Situado na Facultade de Química e cun horario de 11,00 a 13,00 e de 17,00 a 19,00 . as súas actividades van encamiñadas á exposición dos seus fondos, tanto para alumnos de ESO, Bacarelato e Universidade, como para o público en xeral.
Os fondos do Museo están constituídos principalmente por material xeolóxico, botánico e zoolóxico. Existen ademais varias coleccións de modelos, destacando a colección de cristalografía de Haüy. Os fondos expóñense en tres salas, adicándose dúas á zooloxía e una á mineraloxía e botánica. Nas salas zoolóxicas exponse material exótico, europeo e de Galicia, principalmente vertebrados. Existe una boa representación da fauna galega, dende invertebrados non artrópodos, insectos e vertebrados, destacando o material de López Seoane polo seu valor istórico, e o de aves e mamíferos polas boas naturalizacións de Vez Quijano. O material exótico, procedente na meirande parte de doacións americanas, é moi estimable, tendo en conta a dificultade de consegui-los ditos especímenes. Na sala de Mineraloxía e Botánica destaca a colección de minerais de Viqueira, composta por exemplares de todo o mundo, a colección de minerais e rocas de Galicia e os modelos cristalográficos de Haüy.
A Estación de Bioloxía Mariña da Graña é una institución científica que forma parte da Universidade de Santiago de Compostela e que se crea coa fin de propiciar, fomentar e facilitar a investigación e a docencia en bioloxía mariña, e o asesoramento e difusión en temas relacionadas coa fauna e flora mariña de Galicia. A Estación de Bioloxía Mariña da Graña está ubicada na Vila da Graña na Ría de Ferrol e consta de dous edificios: a Casa do Hórreo e a Casa da Estrela ubicadas a escasos 50 m da beiramar. A Casa do Hórreo, cuna superficie de 400 metros cadrados, está destinada á investigación coa fin de facilitar aos investigadores instalacións e medios para o desenvolvemento de traballos científicos e proxectos de investigación, e estimular e favorecer estudios e investigacións sobre a fauna e flora de Galicia. Posúe un tanque de auga de mar de 15 metros cadrados, una sala de mergullo, un laboratorio úmido, dous laboratorios de Investigación, una pequena biblioteca, unha sala de ordenadores e dependencias administrativas. A Casa da Estrela, cunha superficie de 500 metros cadrados , está destinada a fins docentes e máis a residencia, coa finalidade de facilitar a realización de actividades docentes e formadoras para os alumnos e o establecemento de relacións de intercambio científico con outras Universidades e institucións científicas de España e doutros países. Posúe una aula-seminario, un laboratorio docente para 24 alumnos e outras dependencias máis pequenas; e una residencia con dous cuartos para catro profesores, seis cuartos para 24 alumnos, una sala e unha pequena