato escolar e da violencia de xénero, en particular. Analizar o concepto de maltrato entre iguais, as súas características e os seus efectos así como as distintas modalidades que pode adoptar. Analizar a relación entre sexismo,violencia de xénero e maltrato escolar e presentar propostas de intervención efectivas. Adquirir coñecementos e habilidades para a resolución de conflitos desde unha perspectiva emocionalmente intelixente. Analizar a relación entre educación emocional e medios de comunicación.

 

 

Patrimonio natural e desenvolvemento rural no entorno das serras orientais do Camiño de Santiago en Galicia MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 27 a 30 de xullo

Lugar: Sarria

Horas lectivas: 16

Dirección: Elvira Díaz Vizcaíno e José Díaz Fuentes

Secretaría: Pedro Pardo Pérez

Límite de alumnos/as: 30

Obxectivos: Presentar os valores naturais do entorno das Serras Orientais do Camiño de Santiago en Galicia e a súa contribución á Rede Natura 2000. Analizar as diferentes alternativas de xestión sostible e desenvolvemento rural, analizando a contribución neste contexto da política sobre o medio rural autonómica. Avaliar a incidencia sobre o desenvolvemento rural do novo financiamento europeo. Analizar o efecto da integración dos valores culturais e dos valores naturais nunha mellora do desenvolvemento rural.

 

 

Camiño de Santiago: paisaxe e comunicación MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 27 a 31 de xullo

Lugar: Sarria

Horas lectivas: 32

Dirección: Luís Celeiro Álvarez

Secretaría: Xoán Piñeiro Cochón

Límite de alumnos/as: 60

Obxectivos: Coñecer a ruta xacobea en Galicia, como un espazo de comunicación e cultura e como elemento definitorio da paisaxe. Descubrir o patrimonio arquitectónico e artístico do Camiño de Santiago, como elementos que configuran a súa paisaxe. Contribuír a acadar respecto á natureza e ao desenvolvemento sostible, considerando o coidado do medio ambiente como un valor prezado. Contribuír ao respecto e á divulgación das características da ruta xacobea, como Patrimonio da Humanidade.

 

 

 

CAMPUS DE VERÁN DE VILAGARCÍA DE AROUSA

 

A auga como ben de consumo: medioambiente e sociedade MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 10 de xullo

Lugar: Vilagarcía de Arousa

Horas lectivas: 32

Dirección: Fernando Cobo Gradín e Mª José Servia García

Secretaría: Rufino Vieira Lanero

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Afortunadamente, pero despois de moitos anos de insistencia e tesón nas advertencias da comunidade científica e de moitas agrupacións ecoloxistas, ven sendo xa do dominio público que a oferta de auga doce en termos absolutos, é limitada. Esta limitación ven determinada pola natureza do ciclo da auga a nivel planetario. A auga é o produto máis consumido do mundo, pero é tamén o compoñente básico da biosfera. Emporiso, a exposición da disparidade de intereses que concorren nesta dupla concepción e a súa análise por parte dos axentes implicados son os obxectivos fundamentais do curso.

 

 

Un mundo de iguais: loitando pola igualdade e contra a violencia de xénero MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 15 a 17 de xullo

Lugar: Vilagarcía de Arousa

Horas lectivas: 32

Dirección: Raquel Castillejo Manzanares

Secretaría: Cristina Alonso Salgado

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: O curso pretende facer máis próximo aos profesionais do dereito, especialmente ao colectivo de mulleres xuristas, aos estudantes de dereito, así como a todos os colectivos de persoas afectadas polas materias recollidas no programa, o tratamento dos problemas, as ameazas e as desigualdades ás que teñen que facer fronte as mulleres na sociedade actual.

Desde unha perspectiva multidisciplinar, procúrase sensibilizar á sociedade respecto á situación das mulleres, ofrecendo, ao mesmo tempo, respostas, para o que se fai instrumento imprescindible o ordenamento xurídico, divulgando as reformas lexislativas en materia de igualdade e violencia contra a muller. A visión que se trata de ofrecer é crítica, desde unha perspectiva de xénero.

