versión en castellano


 
Inicio
Seccións

Información xeral
Membros
Docencia
Posgrao
Investigación
Publicacións internas
Secretaría virtual do Departamento
Enlaces
Bolsa de emprego
Eventos organizados
Notas de prensa

 

 

Novidades

Novo Máster en Matemática Industrial

 

Mini-cursos en Optimización e Aplicacións:
Curso 1: An introduction to stochastic programming with applications to the gas industry impartido por Asgeir Tomasgard os días 6 e 7 de xuño de 2013.
Curso 2: Introdución á optimización matemática impartido por Emilio Carrizosa Priego do 11 ao 13 de xuño de 2013.

 

Calendario

 

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICA APLICADA



O Departamento de Matemática Aplicada está constituído por 28 profesores (24 deles doutores), que se reparten en dúas Áreas de coñecemento: a Área de Matemática Aplicada, con 25 profesores, e a Área de Astronomía e Astrofísica, con 3 profesores.

•  Área de Matemática Aplicada

A Área de Matemática Aplicada imparte docencia nas titulacións de Matemáticas, Bioloxía, Química, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Óptica e Optometría; nas Enxeñarías Química, Agrónoma e de Montes e nas Enxeñarías Técnicas de Informática de Sistemas, Agrícola, Forestal, Industrial, Obras Públicas e Topografía. En todas elas, a ensinanza das Matemáticas busca a integración co resto das materias da titulación mediante a realización de exercicios e aplicacións especialmente adaptadas ao currículum dos estudantes; a maioría delas contan cun curso virtual de apoio á docencia. Particularmente importante é o compromiso da Área coa titulación de Matemáticas na que soporta a especialidade de Matemática Aplicada.

Esta Área participa nun programa de posgrao interuniversitario de Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas coa participación de grupos de Matemática Aplicada das Universidades de A Coruña e Vigo; este programa conta coa mención de calidade do Ministerio de Educación e Ciencia desde a súa posta en marcha e actualmente inclúe un Máster Oficial en Enxeñaría Matemática e un doutoramento. O obxectivo é formar a licenciados, enxeñeiros ou arquitectos tanto no manexo de ferramentas de simulación numérica e a súa aplicación á resolución de procesos industriais e empresariais, como para realizar unha tese de doutoramento, sexa cunha vertente de Computación ou de Análise Numérica.

A Área de Matemática Aplicada participa tamén no Programa Oficial de Posgrao en Enerxías Renovables e Sostibilidade Enerxética impartindo cursos de Simulación Numérica en Enerxía Solar, en Caldeiras de Combustión e en Aeroxeradores.

Dentro desta área conviven tres grupos de investigación especializados na resolución numérica de ecuacións en derivadas parciais, con especial énfase na modelización, a análise matemática e a resolución numérica de fenómenos procedentes da Enxeñaría e as Ciencias Aplicadas. En particular a Área desenvolveu contratos e proxectos de investigación en ámbitos tan diversos como Metalurxia, Mecánica de Sólidos, Enerxía, Medioambiente, Acústica, Novos Materiais, Mecánica de Fluidos, Automoción, Finanzas e Biosanitaria.

•  Área de Astronomía e Astrofísica  

Os estudos e máis as investigacións sobre Astronomía teñen unha grande tradición na Universidade de Santiago de Compostela, estando ambos vencellados á existencia do Observatorio Astronómico http://www.usc.es/astro .

A Sección de Astronomía Teórica e Matemática "Durán Loriga" creada dentro do Observatorio en 1945 á que pertenceron entre outros os profesores Vidal Abascal e Gacía-Rodeja deulle un importante pulo ás investigacións matemáticas na nosa universidade, o tempo que pode considerarse o xerme a partir do cal xurdiría anos máis tarde a Sección de Matemáticas dentro da Facultade de Ciencias, na actualidade, Facultade de Matemáticas.

A cátedra de Astronomía, que ocupara o fundador do Observatorio o Dr. don Ramón María Aller Ulloa, foi de feito a primeira con que contou dita Sección de Matemáticas.

Despois dun tempo no que a USC non contou con doutores nestas materias, desde 1981 pode dicirse que a situación comezou a normalizarse tanto no que se refire á docencia na Facultade de Matemáticas como ás actividades do Observatorio Astronómico.  

Na actualidade impártese docencia na Licenciatura de Matemáticas (campus de Santiago de Compostela) e na Diplomatura de Enxeñería Topográfica (campus de Lugo). 

Asimesmo impártese docencia no IV Ciclo Universitario nas materias de Iniciación á Astronomía e Astronomía, das que é coordinador o profesor Docobo.   Desde hai 9 anos organízase tamén o Programa de Extensión Cultural de Astronomía http://www.usc.es/pecas dirixido a tódala comunidade universitaria e no que participan cada ano 400 alumnos, convalidándose 1 crédito de libre configuración.

O persoal da Área, xunto con outros investigadores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller configura o equipo investigador OARMA que figura no catálogo de grupos de investigación da USC co código.GI-1565.  

Subir

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00