Presentación
O Departamento de Enfermaría, con sede na Escola
Universitaria de Enfermaría (Campus Norte) da Universidade
de Santiago de Compostela, foi creado no curso académico
1985-86 unha vez aprobada a lei de Reforma Universitaria
(1983) e os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela
(1985)
Desenvolve actividades docentes e investigadoras na área
de enfermería.
En canto á docencia, o Departamento de Enfermería
imparte docencia na Diplomatura de Enfermería, na
Especialidade Obstétrico-Xinecolóxica (Matronas)
do Sistema Nacional de Saúde, nos Títulos
propios de Biotecnoloxía e Xerontoloxía e,
foi o pioneiro na implantación de programas de Terceiro
Ciclo (1994-), así como de Cuarto ciclo universitario,
dirixido a maiores.
Ainda que o Departamento de Enfermería constitúe
un Departamento sólido e ben implantado, o seu futuro
é bastante mellorable. En relación coa docencia,
cuxa calidade consideramos que é boa, é necesario
optimizar o esforzo dos profesores fronte ó beneficio
que logran e, consolidar a situación de profesores
en formación.
Respecto á investigación, é necesaria
a participación de máis profesores en actividades
investigadoras, a captación de recursos e a disponibilidade
de espazo. Este último aspecto, con toda seguridade
será subsanado coa existencia dun novo edificio para
a Escola de Enfermería, ubicado no novo Campus de
Ciencias da Saúde, que redundará non só
na formación investigadora dos alumnos de postgrao
e personal investigador en formación, senón
tamén na producción científica dos
profesores do Departamento.