 

 

Dislexia: implicacións na linguaxe verbal e matemática MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 14 a 18 de setembro

Lugar: Vilagarcía de Arousa

Horas lectivas: 30

Dirección: Paula Outón Oviedo

Secretaría: Mª Teresa Díaz García e Rebeca Abal González

Límite de alumnos/as: 150

Obxectivos: Adquirir, comprendendo e valorando criticamente, os coñecementos que se presentan nos contidos do curso. Integrar e aplicar eses coñecementos para elaborar programas de intervención na linguaxe verbal e matemática adaptados a escolares e adultos disléxicos. Coñecer as principais liñas de investigación que se están a desenvolver no ámbito da dislexia.

 

 

Xustiza e novas tecnoloxías: a modernización da Xustiza en España, unha tarefa pendente MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 15 a 17 de setembro

Lugar: Vilagarcía de Arousa

Horas lectivas: 30

Dirección: Mª Lourdes Noya Ferreiro

Secretaría: Bernardino Varela Gómez

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Abordarase o estado actual da Xustiza e a importancia da súa modernización, non só desde o aspecto organizativo e de xestión, senón tamén na tramitación e desenvolvemento dos diferentes procedementos. Na primeira sesión analizarase o uso dos adiantos tecnolóxicos na oficina xudicial. A segunda versará sobre a aplicación das novas tecnoloxías na fase de investigación do proceso penal. Finalmente, a terceira sesión centrarase no emprego dos novos medios de proba no proceso civil, medios que se regulan por primeira vez na Lei de Enxuizamento Civil 1/2000.

 

 

CAMPUS DE VERÁN DE GUITIRIZ 

 

Cultura e paisaxe MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 10 de xullo

Lugar: Guitiriz

Horas lectivas: 27

Dirección: Roxelio Pérez Moreira

Secretaría: Francisco Javier López González

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Cultura e paisaxe están intimamente relacionadas, tanto porque a cultura espéllase na paisaxe como porque a paisaxe é unha descuberta da cultura. Ademais, porque a valoración paisaxística depende da mirada e que está culturalmente cualificada. Hoxe en día esta relación entre cultura e paisaxe dilatouse conceptualmente. Así que tanto se presta a interpretacións emocionais como territoriais ou doutro tipo, sendo obxecto de estudo desde a arte, a literatura, a arquitectura, a xeografía, a ecoloxía, a ordenación, ou mesmo como identidade sociocultural. Os obxectivos deste seminario son actualizar o debate nestas variadas cuestións nas que se relacionan cultura e Paisaxe.

 

 

Xestión das augas residuais no ámbito rural MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 15 de xullo

Lugar: Guitiriz

Horas lectivas: 20

Dirección: Tomás Cuesta García e Joaquín Suárez López

Secretaría: Xan Neira Seijo

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: O xeito de afrontar a xestión das augas residuais depende da organización poboacional do territorio. Case o 90% das entidades de poboación habitadas en Galicia teñen menos de 100 habitantes e un 17% da poboación distribúese en diseminado. Fronte os sistemas convencionais de depuración adoptados en poboacións de maior entidade, no ámbito rural, ou en pequenos núcleos, o número de alternativas tecnolóxicas é moi superior. Isto fai que a correcta consideración dos condicionantes de partida sexa un elemento estratéxico. Conscientes da importancia da correcta xestión dos recursos naturais, neste curso descríbese unha panorámica actual da depuración de auga en pequenos núcleos e das alternativas para os sistemas e tratamentos existentes.

