|
A agrupación CUPAS preséntanse como
unha candidatura unitaria, aberta á participación e á incorporación
de persoas que comparten a idea e a ilusión dunha universidade
pública, progresista, de calidade e integrada na sociedade galega.
Está formada por mulleres e homes do PAS desta universidade;
funcionarios e laborais dos campus de Santiago e Lugo que pretenden
desenvolver un traballo activo no claustro, informando puntualmente
das actuacións e trasladando as propostas e demandas do Persoal.
|