 

 

Comunicación e deporte MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 17 a 19 de xullo

Lugar: Guitiriz

Horas lectivas: 22

Dirección: Eugenio A. Rodríguez Núñez

Secretaría: M. Alberto Fernández Fraga

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Neste seminario proponse crear un espazo de reflexión no que se aborden desde distintos ángulos as particularidades da comunicación deportiva, tendo como centro a análise da realidade actual do periodismo deportivo nos diferentes soportes informativos. Daranse a coñecer experiencias e traballos levados a cabo por profesionais de diferentes medios de comunicación e institucións que desenvolven a súa actividade en relación co deporte. Así mesmo, centrándonos na relación entre medios de comunicación e deporte proponse facer unha análise nunha dobre dirección. Dunha banda, unha ollada á relación da comunicación co deporte e, doutra, unha ollada na dirección contraria: a relación do deporte coa comunicación, analizando nos dous casos as mutuas sinerxías. Por último preténdese realizar análises da situación actual, desafíos e retos no tratamento da información deportiva, debater sobre o tratamento e impacto informativos das disciplinas máis minoritarias e afondar nas particularidades de cada medio: audiovisual, escrito, radiofónico e Internet.

 

 

SEOANE DO COUREL

 

Curso de Ornitoloxía aplicada MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 6 a 9 de xullo

Lugar: Seoane do Courel

Horas lectivas: 30

Dirección: José Guitián Rivera

Secretaría: Ignacio Munilla Rumbao

Límite de alumnos/as: 25

Obxectivos: Trátase dun curso de contido totalmente práctico, no que os estudantes deben deseñar, realizar, analizar e expoñer os resultados de 6 estudos de campo sobre a ecoloxía das aves do Courel. Está concibido para contribuír á formación de investigadores no campo da ecoloxía, empregando como suxeito de estudo as aves do Courel.

 

 

Condicións ecolóxicas, actividade humana e paisaxe no Courel MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 16 de xullo

Lugar: Seoane do Courel

Horas lectivas: 30

Dirección: Luis Guitián Rivera

Secretaría: Tania López Veiga

Límite de alumnos/as: 40

Obxectivos: Trátase dun curso práctico no que se analizan os fundamentos xeomorfolóxicos do Courel, as características da súa vexetación e as transformacións producidas na configuración da paisaxe polas actividades agrícolas. O obxectivo fundamental é salientar o valor do territorio do Courel dende o punto de vista natural, o das paisaxes agrícolas que aínda existen, resultado da utilización dun determinado sistema de explotación dos recursos do medio e a importancia das transformacións recentes – agrícolas, industriais, etc…- na desarticulación das paisaxes tradicionais.

 

 

O Courel como espazo educativo. Recursos didácticos MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 11 de setembro

Lugar: Seoane do Courel

Horas lectivas: 30

Dirección: Manuel Antonio Fernández Domínguez

Secretaría: Carmen Morán de Castro

Límite de alumnos/as: 40

Obxectivos: Divulgar os valores patrimoniais do Courel, aportando elementos básicos na formación inicial e continua dos profesores interesados na temática medioambiental. Sentar as bases metodolóxicas e conceptuais para o aproveitamento dos espazos naturais como lugares de aprendizaxe, abrindo vías para potenciar as dinámicas de divulgación e interpretación na bisbarra do Courel.

 

 

MOAÑA

 

Inmunoloxía na sociedade MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 10 de xullo

Lugar: Moaña

Horas lectivas: 32

Dirección: Óscar J. Cordero Santamaría

Secretaría: Rubén Varela Calviño

Límite de alumnos/as: 200

Obxectivos: A Ciencia en xeral é unha parte da cultura humana con pouca proxección social en Galicia, unha das causas principais da falta de dinamismo no desenvolvemento socioeconómico.  As Ciencias Biolóxicas, e en particular a Inmunoloxía debido ao seu carácter transversal e integrador, pola súa novidade aínda teñen menos presenza a pesares do seu papel na revolución tecnolóxica e biomédica da que todos somos beneficiarios. O obxectivo do curso, poren, será o de dar unha visión global da Inmunoloxía como ciencia e a súa importancia para as persoas e a sociedade. Dada a amplitude do ámbito abarcado, o curso presentase diferenciado en 4 bloques, a tratar un por día: INMUNOLOXÍA NOS SERVIZOS SANITARIOS, INMUNOLOXÍA NA INDUSTRIA BIOTECNOLÓXICA, INMUNOLOXÍA NA INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA e INMUNOLOXÍA NOUTRAS INVESTIGACIÓNS BIOLÓXICAS.

 

 

A pesca do bacallau no século XX: historia, economía e traxectorias vitais MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 20 a 22 de xullo

Lugar: Moaña

Horas lectivas: 30

Dirección: Jesús Giráldez Rivero

Secretaría: Manuel Pérez Rúa

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Trátase de contribuír á divulgación da economía galega e do sector pesqueiro no período posterior á Guerra Civil, unha etapa moi dinámica e marcada polo desenvolvemento da pesca do bacallau, unha actividade que resultará de importancia decisiva no devir da historia pesqueira e industrial de Galicia. Búscase axudar á divulgación dunha fase e da historia económica e social de Galicia bastante descoñecidas. Tratará de facer partícipes do curso a moitos dos protagonistas vivos dos procesos investigados e ao conxunto da sociedade civil.

 

 

RIBADEO

 

Agroecoloxía e desenvolvemento rural sustentábel II MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 20 a 24 de xullo

Lugar: Centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias de Ribadeo

Horas lectivas: 30

Dirección: Xan Neira Seijo, Anna Cervera Iglesias e Rosa María Novoa Martínez

Secretaría: José López Fernández, Sergio Fernández Gayol e Tomas Cuesta García

Límite de alumnos/as: 40

Obxectivos: Mellorar o coñecemento técnico-científico en agricultura e alimentación ecolóxica de agricultores, estudantes, técnicos e público interesado e dirixido á mellora da calidade de vida da poboación en xeral.

 

 

Obradoiro agroecoloxía e cinema MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 20 a 24 de xullo

Lugar: Centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias de Ribadeo

Horas lectivas: 20

Dirección: Xan Neira Seijo, Fabienne Wateau e Baptiste Buob

Secretaría: Tomás Cuesta García, Belén Díaz Hernández e Anna Cervera Iglesias

Límite de alumnos/as: 30

Obxectivos: Introdución nos conceptos e práctica da teoría e técnica cinematográfica. Identificación dun guión. Montaxe cinematográfica. A temática de traballo xira ao redor da agroecoloxía e os filmes antropolóxicos e da natureza.

 

 

BANDE

 

Patrimonio arqueolóxico e turismo: unha maneira de publicitar o noso pasado MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 10 a 12 de setembro

Lugar: Centro Arqueolóxico AQUIS QUERQUENNIS (Bande - Ourense)

Horas lectivas: 30

Dirección: Antonio Rodríguez Colmenero

Secretaría: Juan Manuel Sobrado Vázquez

Límite de alumnos/as: 100

Obxectivos: Tendo en conta o elevado número de visitantes que cada ano se achega ao xacemento romano e museo de Portoquintela, Bande (Ourense), de cuxo Padroado forma parte a Universidade de Santiago de Compostela, parécenos axeitado organizar un curso de verán que verse sobre turismo arqueolóxico, entendendo este, por unha banda, como a maneira de dar a coñecer á xente esta parcela do noso pasado histórico e, por outra, como factor económico de desenvolvemento sostido, comparándoo con outros xacementos peninsulares de categoría semellante.

 

 

BURELA

 

Inmigración e desenvolvemento local: as claves educativas e sociais MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 17 de xullo

Lugar: Burela

Horas lectivas: 30

Dirección: Miguel A. Santos Rego

Secretaría: Marcelino Luna Almarza

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Estudar as claves que definen a importancia dos fluxos migratorios no actual panorama de globalización. Analizar en perspectiva as repercusións da inmigración no eido local, atendendo especialmente as variables socio-educativas. Revisar criticamente a relación entre inmigración e cidadanía no marco xeral e no máis específico das comunidades locais.  Avaliar algúns enfoques ou orientacións relacionadas coas pautas de integración das persoas e dos colectivos inmigrantes no ámbito local.

 

 

CALDAS DE REIS

 

Inmigración, educación e transformación social MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 6 a 10 de xullo

Lugar: Caldas de Reis

Horas lectivas: 30

Dirección: Mar Lorenzo Moledo e Begoña Castro Martínez

Secretaría: Diana Priegue Caamaño e Graciela Vázquez Blanco

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Estudar os enfoques e modelos que permiten entender e interpretar os fluxos migratorios nunha época de globalización. Coñecer as principais implicacións da inmigración nos contextos educativos en xeral e escolares en particular, pondo especial fincapé no eido da equidade social. Analizar as dinámicas e procesos de cambio social que acompañan ao auxe da inmigración, atendendo, fundamentalmente, o caso das familias, escolas, grupos e comunidades. Coñecer e mesmo avaliar planos relacionados coa xestión da inmigración a distintos niveis, priorizando as dimensións potencialmente máis relacionadas co desenvolvemento das actitudes interculturais.

 

 

 

FOZ

 

Infancia e escola na Historia do Cine MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 20 a 24 de xullo

Lugar: Foz

Horas lectivas: 32

Dirección: Eugenio Otero Urtaza

Secretaría: Xaime Cancio

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Este curso de verán ten como meta facer unha reflexión sobre como foi reflectida a infancia e a escola no cinema durante a primeira metade do século XX. Reflexionar sobre as imaxes dos nenos e nenas aprendendo en situacións moi diferentes ás do século XXI e como esas imaxes foron construíndo unha cultura da infancia nova entre os adultos, e pensar se a idea que temos hoxe da infancia e da escola nese período está condicionada pola memoria cinematográfica que nos deixaron os filmes e documentais fílmicos daqueles anos. O curso tenta ofrecer tres olladas que afondan nese ámbito: os primeiros documentais escolares, modelos de infancia da primeira metade do século XX no cine, e a visión dos nenos instruíndose e vivindo no contexto da Guerra Civil española e da posguerra.

 

 

LALÍN

 

Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: estado de benestar e xénero (participación social – corresponsabilidade – dependencia – xestión dos tempos) MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 10 de xullo

Lugar: Lalín

Horas lectivas: 30

Dirección: Mª José Méndez Lois e Mª Jesús Payo Negro

Secretaría: Celso Taboada Lorenzo

Límite de alumnos/as: 350

Obxectivos: O propósito do curso é retomar, desde a perspectiva de xénero, as ideas clave do pacto orixinal do estado de benestar, incluíndo a análise de novas estratexias organizativas e incorporándoo, así mesmo, os debates actuais das políticas sociais relacionados coa atención e coidado das persoas dependentes. Este achegamento permitiranos extraer conclusións en temas de política económica considerando non só o emprego remunerado senón tamén o emprego non pagado. En política de redistribución dos recursos e no ámbito das políticas sociais onde se debería atender prioritariamente o dereito das persoas a ser coidadas cando o necesitan.

 

 

LOUSAME

 

Xestión do patrimonio industrial MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 27 e 28 de agosto

Lugar: Lousame

Horas lectivas: 16

Dirección: Xoán Carmona Badía

Secretaría: Mª Dolores Suárez Becerra

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: Facer autocrítica e unha diagnose moi exhaustiva sobre a situación actual na xestión do Patrimonio Industrial. Fomentar a elaboración de materiais didácticos sobre a Historia e o Patrimonio Industrial, recollendo as distintas percepcións que se teñen do tema dende as distintas disciplinas da ciencia, da técnica e da historia. Analizar, destacar e xestionar os elementos industriais máis prioritarios en base ao interese e posibilidades de recuperación dos mesmos, incorporando posibilidades de reutilización. Xestionar e aproximar o patrimonio industrial como un instrumento idóneo para que os cidadáns o asuman como sinal de identidade e como un elemento definitorio da nosa memoria histórica. Este proxecto preséntase para poder contribuír na consolidación e no estudo e recuperación do noso patrimonio industrial. Así mesmo, mostraranse casos reais de xestión do patrimonio industrial que poidan servir de modelo para novas accións.

 

 

 

 

MONDOÑEDO

 

Espazos naturais protexidos nun mundo en cambio MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 17 de xullo

Lugar: Mondoñedo

Horas lectivas: 30

Dirección: Pablo Ramil Rego

Secretaría: Marco Antonio Rubinos Román e Javier Ferreiro da Costa

Límite de alumnos/as: 80

Obxectivos: Entre os factores que determinan o cambio global, os organismos internacionais (PNUMA, UNESCO) e os investigadores consideran que a perda de biodiversidade, a desertificación e o mal uso da auga, xunto co cambio climático son os elementos máis significativos. Este curso quere ofrecer unha oportunidade para o intercambio de experiencias en relación coa planificación e coa xestión das áreas protexidas dentro dos escenarios de cambio global, presentando aos alumnos metodoloxías de traballo novidosas, así como resultados que permitan dar pé á discusión e á reflexión sobre os retos que se presentan no ámbito dos espazos naturais protexidos.

 

 

NOIA

 

Vilas e portos na fachada cántabro-atlántica, séculos XII-XVI MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 21 a 24 de xullo

Lugar: Noia

Horas lectivas: 15

Dirección: Elisa Ferreira Priegue

Secretaría: Xosé María Torres Reino

Límite de alumnos/as: 100

Obxectivos: Achega ao fenómeno urbano da Galicia mariñeira da Idade Media, dentro do contexto do Golfo de Biscaia e costa atlántica, cun enfoque multidisciplinar (política, economía, arte, relixiosidade…).

 

 

ORDES

 

A xestión ambiental nos concellos galegos MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 7 a 11 de setembro

Lugar: Ordes

Horas lectivas: 30

Dirección: Francisco José Peña Castiñeira

Secretaría: Mª Julia Melgar Riol

Límite de alumnos/as: 50

Obxectivos: Contribuír a mellorar a formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente.

Actualizar a formación do persoal da Administración Local con responsabilidades en materia ambiental, coa finalidade de contribuír a mellorar a xestión ambiental nos concellos galegos.

Implicar máis se cabe ao profesorado e alumnado dos centros educativos -peza clave- coa protección e conservación da natureza.

 

 

SANXENXO 

 

Avaliación do impacto socioeconómico do turismo do século XXI MATRICÚLATE

PROGRAMA COMPLETO

 

Datas: 13 a 15 de xullo

Lugar: Sanxenxo

Horas lectivas: 20

Dirección: Melchor Fernández Fernández

Secretaría: Rafael Trelles González

Límite de alumnos/as: non

Obxectivos: A pretensión deste curso é proporcionar ao alumno os fundamentos analíticos e conceptuais necesarios para que poida abordar a análise cuantitativa e cualitativa dos fenómenos turísticos e as súas implicacións socio-económicas e medioambientais. Para acadar este obxectivo proponse, en primeiro lugar, introducir aos alumnos na investigación das relacións entre economía, turismo e medio ambiente e na utilización de técnicas de análise económica aplicadas ao turismo. Abordarase, tamén, as consecuencias do crecemento da actividade turística e as técnicas/métodos de avaliación do seu impacto socio-económico.

Analizaremos as diferentes manifestacións da externalidade recíproca que se produce entre turismo e medio ambiente, dedicando parte do tempo de traballo ao estudio e a discusión de casos, medidas e propostas para minimizar o impacto negativo da actividade turística sobre o entorno  e para optimizar o potencial que o turismo pode ter como elemento de recuperación e conservación do patrimonio natural.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00